Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

25/12/14

Os socialistas manifestan o seu "asombro" polo "absurdo" recurso anunciado por Fole de convocar Pleno Municipal con carácter extraordinario e urxente para mañá

Alberto Varela afirmou que utilizar este método amosa "unha ausencia total de planificación" e apunta que "para gobernar é preciso ir por diante dos temas"

Tania García atribúe o formato á "indecencia" do actual Alcalde que "non ten o menor criterio do funcionamento democrático das institucións"

Vilagarcía de Arousa, 25 de decembro de 2014.- O anuncio por parte do Alcalde Tomás Fole de que convocará Pleno Municipal con carácter extraordinario e urxente durante a mañá de mañá venres 26, para celebrarse pola tarde, supón para os socialistas de Vilagarcía "unha proba evidente da ausencia de criterio e falta dos mínimos conceptos de funcionamento democrático das institucións", segundo apuntou a voceira municipal Tania García.

O candidato socialista Alberto Varela afirmou que non comprende esta situación, e razonou que os orzamentos municipais "son a ferramenta fundamental de funcionamento e xestión dun Concello, e deben ser aprobados todos os anos como sabe calquera persoa. É o tema sobre o que se debe, e se pode, ter a maior planificación incluidos os tempos de presentación ao Pleno". Dado esto, Varela entende que ter que utilizar a vía de urxencia para aprobar uns orzamentos "soamente pode ser debido a unha ausencia total de planificación" e comparou este goberno ao "estudante que quería salvar un exame estudando a noite anterior, a ver se tiña sorte e acertaba os temas". Varela plantexou que "para gobernar é preciso ir por diante dos temas" e que "un goberno serio debe ter unha mínima planificación que lle permita axustar os tempos ao que precisa, e non ao revés".

A voceira socialista, Tania García, que terá que defender a posición socialista no Pleno ante a aprobación dos orzamentos, foi dura con Tomás Fole ao lembrar que "este sistema o que permite é que o venres pola mañá nos faciliten unha documentación que teremos que ter estudiada, analizada, e sobre a que teremos que debater e tomar posición no mesmo venres pola tarde", e apuntou que "Fole perdeu todo o sentido e a súa única intención é arremeter contra os grupos da oposición". "Estamos ante un Alcalde que perdeu os papeles definitivamente, e que terxiversa e retorce os mecanismos de funcionamento democrático para tentar ocultar que é un incapaz", sentenciou García Sanmartín quen concluiu que "pola súa infausta xestión e o seu inexistente talante democrático, os veciños xa apuntan que Fole é o peor Alcalde da historia democrática desta cidade. E teñen razón".

23/12/14

Os socialistas asumen que o Pleno Municipal manterá a súa data e carácter ordinario orixinal

O candidato socialista Alberto Varela pídelle ao Alcalde que teña un pouco de criterio nos asuntos que afecten a todos

A voceira municipal Tania García informou hoxe que non teñen recibido ninguna convocatoria que informe da orde do día nin, obviamente, ningunha documentación do Pleno

Vilagarcía de Arousa, 23 de decembro de 2014.- Dende o PSdeG de Vilagarcía anunciaron hoxe que asumen que o vindeiro Pleno Municipal celebrarase o vindeiro luns día 29 e terá un carácter ordinario como estaba orixinalmente plantexado, ante a non existencia de ningunha convocatoria d pleno extraordinario. A voceira socialista, Tania García, informou hoxe de que non existe ningunha convocatoria nin información formal sobre as intencións orixinais que Tomás Fole anunciou públicamente a través dos medios de comunicación, de trasladar a convocatoria do Pleno Municipal para o venres 26 e darlle carácter extraordinario, vetando mocións dos grupos políticos e as intervencións dos veciños e veciñas. García Sanmartín apuntou que "como tantas veces, Fole lanza unha ocurrencia a través da prensa, presume dela e envalentónase defendéndoa, e logo se fai falta vai para atrás. Polo menos a ver si desta volta non lle bota a culpa aos periodistas como ven facendo últimamente".

