Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

27/10/11

CHARLA DEBATE ABERTA O PUBLICO

“AS POLÍTICAS DE BENESTAR SOCIAL: A EDUCACIÓN”

CO DEPUTADO, PORTAVOZ DE EDUCACIÓN
NO PARLAMENTO DE GALICIA E CANDIDATO AO CONGRESO
GUILLERMO MEIJÓN COUSELO

VENRES 28 DE OUTUBRO ÁS 20H

SEDE DO PsdeG-PSOE
(Rúa Castelao, 18-Entrechán, Vilagarcía de Arousa)

Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía do PSdeG-PSOE

17/10/11

O Partido Socialista proporá enmendas á proposta de estatutos da FPSDM para evitar que os clubes poidan quedar sen representación


O boceto de estatutos reduce drásticamente a presenza de asociacións de veciños, ANPAs e colectivos de profesores en órganos que tamén ven reducidas as súas competencias.

Vilagarcía de Arousa, 17 de outubro de 2011.- O Partido Socialista, despois de estudar o borrador de estatutos da FPSDM proposto polo concelleiro de deportes Luis Garrigós, presentará diversas alegacións para tentar de correxir algúns puntos que considera que non son apropiados, ademáis de solicitar unha xuntanza co actual concelleiro de Deportes para plantexar reformular algunhas ideas que conxuguen unha perspectiva máis aberta do deporte municipal.

Os socialistas consideran que os estatutos actuais son un bo marco de referencia, cos que a concellería tivo etapas en que foi o departamento mellor valorado do Goberno Municipal. Sen embargo, queren recoñecer a lexitimidade de Garrigós para facer a súa proposta que, aínda así, debería axustarse as liñas xerais propostas en campaña electoral, principalmente ao feito de dar maior capacidade de opinión aos clubes. Este punto é precisamente onde a nova proposta mostra un grande oco, xa que o borrador inclúe aos clubes deportivos nun órgano de nova creación, o Consello Consultivo, sen ningunha competencia real de decisión e coa soa misión executiva de nomear 3 membros a un Consello Reitor de 14 integrantes. Os clubes compartirían consello consultivo ao mesmo nivel con ANPAs, colectivo de profesores de educación física e asociación de veciños, polo que sería posible que ningún representante de clubes fora elixido para formar parte dos órganos con capacidade decisora, o cal supón un sinsentido descomunal. De maneira xeral os socialistas consideran que eses colectivos sinalados teñen, tamén, que ter asegurada unha presencia, por mínima que sexa, no consello da Fundación. En conxunto, a proposta pretende constituir un consello con case un 80% de membros de designación directa dos partidos políticos (11 de 14; retirando ademáis representantes de designación no Pleno e aumentando os que decidirá o Alcalde de modo directo), mentres que a composición actual da xunta reitora é de pouco máis do 50% (11 de 21).

Cabe lembrar que a composición actual dos distintos órganos contempla a presencia mínima dun representante de cada un dos colectivos antes sinalados, ademáis de cuotas para os clubes, incluso tendo en conta unha diferenciación entre deportes minoritarios e maioritarios, para aumentar a representatividade. Non consideran dende o PSdeG que exista motivación para desprenderse de estas voces, sendo o caso dos clubes moi chamativo.

Noutro orde de cousas, os representantes socialistas estiman inapropiado a distribución de funcións e decisións proposta, xa que segundo os novos borradores o consello reitor (que ven inicialmente a substituir ao anterior consello de xerencia) pasa de xuntarse cada dúas semanas a facelo cada 3 meses, o que resta de maneira colosal a súa capacidade organizativa e de influencia. Este cambio ven na liña de resta de competencias para os distintos órganos, que se culminan coa apropiación para o propio concelleiro de deportes de potestades exclusivas e sen xustificación ante estes órganos como decidir obras dun 10% do orzamento que poden chegar ata 6 millóns€. Cos estatutos actuais, as competencias exclusivas da presidencia son case nulas, tendo en conta que todas as súas decisións teñen que pasar polo consello de xerencia.

De modo xeral, os socialistas tamén queren apuntar que o borrador non fai mención en ningún senso á importancia do deporte recreativo, non federado. Tamén suporá motivo de propostas por parte do PSdeG.

