Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

31/7/10

Comunicado de prensa: Centro Comercial de Deiro III

O PP de Vilagarcía volve a posicionarse contra o comercio local
As forzas políticas da dereita vilagarciá, PP e IVIL, respaldan as actuacións de Gonzalo Durán, de dubidosa sostenibilidade urbanística e mantéñense frentistas ante as demandas dos comerciantes

Vilagarcía de Arousa, 31 de xullo de 2010.- O Partido Socialista de Vilagarcía quere manifestar o seu acordo total coa decisión do Concello de Vilagarcía de presentar alegacións contra o proxecto de construción dun macrocentro comercial na parroquia vilanovesa de San Miguel de Deiro. A nosa formación, tal e como se posicionou dende o primeiro momento en que se deu a coñecer a intención do goberno municipal do PP en Vilanova, considera que esta gran superficie comercial presenta dous grandes problemas: as dúbidas sobre o proceso de recalificación dos terreos de rústicos a urbanizables, e o dano enorme e directo que fará ao comercio local de toda a comarca.

Neste sentido, consideramos que resulta destacable o posicionamento, segundo as súas posturas no citado pleno, do PP, por medio do seu portavoz, Tomás Fole e de José Rivera Rivera Mallo, representante de IVIL, que seguen a respaldar os intereses das grandes empresas en prexuizo dos pequenos comerciantes locais. Parece necesario recordarlles a ambas forzas políticas o que representa o seu posicionamento:

- Refrendar e apoiar a actuación urbanística do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, que non asume que as súas competencias non son ilimitadas e non pode facer o que lle veña en gana. A recalificación urbanística dos terreos que se destinarán á construción deste centro comercial está baixo toda dúbida, sen existir un claro argumento que ampare tal cambio de calificación e sen ter en conta o prexuizo que suporá a construción desta macroárea comercial lonxe dos núcleos urbanos onde se desenvolve a actividade comercial, empresarial e social das vilas.
- Atentar contra a armonía urbanística e contra o medio ambiente, ao apoiar unha actuación que levantará un impactante edificio comercial nuns terreos previamente considerados de interese forestal.
- Dar a espalda aos comerciantes de toda a comarca, que moi claramente se posicionaron contra este proxecto e que se veron representados no pleno polo presidente do Consorcio do Comercio do Salnés, entidade que está a defender lexítima e dignamente os seus intereses.

Cabe recordar a este respecto que en Vilagarcía xa pasamos por un debate similar, ante a proposta de construción dun centro comercial na parroquia de Ande, (Rubiáns), que tería as mesmas nefastas consecuencias para o comercio local como terá agora o centro de Deiro. Naquela ocasión, o PP xa mostrou a súa inflexible postura de dar a espalda aos pequenos comerciantes e aliñarse cos grandes espazos.

Por todas estas razóns, e ademais de manter e ratificar a postura clara que defendemos os socialistas, esperamos unha explicación dos portavoces de IVIL e do PP de Vilagarcía, que argumenten por que apoian unha proposta de dubidosa validez urbanística, deslocalizada da vida económica local, que atenta contra o medio ambiente e que prexudica directamente ao pequeno comercio de Vilagarcía e de toda a comarca.

24/7/10

Día de Galicia

O vindeiro domingo, dia 25 de xullo, o PSdeG celebrará o seu tradicional festexo do Día de Galicia. Como é habitual, o acto terá lugar na localidad de Rianxo, no Paseo da Ribeira as 13h. Contará coa presenza do alcalde rianxeiro Pedro Piñeiro, e do secretario xeral de Galicia, Manuel "Pachi" Vázquez.

En nome de todos os socialistas galegos, o Secretario Xeral e o alcalde de Rianxo farán unha ofrenda floral ao busto que lembra no paseo barbanzano a Afonso Daniel Rodríguez Castelao, nado nesa mesma localidade hai xa 124 anos.

Todos os socialistas estamos convidadados a celebrar o Día de Galicia neste acto do PSdeG.