Ao non existir ningunha convocatoria, non hai orde do día e, como apuntou a voceira socialista, "non hai documentación os asuntos a tratar". Esta situación invalida, segundo interpretan dende o PSdeG, que exista unha real intención de convocar o Pleno o vindeiro venres como era a idea inicial. Tania García valorou que "chegamos a esta situación porque Fole non soubo xestionar unha vez máis correctamente o debate de orzamentos, pretendendo  non negociar nin sentarse con ninguén a buscar acordos. Daqueles polvos chegan estos lodos, e agora comprobamos como ten unha ocurrencia cada día para ver como amaña esta situación".

Alberto Varela, candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, valorou como "unha ausencia total de criterio" o anuncio dunha modificación do Pleno que logo non se realiza. "O que non é de recibo é que a autoridade da alcaldía se utilice para negar información, agochar documentación e manexar ao antoxo os procedementos pervertindo o funcionamento natural dun Concello", apuntou Varela. O candidato socialista defendeu que "estas cousas, aínda que non supoñan aparentemente directa para os cidadáns, son de gran importancia, pois afectan ao feito de que se poidan debater correctamente os temas e a que os grupos políticos e os cidadáns individualmente ou en colectivo participen das decisións políticas do seu Concello". "Son estes detalles os que culminan a impresión cidadá de que non existe unha liña directora sobre a acción de goberno, e iso preocupa aos veciños que queren dirixentes con criterios algo máis firmes", concluíu Alberto Varela.

20/12/14

Alberto Varela reúnese co sindicato UGT e manifesta o seu compromiso de poñer o Concello ao servizo da activación económica que priorice os dereitos dos traballadores

O sindicato trasladou ao candidato socialista que a súa principal preocupación está coas familias que están en risco de exclusión

O candidato socialista valorou especialmente as recentes situacións que están a sufrir traballadores do Concello, atacados polo Alcalde Tomás Fole, e comprometeuse a retomar e normalizar as relacións



Vilagarcía de Arousa, 20 de decembro de 2014.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, continuou a súa rolda de contactos cos colectivos e axentes sociais da vila, e mantivo onte unha xuntanza cos representantes de UGT na comarca de Arousa acompañado da voceira municipal Tania García e o concelleiro Lino Mouriño. Varela quixo poñer énfase no feito de que "as miñas prioridades foron reunirme inicialmente cos traballadores de Lantero, e agora con máis representantes dos traballadores, porque considero que se a actividade económica e o emprego é un obxectivo prioritario para o presente e futuro, debemos por especial atención en que ningunha decisión, ningunha situación futura, debe tomarse sen defender os dereitos dos traballadores".

Varela compartiu cos representantes sindicais as valoracións sobre a situación laboral da comarca, na que todos apuntaron a necesidade de defender uns dereitos laborais "que a reforma laboral do PP está contribuindo decididamente a cercenar a pasos axigantados". Ambas partes compartiron a preocupación porque a situación económica pretenda establecer como definitivos escenarios laborais nos que os traballadores asumen condicións laborais máis duras e, aínda así, perden poder adquisitivo. Esto produce máis e maiores desigualdades, e así os membros de UGT pediron a Varela que, de ser Alcalde, manteña sempre o obxectivo de axudar a aquelas familias en situacións máis delicadas e en risco de exclusión social. Varela expuxo na xuntanza que a súa primeira medida como Alcalde será convocar a todos os axentes económicos e sociais para, con todos traballando en común na mesma mesa, compartir e tomar decisións conxuntas para promover a reinicio da actividade de Vilagarcía, toda que vez que agora está "estancada e sen proxecto de cidade dende o Concello".