16/10/11

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA ÁS ELECCIÓNS XERAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Día: Martes, 18 de outubro de 2011 
Hora: 12:00h
Lugar: VILAGARCÍA, Sede do partido en rúa Castelao, 18, entrechán;
Interveñen:
Modesto Pose
Secretario Xeral da provincia de Pontevedra
 
Manel Vázquez
Candidato nº3 ao Congreso
 
Carmela Silva
Candidata nº1 ao Congreso
 
 
Saúdos



15/10/11

FEXDEGA

O Partido Socialista reclama ao Presidente en fucións, Carlos Oubiña, a xuntanza do Padroado da Fundación Fexdega

É preciso que os patróns saiban como se vai desenvolver a inmediata actividade que suporá a Feria Multisectorial, e baixo qué condicións
Os socialistas queren coñecer baixo que fórmula se contratou á enpresa organizadora da Feira

Vilagarcía de Arousa, 14 de outubro de 2011.- Despois do proceso de desmantelación de Fexdega comandado polo Concello de Vilagarcía e a Xunta de Galicia, e coa inmediata celebración da Feria Multisectorial en perspectiva, toda información relacionada co recinto de A Maroma senella ter sido paralizada.

O Partido Socialista de Vilagarcía plantexa a necesidade urxente de convocatoria dun Padroado para coñecer a realidade da situación e vindeira actividade da Fundación, a tenor de diversas cuestións que se teñen que aclarar.

En primeiro lugar os socialistas denandan saber como está plantexada a organización do Feria Multisectorial, prevista para o vindeiro mes de novenbro. Esta feria, a de maior rentabilidade para, terá que organizarse e celebrarse sen os traballadores do recinto que foron despedidos fulminantenente polo proceso no que a Xunta e o Concello plantexaron para a Fundación. A este respecto parece necesario aclarar como de desenvolverá a multisectorial.




Adenáis do sinalado, as recentes informacións apuntan á celebración dunha feira do moble portugués nas mesmas datas ca Feira Multisectorial, polo que os socialistas queren coñecer se se van celebrar conxuntamente e en que condicións.

Tamén consideran os socialistas que dados os cambios que se están a producir na Fundación Fexdega, é necesario aclarar o papel de cada un dos patronos e as súas labores actuais, para esclarecer as actuacións que se están a levar a cabo recentenente.

Por último parece de interese plantexar que, dada a elevada actividade que nestas vindeiras datas se producirá, o despido fulminante dos traballadores foi unha decisión que podería ter sido reconsiderada no seu momento, cuestión que os socialistas plantexaron pero que tanto a Xunta como as directrices de Tomás Fole como Alcalde non tomaron en conta.

9/10/11

José Manuel Vázquez, Alcalde de A Illa de Arousa, será definitivamente o número 3 da lista do PSOE ao Congreso dos deputados



A portavoz dos socialistas en Meis, Marta Giráldez, e o militante de Vilagarcía Fernando Quintela complementan a lista como suplentes
O Comité Federal do PSOE ven de aprobar esta mañá as candidaturas ao Congreso e Senado para as vindeiras eleccións xerais

Vilagarcía de Arousa, 8 de outubro de 2011.- O Partido Socialista de Arousa terá en José Manuel Vázquez Vázquez, Alcalde de A Illa de Arousa, ó seu principal representante nas listas do PSOE para o Congreso das vindeiras eleccións xerais, tal e como aprobou en Madrid o Comité Federal do partido hoxe pola mañá.

Despois do traballo de oito anos do cambadés Domingo Tabuyo os militantes arousáns apostaron por abrir unha nova etapa, depositando a confianza en Manuel Vázquez. Vázquez, economista de formación é o primeiro, e polo de agora único, Alcalde elixido de A Illa de Arousa, chegando á alcaldía en maio de 1999 trala segregación de 1997. A pesares de que moitas voces apuntaron a inviabilidade do novo Concello no seu día, Vázquez consolidou un proxecto que fai hoxe da Illa un Concello consolidado, modernizado, saneado economicamente e que resulta exenplo en xestión e convivencia.

