Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

24/2/15

Alberto Varela considera “lamentable” o espectáculo no que o goberno municipal converteu os plenos do Concello

O candidato socialista non comprende decisións como a de onte de rexeitar o debate sobre unha moción sobre a atención aos enfermos de hepatite C

Varela pregúntase cal é o motivo da urxente renovación do convenio coa empresa concesionaria da limpeza

Vilagarcía de Arousa, 24 de febreiro de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, asistiu onte ao Pleno Municipal como leva facendo dende hai tempo e valorou as situacións que se producen neste debate, considerando que a actitude do goberno local é “lamentable”. Varela afirmou que “non pode ser que un Alcalde promova confrontacións, teña actitudes retadoras e pretenda solventar as situacións a base de imposicións ou decisións salomónicas. Na política necesitamos máis tranquilidade e menos agresividade”.

O alcaldable do PSdeG puxo como exemplo da situación “esperpéntica” o debate sobre a moción acerca do tratamento médico aos enfermos de hepatite C. Houbo dous grupos municipais que solicitaron debatir mocións sobre o tema, PSdeG e BNG, que o alcalde rexeitou, e houbo unha petición de urxencia, coa presencia no pleno dos representantes dos afectados. Con esta situación, Varela afirma sentirse “indignado” cando escoita “media hora de discurso autoxustificativo para motivar que non se debata un tema deste calado que afecta a veciños e veciñas de Vilagarcía, que estaban aí presentes, que teñen un problema grave cuxa solución ten que vir das decisións políticas”. “En menos tempo que o Alcalde adica a repetir tres ou catro veces as cousas para terminar por non dicir nada, o Pleno de Vilagarcía podía ter aprobado una declaración de apoio, que era case o único que os afectados solicitaban”, explicou Alberto Varela.

Varela tamén quixo valorar a decisión do goberno municipal de prorrogar a concesión á empresa encargada do servizo de limpeza de Vilagarcía, e afirmou que “ao igual que expuxo estes días a nosa voceira municipal, eu tamén me pregunto por que o Alcalde acelerou este proceso cando o contrato remataba en xullo. A lóxica indica que sería unha nova corporación a que tivera que debater esto, e un novo goberno municipal o que teña que deseñar a prórroga ou nova concesión. Fole ven de hipotecar as decisións sobre a limpeza de Vilagarcía por 3 anos”. Ademáis das dúbidas sobre as motivacións para unha decisión de tanto calado, os socialistas amosaron a súa preocupación polo que pode supor para os traballadores, apuntando que “esperamos que esta prórroga non supoña precarización da situación laboral dos traballadores, ou condicións leoninas que teñan como fin último traballar explotadamente os tres meses que quedan para as eleccións para que Fole poida utilizar o seu esforzo de maneira electoralista”.

23/2/15

AXENDA SEMANAL - ALBERTO VARELA

Axenda semanal de Alberto Varela do 23 febreiro ao 1 de marzo

Luns 23 de Febreiro de 2015
17:00 - 20:00
Pleno Municipal 
Lugar: Salón de Plenos do Concello

20:00 – 22:00
Grupo de Traballo Área de Deporte
Lugar: Sede PSdeG – Vilagarcía


Martes 24 de Febreiro de 2015
19:45 - 20:45
Reunión coa AA.VV. de Fontecarmoa
Lugar: Centro sociocultural de Fontecarmoa


Mércores 25 de Febreiro de 2015
19:00 - 21:00
Reunión da candidatura ás eleccións municipais
Lugar: Sede PSdeG – Vilagarcía


Venres 27 de Febreiro de 2015
18:00 - 20:00
Grupo de Traballo Economía e Emprego
Lugar: Sede PSdeG – Vilagarcía


Sábado  28 de Febreiro de 2015
11:00 - 13:00
Grupo de Traballo Área de Cultura
Lugar: Sede PSdeG – Vilagarcía

CANDIDATURA ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015

1. ALBERTO VARELA PAZ
39 anos.
Licenciado en Dereito. Experto en Dereito Urbanístico.

2. TANIA GARCIA SANMARTÍN
40 anos
Voceira Municipal. Sª de Organización Provincial.
Traballadora Social.

3. MIRO SERÉN MERA
54 anos
Mestre. Director do Colexio O Piñeiriño
Concelleiro

4. PAOLA MARÍA MOCHALES
34 anos
Arquitecta. Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación.

5. LINO MOURIÑO SANTIAGO
38 anos
Licenciado Ciencias Políticas e da Administración
Concelleiro.

6. SONIA OUTÓN CASAL
34 anos.
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración
Experiencia laboral no ámbito sindical

7. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN
66 anos
Economista.
Candidato á Alcaldía (1987) e concelleiro (1987-1995)

8. LUZ ABALO PÉREZ
57 anos
Licenciada en Empresariales. Auditora e empresaria.

9. ÁLVARO CAROU GARCÍA
35 anos
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. Máster en Recursos Humáns.
Concelleiro (2011)

10. MARÍA ARAÚJO REY
38 anos.
Traballadora Social
Concelleira (2003-2007)

11. GABRIEL GONZÁLEZ DÍAZ
22 anos.
Estudiante de Historia.
Membro de Xuventudes Socialistas.

12. REYES CASABELLA MOUTA
43 anos
Economista. Empresaria en consultoría.

13. DIEGO GARCÍA SANTIAGO
41 anos
Enxenierio Agrícola. Especialista en viticultura.

14. MATILDE LAYA LORENZO
47 anos
Traballadora UGT. Técnico en formación.

15. CARMELO GUERRA SÁNCHEZ
38 anos
Traballador portuario en desemprego

16. HELENA PÉREZ QUINTÁNS
25 anos.
Grado en Publicidad e Relacións Públicas.
Xuventudes Socialistas

17. FRANCISCO CUSTODIA BUCETA
41 anos.
Mariscador

18. YOLANDA CARRERA LORENZO
55 anos
Matrona. Expresidenta de Cruz Vermella

19. JAVIER MARTÍNEZ FENTE
54 anos
Enfermeiro.
Executiva Galega de UGT

20. MARI LUZ PÉREZ ARIAS
71 anos
Mestra xubilada

21. SESO GIRÁLDEZ
81 anos
Co-fundador da agrupación (1977). Exdeputado autonómico.
Candidato á Alcaldía (1983)

S1. MANUEL BARREIRO FERNÁNDEZ
67 anos
Xubilado

S2. SARA BARROS LAYA
18 anos.
Estudante de Traballo Social
Xuventudes Socialistas

S3. VICENTE LAGO CASTAÑO
63 anos.
Xubilado.

9/2/15

AXENDA SEMANAL - ALBERTO VARELA

Martes  10 de Febreiro de 2015
20:30 - 21:30
Reunión coa Asociación Contra Vento e Marea - A Laxe
Lugar: Centro sociocultural de A Laxe

Mércores 11 de Febreiro de 2015
20:00 - 21:00
Reunión coa AA.VV. de A Golpelleira – A Torre
Lugar: Centro sociocultural da Torre

Xoves 12 de Febreiro de 2015
19.00 - 21.00
Grupo de traballo Área de Benestar
Lugar: Sede PSdeG – Vilagarcía

6/2/15

Alberto Varela inicia as xuntanzas cos sectores produtivos de Vilagarcía, comezando polos hostaleiros e os comerciantes



No día de onte, Varela e Tania García acudiron á sede de Zona Aberta e a semana pasada o candidato socialista mantivo unha xuntanza co colectivo Ahituhi

Varela destacou que "a importancia fundamental na actividade económica destes sectores fai imprescindible traballar en conxunto, escoitar e dialogar constantemente"

Vilagarcía de Arousa, 6 de febreiro de 2015.- O candidato socialista de Vilagarcía comezou nas últimas semanas a visita aos principais sectores produtivos da cidade, iniciando esta acción con xuntanzas cos hostaleiros e os comerciantes. No día de onte, Varela e Tania García acudiron á sede de Zona Aberta e na semana pasada mantivo unha xuntanza coa dirección de Ahituvi. Varela apuntou que "a hostalería e comercio supoñen en torno ao 69% da actividade económica de Vilagarcía, polo que son dous colectivos que merecen unha atención prioritaria no proxecto da Vilagarcía que todos queremos para os vindeiros anos".