De maneira especial, os representantes sindicais amosaron a súa preocupación pola situación que están a atravesar os traballadores no Concello de Vilagarcía, onde recentemente se están a producir algúns episodios que Varela calificou de "inaceptables", manifestando todos os presentes a necesidade de que as relacións volvan á normalidade cun novo equipo de goberno. Estas valoracións fixeron referencia á situación dos traballadores do área de comunicación, obrigados nos últimos tempos a traballar en condicións de risco laboral e que, tras manifestar as súas protestas, o Alcalde Tomás Fole puxo incluso no aire a súa permanencia laboral no Concello. Tamén, dentro desta situación de conflicto laboral con Concello, compartiron valoración sobre as declaracións de Fole nos pasados días nos que descargou sobre unha traballadora da fundación de deportes as súas críticas polo feito de ter esta feito un informe sobre a legalidade do procedemento de concesión de subvencións. Alberto Varela, quen foi ademáis representante sindical pola propia central UGT no Concello, afirmou que "nunca, a pesares das distintas situacións de convivencia entre traballadores e os distintos gobernos locais nas distintas lexislaturas, existiu unha agresión tan forte aos traballadores como agora, nos que o Alcalde chega a criticar de forma tan dura e inxusta a traballadores únicamente por facer o seu traballo. Pódese chegar a pensar que o goberno local quere traballadores sumisos e que estén dispostos a saltarse a legalidade no favor do Alcalde". 

Alberto Varela comprometeuse a que dentro do obxectivo claro e principal de xerar actividade económica e emprego para Vilagarcía, o que supón "a tarefa máis importante para o goberno entrante", esta se fará sempre en clara defensa dos dereitos laborais dos traballadores. Varela puxo como exemplo o caso de Lantero, onde o Concello ten accións posibles para tomar parte na situación e tratar de colaborar para tentar que se manteñan as condicións da plantilla, non entanto a acción do Alcalde foi "torpe, lenta e improductiva", valorou o candidato socialista.

Alberto Varela reafírmase na súa vontade de ampliar as oportunidades de participación cidadá nos asuntos municipais e considera “normal” que Fole e el teñan “ideas opostas”

O candidato socialista afrontou onte a súa primeira asamblea local do PSdeG como candidato, facendo unha encendida defensa dun “cambio radical na maneira de concebir e facer política en Vilagarcía”

 Varela apunta que facilitar a participación depende “da vontade e actitude política e non de enfarragosos tecnicismos usados como escudo”

Vilagarcía de Arousa, 19 de decembro de 2014.- Alberto Varela participou onte na súa primeira asemblea local do PSdeG como candidato á alcaldía. Os militantes reuníronse na noite de onte en sesión ordinaria para aprobar por unanimidade a xestión da actual Comisión Executiva Municipal, e para valorar as oportunidades que se abren nas vindeiras eleccións municipais, sobre as que predominou a sensación de que “o cambio é posible para os veciños e veciñas de Vilagarcía”, como indicou Varela na súa intervención. O candidato socialista falou ante os compañeiros para agradecer novamente a confianza depositada nel para este vindeiro proceso, e sinalou que “o exercicio democrático tan transparente” exercido a través das primarias celebradas no mes pasado dotou á agrupación de músculo e forza para afrontar os meses que quedan. Varela apuntou que o cambio de goberno en Vilagarcía “é un desexo de todos, e todos somos necesarios para elo”, engandindo que o obxectivo de que exista, a partir de maio, un goberno “da esquerda progresista” é “difícil, pero posible”.

Na súa intervención, Alberto Varela afondou na situación “de estancamento” que está Vilagarcía achacando a responsabilidade ao actual goberno “sen ideas nen proxectos”. Dentro da súa valoración expuxo aos presentes a súa vontade de levar adiante medidas e compromisos adicados a aumentar a participación cidadá, facendo fincapé na idea que deu a coñecer nos últimos días nos medios de comunicación de evitar as decisións de veto que está a exercer nesta lexislatura Tomás Fole, e garantindo que existirá a oportunidade de levar iniciativas a Pleno e que estas terán que ser debatidas se se presentan 500 firmas ou un tercio dos concelleiros do Pleno.