Ao longo destes anos, os diferentes gobernos municipais de A Illa de Arousa, comandados todos por Manuel Vázquez, conseguiron dotar ao municipio de infraestruturas básicas como o novo Concello, o instituto, o auditorio, o vial de acceso ao porto do Xufre ou novo centro de saúde en fase de construción.  A Illa de Arousa é un Concello recoñecido a nivel europeo pola súa xestión medioambiental, destacando a posta en valor do parque natural do Carreirón, a consecución de dúas bandeiras azuis, a implantación de rutas de senderismo e a aposta pola reciclaxe e o compostaxe doméstica que valeulle ao Concello varios recoñecenentos e distincións.



Como complenento á representación de Manuel Vázquez, os socialistas arousáns estarán tamén representados nas candidaturas pola portavoz do partido en Meis, Marta Giráldez e polo militante de Vilagarcía Fernando Quintela. Preténdese así recoñecer a labor de Giráldez, avogada, que reactivou ao partido en Meis estes últimos anos acadando significativas subidas de votos, e dar continuidade a Quintela que xa concurríu na candidatura das eleccións municipais eN Vilagarcía, sen resultar elexido, e que está sendo un dos responsables socialistas na área sanitaria dada a súa condición profesional de enfermeiro.

Todos eles formarán unha candidatura encabeza pola viguesa Carmela Silva, que renatou a lexislatura como portavoz do Senado, e polo pontevedrés Guillermo Meijón, actual deputado no Parlamento de Galicia e secretario de educación do PSdeG-PSOE. 

4/10/11

O Goberno Municipal anuncia a creación dun servicio de mediación de empleo que xa leva funcionando dende tempo atrás.


Pola contra, segue sen producirse a xuntanza de axentes económicos e sociais que o PP prometeu como a súa primeira medida a tomar.

Vilagarcía de Arousa, 2 de outubro de 2011.- O Concello de Vilagarcía ven de anunciar nos pasados días a suposta creación dun novo departamento de formación e empleo no Centro de Matosinhos, a través da contratación de mediadores laborais por parte do Concello de Vilagarcía.

Dende o Partido Socialista consideramos positiva esta medida, apropiada sen dúbida ningunha aos difíciles tempos que corren en termos laborais, precisamente. Tal é así a nosa consideración, que este servicio xa viña funcionando dende hai meses, incluso dende antes do cambio de Goberno Municipal en Vilagarcía. De maneira explícita, cabe sinalar que os mediadores laborais contratados o son a cargo do coñecido programa de cooperación da Xunta de Galicia, e que despois da solicitude por parte do anterior equipo de Goberno Municipal a subvención para a contratación de profesionais para este servicio foi concedida nos primeiros días do mes de maio, antes incluso das eleccións municipais.

É de interese apuntar tamén que esta proposta xa foi plantexada en campaña electoral polo Partido Popular, e que o próprio exconcelleiro socialista de emprego Álvaro Carou tivo que encargarse de lembrar ao candidato popular á Alcaldía Tomás Fole que o servicio xa estaba en marcha.

Sen pretender minusvalorar o feito de que a concellería, que agora dirixe Elena Suárez, continúe co programa que se iniciou polos anteriores concelleiros de emprego José Membrives e Álvaro Carou, resulta certamente inapropiado, a ollos do Partido Socialista, que nun tema de tanta importancia se mostre unha sensación de tal despreocupación e descoñecemento como para non saber que o servicio xa estaba en funcionamento, e especialmente cando se trata dun área de goberno do que a súa concelleira é unha liberada do Goberno Municipal.

Sen embargo, e a pesares deste intento de promocionar algunha actividade do área de emprego, os socialistas consideramos que existe todavía unha importante cuestión que afrontar, que é a promesa electoral do PP de reunir, nos primeiros cen días de mandato, aos axentes económicos e sociais de Vilagarcía para establecer decisións e liñas de actuacións conxuntas. Aínda estamos á espera dalgunha xuntanza cos representantes do sindicatos de Vilagarcía. Ésta, que foi nominada como “a primeira medida que se tomará”, está todavía por realizarse.

O Partido Socialista solitica ao Goberno Local, por tanto, que actúe con algo máis de coñecemento e rigor, e que se centre máis en desenvolver actuacións efectivas, para as que terá sempre o apoio do Partido Socialista, que nas súas xa habituais escenificacións efectistas de propaganda.