O candidato socialista compartíu a súa visión de Vilagarcía con estes colectivos, baseada na idea das potencialidades da vila debido a súa estratéxica posición nas comunicacións con Galicia e a meseta, e como punto de referencia da ría. Varela considera que "é posible extraer unha enorme produtividade da nosa situación, mais é necesario esforzarse e traballar para elo, e agora ninguén con responsabilidade de goberno nas administracións o está a facer".

Varela recabou as ideas dos colectivos, e incidíu en que "por riba de todo o que se poida aportar e poñer en marcha sectorialmente, o fundamental é a participación e o diálogo para as decisións de goberno. É imprescindible que os hostaleiros e comerciantes tomen parte daquelas iniciativas que os afectan, e a responsabilidade dun goberno local está en escoitar e plantexar obxectivos conxuntos".

Particularmente o candidato socialista puxo en valor as accións políticas desenvolvidas polo grupo socialista nesta lexislatura dende a oposición, destacando a oposición á creación de grandes áreas comerciais na periferia, como foi no intento do PP de impulsar un centro comercial nos terreos na antiga Megasa, ou a necesidade de promover dende a administración a realización de eventos e actividades que atraian xente a Vilagarcía durante todo o ano.

5/2/15

O Partido Socialista de Vilagarcía celebra este sábado 7 de febreiro unha xornada de portas abertas a cidadanía para escoitar as súas demandas

Os socialistas, xa metidos de cheo na elaboración do seu programa electoral para as municipais de maio, convocan aos veciños de Vilagarcía a participar na súa concreción

Vilagarcía de Arousa, 5 de febreiro de 2015.- O Partido Socialista de Vilagarcía celebrará o vindeiro sábado 7 de febreiro unha xornadas de portas abertas á cidadanía de 17:00 ata as 21:00 na súa sede da rúa Castelao, 18 para escoitar as ideas que teñen os veciños e que consideren que deberían ser incluídas no programa do PSOE de Vilagarcía para as vindeiras eleccións municipais.  O candidato á Alcaldía, Alberto Varela, participará tamén da xuntanza, pretendendo que participen o maior número de veciños e veciñas de Vilagarcía. Neste senso, Varela apuntou que “a cidadanía solicita participación, e con toda a razón pois os partidos políticos non podemos monopolizar a acción política, senón que temos que ser instrumentos de participación a través dos que transformar a sociedade. Os socialistas entendemos esta vontade e abrimos as nosas portas para todos os vilagarciáns, que ven como esta cidade está enquistada e adormecida. Queremos ser protagonistas do proceso de cambio de Vilagarcía e queremos selo coa maior participación posible”.

Dende o Partido Socialista convidan, ademais, a que quen non poida asistir a este encontro tamén pode facer chegar as súas propostas programáticas a través das redes sociais do PSOE Vilagarcía, tanto vía Twitter como Facebook e por suposto email (psdeg_psoevilagarcia@yahoo.es). Dende o PSdeG de Vilagarcía anuncian que non será a única xornada similar e que realizará outra similar a inicios do mes de marzo para pechar as propostas que se incluirán.


Sinalar tamén que hoxe xoves ás 21:00 o candidato Alberto Varela e a voceira municipal Tania García terán unha reunión con membros de Zona Aberta na súa sede para recoller ás demandas do colectivo de comerciantes de Vilagarcía tan maltratados polo actual Alcalde Tomás Fole.   

3/2/15

AXENDA SEMANAL - ALBERTO VARELA

AXENDA SEMANAL ALBERTO VARELA
Luns 2 de Febreiro de 2015
20:30 - 21:30
Reunión coa AA.VV. de Castragudín 
Lugar: Centro sociocultural de Castragudín
  
Martes 3 de Febreiro de 2015
 20:00 - 21:00
Reunión coa AA.VV. de Cornazo
Lugar: Centro sociocultural de Cornazo  
  
Mércores 4 de Febreiro de 2015
20:00 - 21:00
Reunión coa AA.VV. de O Xisto
Lugar: Centro sociocultural de O Sixto
  
Xoves 5 de Febreiro de 2015
21:00 - 23:00
Reunión con Zona Aberta
Lugar: Sede de Zona Aberta na Rúa Gumersindo Nartallo
  
Venres  6 de Febreiro de 2015
20:30 - 21:30
Reunión coa AA.VV. O Souto de Rubiáns e a Comunidade de Montes
Lugar: Centro sociocultural de Rubiáns