Ante as declaracións públicas do Alcalde valorando esta proposta como “echarse al monte”, Alberto Varela plantexou que “a participación na política é imprescindible para manter un sistema democrático, e facilitar ou non esta participación é unha cuestión de principios, de vontade e de actitude política. Eu estou pola labor de de ampliar todas as posibilidades, e esto non é unha idea nova senón unha situación que xa tería que que ser habitual. O Alcalde actual semella estar na posición contraria”. Varela considerou que, en realidade, é “normal” que el e Fole teñan puntos de vista “opostos” sobre a participación cidadá na política, e sinalou que “polo menos o Alcalde é coherente neste punto. Veta iniciativas dos grupos políticos, non convoca órganos de xestión como o Patronato de Fexdega e agora modifica un Pleno para que solo se poda falar do que diga el. Non muda a súa postura.”

O candidato do PSdeG plantexou que os socialistas falarán tamén nesta campaña de “orzamentos participativos” e puxo como exemplo a Deputación de Lugo, onde José Ramón Gómez Besteiro puxo en marcha este sistema para que moitas poboacións decidirán parte dos investimentos do ente provincial. 

17/12/14

Alberto Varela propón medidas para un funcionamento máis participativo das institucións municipais

O candidato socialista á Alcaldía promoverá os cambios posibles no regulamento de Plenos Municipais para reducir a arbitrariedade do Goberno Local e favorecer as iniciativas veciñais

A idea inspírase nas ILP, e pretende facer máis participativos e abertos os debates das cuestións municipais

Vilagarcía de Arousa, 17 de decembro de 2012.- Alberto Varela, candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, valorou como "empobrecedor" que "a estas alturas" exista debate sobre a existencia ou non de debate sobre mocións e iniciativas dos grupos políticos no Pleno Municipal, e a posibilidade de calquera persoa de intervir en rogos e preguntas. "O natural é que poidan existir posicións diferentes sobre as propostas e ideas que se debatan nun Pleno. O sorprendente é que en Vilagarcía a cuestión sexa que non se deixan debater", manifestou. Varela comparte plenamente as valoracións feitas no día de onte por Tania García, a voceira socialista no Concello, quen plantexou unha cuestión fundamental ao indicar que Fole pretende escapar dos debates porque intenta non expoñerse. "Non entra no meu concepto da política o feito de que os representantes da cidadanía argallen métodos para fuxir do debate. A miña idea vai no sentido contrario, e por iso plantexo propostas para afondar no dereito á participación", apuntou.

O candidato socialista manifestou a súa intención de introducir medidas e compromisos orientados a elevar a participación e diminuir as posibilidades do Goberno Local, e particularmente do Alcalde, de limitar e condicionar o debate. Inspirado nas Iniciativas Lexislativas Populares, Varela plantexa estudiar fórmulas para que as propostas de debate asinadas por un número representativo de veciños, que poden cifrarse en 500, ou un tercio dos concelleiros do Pleno, deban ser tratadas en debate plenario sen posibilidade de exercer o veto que existe agora por parte do Alcalde, quen arbitrariamente decide os temas que van ou non van a ser tratados, "guiándose por un interese persoal e partidista".

"Os socialistas temos un gusto especial polo debate e polo traballo a prol dos veciños, e o traballo do grupo municipal nesta lexistatura amósao sendo o grupo que máis mocións presentou e o que máis unanimidades conqueriu. Esto evidencia a vontade de esforzo por traballar e o acerto á hora de levar ao Pleno temas de verdadeiro interese para os veciños e veciñas", presumiu Alberto Varela, "e por iso queremos contribuir a unha política máis participativa e máis aberta. É o que a cidadanía está a demandar, e con boa parte de razón, e temos que estar en favor desas demandas e non agochándonos oscurantistamente parapetados en argumentacións difusas e inexplicables".

Na mesma liña, o alcaldable do PSdeG apuntou que "os órganos colexiados que regulan algunhas actividades públicas non poden funcionar a mercede do que queira ou non queira un alcalde. O que ocorre co Patronato de Fexdega é ridículo. Se existe un Patronato terá que ser para ter capacidade de debate e decisión, senón é unha pantomima, e non estamos para pantomimas". Así, Varela comprométese a abrir á participación dos axentes sociais e económicos a xestión pública, "pero de verdade, sen utilizalos como escudo como pasa en Fexdega ou coa Fundación de Deportes, que pasou de realizar 25 xuntanzas ordinarias no ano na lexislatura pasada a facer 3 ou 4 agora". 

16/12/14

Os socialistas consideran “bochornoso” o cambio do Pleno Municipal de decembro que elimina as mocións de debate, os rogos e as preguntas

O adianto de 3 días do Pleno é “unha excusa de mal pagador dun Alcalde en fuxida” apunta Tania García

Este anuncio súmase á convocatoria do Patronato de Fexdega máis dun ano despois da última xuntanza. “Ridículo”, valoran dende o PSdeG

Vilagarcía de Arousa, 16 de decembro de 2014.- Os socialistas de Vilagarcía asistiron hoxe a un “espectáculo bochornoso” por parte do Alcalde Tomás Fole, ao ser convocados para o Pleno Municipal de decembro pero, en troques de celebrarse o día 29 (último luns de cada mes) pasará a ser o día 26. Non deberá supor isto grandes alteracións, segundo opinan no PSdeG, non entando esta alteración de tres días supón para o Alcalde “a oportunidade para fuxir dos debates e das iniciativas que presentamos os demáis para debater polo interese dos veciños e veciñas de Vilagarcía”. O Pleno, segundo lles foi notificado, non contará con mocións ou iniciativas a debate nin co habitual punto de rogos e preguntas nas que pode intervir tamén non só os concelleiros senon calquera cidadán de Vilagarcía.

Esta modificación, “innecesaria pois o Pleno pode manter o carácter ordinario” é potestade do Alcalde quen unilateralmente decide transformar o Pleno nun extraordinario no que a orde do día a decide únicamente el. “Este procedemento é unha burla, e supón unha indecente maneira de agocharse dunha exposición pública que Fole sabe que é negativa para el”, indicou García Sanmartín. Os socialistas achacan este cambio de data "á nefasta xestión do Goberno Local, un goberno con  maioría absoluta, con tres persoas liberadas e un corpo de funcionarios traballando para eles, e que non foi quen de presentar os Orzamentos e as ordenanzas fiscais a tempo. Esta mala xestión, a demora permanente deste goberno  en todos os asuntos e a actitude despótica de Fole, levano a impedir a celebración ordinaria do pleno de decembro. Sinalou a voceira socialista. Ademáis para Tania García o fin último de fuxir do debate "é que p  Alcalde poida tapar as súas vergoñas e ocultar os méritos dos demáis, pois os socialistas seguemos a facer traballo por esta cidade, e sendo oposición e menos da metade de concelleiros que o goberno local somos o grupo que máis mocións presentou aos Plenos e o que máis unanimidades obtivo”. En todo caso García cree que “non hai estratexia que poida ocultar a incapacidade de Fole”.

Convocatoria do Patronato de Fexdega

No mesmo día de hoxe os socialistas foron sabedores da convocatoria do Patronato de Fexdega, máis dun ano e medio despois da súa última xuntanza, en xullo de 2013. Lembran dende o PSdeG que Tania García apuntou as, que non estaban aprobados o Orzamentos nin o Plan de actividades de 2014, cuestións que non mereceron importancia para Fole, presidente do Patronato, aínda que Fexdega fora a súa proposta estrela. Un ano despois, tras pasar un 2014 con actividades e funcionamento do recinto, pero no que non houbo nin unha soa xuntanza, vólvese convocar ao Patronato. Esto amosa, para os socialistas, que “un goberno que non convoca ao órgano que xestiona a súa proposta estrela define a esa proposta como fallida e ao goberno que a xestiona como incompetente”.

5/12/14

Alberto Varela mantén a súa primeira xuntanza como candidato co Comité de Empresa de Lantero

Os representantes dos traballadores agradecen o xesto e valoran a situación do conflito laboral co candidato socialista

Alberto Varela amósalles o seu total apoio e o compromiso de supeditar todo convenio urbanístico con empresas ao manteñemento do emprego

Vilagarcía de Arousa, 4 de decembro de 2014.- O recén elexido candidato á Alcaldía de Vilagarcía polo PSdeG, Alberto Varela, mantivo hoxe a súa primeira xuntanza oficial e a súa vontade foi que esta se celebrara cos traballadores de Lantero. Varela, quen acudíu acompañado da voceira municipal Tania García e o concelleiro Lino Mouriño, manifestou que, aínda que dende que o conflito se desatou ten visitado en varias ocasións aos traballadores no plante do Pousadoiro, e incluso asistido a varias das asembleas, quixo que a súa primeira convocatoria como candidato fora con eles "por solidaridade e por apoio", como el mesmo indicou. "Todo xesto de apoio é pouco cun colectivo que está defendendo exemplarmente os seus dereitos, que teñen posicións claras e firmes e que amosan un compromiso grupal emocionante", indicou Varela.

A xuntanza servíu para que os traballadores de Lantero actualizaran aos representantes socialistas do estado das negociacións e as previsións de futuro. Todos os asistentes coincidiron no desexo de que a situación se resolva canto antes, e na convición de que existen solucións que sexan válidas para todos.


Varela, pola súa parte, transmitíu aos traballadores todo o apoio dos socialistas nas accións que desenvolven, e valorou que "dende a administración municipal pódense tamén facer cousas, e ser parte importante nas negociacións. Teño claro que non é meu desexo ter que afrontar situacións coma estas sendo alcalde, pero se ocorreran tamén teño clara a miña posición. Unha administración ten que favorecer o desenvolvemento do tecido industrial, e será necesario sentarse con todas as partes e dialogar con todos, pero no caso de que me obriguen a elexir eu estarei sempre cos traballadores. E non terán que obrigarme ou forzarme para posicionarme a última hora pola presión social.". Asimesmo, o candidato socialista explicou que tanto para este, como para futuras situacións semellantes, "non haberá convenios urbanísticos posibles neste Concello se as empresas interesadas non suscriben compromisos de mantemento do emprego tanto en cantidade como en calidade". Alberto Varela aproveitou a ocasión para destacar o apoio cidadán que están tendo os traballadores de Lantero, e amosouse convencido de que vai seguir así nas vindeiras actividades como as previstas para o día 12 deste mes. "Lantero é parte de Vilagarcía, supón un elemento fundamental na nosa economía e os veciños o saben", apuntou, sinalando que "todos temos familiares, amigos ou coñecidos traballando alí, e todos sabemos que esa xente vive en Vilagarcía e tamén contribúe a activar a economía local. Por iso Lantero somos todos". 

24/11/14

Os socialistas afean a Fole o preocupante crecemento da súa actitude despectiva cara os demáis

A amenaza de represalias contra os traballadores que reclaman dereitos no Concello é “inaceptable”, segundo a voceira socialista

Tania García denuncia tamén que os medios de comunicación tiveron información dos orzamentos municipais antes que os grupos da oposición

Vilagarcía de Arousa, 24 de novembro de 2014.- A voceira socialista no Concello de Vilagarcía, Tania García, afeou hoxe a actitude do alcalde Tomás Fole, do que afirmou que “vai in crescendo a súa actitude despectiva cara os demáis, non sabemos onde está o límite”. García fixo referencia a dúas cuestións que saltaron aos medios neste fin de semana, como son os avisos de represalias contra traballadores do Concello por denunciar incumprimentos dos seus dereitos laborais, e a presentación pública dos orzamentos sen facilitalos á oposición.

Acerca da polémica xurdida cos traballadores do Concello, García Sanmartín lamentou que cando os traballadores reclamen os seus dereitos o alcalde ameace con despedilos. “Que idea ten Fole dos dereitos dos traballadores?” preguntouse Tania García. “Ameazar con despidos a traballadores porque reclamen o cumprimento da lexislación en materia de saúde laboral é unha actitude absolutamente inaceptable". García apunta que Fole o que ten que facer "é atender aos informe técnicos e tomar a decisión máis favorable para garantir a seguridade no traballo do persoal do concello. Para os socialistas esta actitude déspota co persoal do concello explica a súa total falta de apoio aos traballadores involucrados nos dous conflitos laborais máis importantes dos últimos tempos en Vilagarcía, Cuca e Lantero. "Fole actúa coma o típico empresario despiadado en canto os traballadores reclaman os seus dereitos, con ameazas e represalias", sinalou a voceira socialista.


A voceira socialista apuntou tamén outro tema que amosa unha “actitude despectiva” cara os demáis, como é a presentación dos orzamentos. “Despois de escoitalo durante moito tempo na oposición berrar sobre os tempos e formas de presentación dos orzamentos, resulta que estamos agora cun goberno en maioría absoluta que ten que aprazar o pleno porque non lle dá a capacidade para presentar os orzamentos a tempo, e termina por presentalos antes á prensa que aos grupos políticos que os teñen que estudiar e debater”. García apuntou que “estamos seguros de que a Fole, sendo oposición, non lle importaría esto porque non tería vontade de traballalos, pero os demáis si o facemos” e interpretou que presentalos ante os medios antes que entregalos á oposición amosa que para Fole é máis importante a foto que os orzamentos en si.

15/11/14

Os socialistas presentarán unha moción ao Pleno Municipal en defensa da calidade e dos servizos do Hospital do Salnés

Dende o PSdeG denuncian, unha vez máis, os recortes en personal e servicios que perxudican a calidade asistencia, poñendo como exemplo o peche parcial da terceira planta

A iniciativa xurde da xuntanza que a voceira municipal Tania García mantivo coa Xunta de Personal do Hospital a pasada semana

Vilagarcía de Arousa, 15 de novembro de 2014.- O grupo municipal socialista de Vilagarcía presentará ao vindeiro Pleno Municipal ordinario unha moción en defensa da calidade e dos servicios do Hospital do Salnés. Os socialistas mantiveron a pasada semana unha xuntanza coa Xunta de Persona do Hospital do Salnés, para evaluar as situacións que se van producindo debido á "política voraz de recortes do PP" e as demandas dos profesionais. Os socialistas alertan que "se alguén pensaba que o desmantelamento da sanidade foron apenas algunhas decisións, soamente é necesario consultar cos sanitarios ou ter que ser atendido por algúns dos servizos do Hospital para comprobar que o ánimo destrutor do PP sigue a pleno rendemento", indicou Tania García.

Os socialistas denuncian na moción que presentarán a Pleno o peche parcial da terceira planta, que segue sen funcionar na súa totalidade, o que provoca problemas asociados. Esta infrautilización coa intención de recortar gasto provoca que se den situacións que empeoran a calidade do servizo. Como exemplo os socialistas remarcan que os Hospital ten a calificación "Hospital amigo dos nenos" pola calidade do servizo de obstetricia, por cuestións coma que as parturientas dispuxeran dunha habitación individual, cuestión que agora non se dá porque as nais están a compartir habitación, habendo camas pechadas. No mesmo sentido, a sección de paliativos retirou a cama aos acompañantes dos enfermos que están neste servicio, o que supón "unha absoluta falta de humanidade" segundo sinala Tania García. Os constantes recortes en recursos materiais e a derivación de pacientes a centros privados, "o que sí supón un sobrecoste innecesario" son outros dos elementos obxecto da moción. "O recorte en calidade e servicios supón que teñamos que pagar cantidades elevadísimas a hospitais privados para facer un servizo que, por menos gastos, podían facer os profesionais sanitarios na pública", denuncia García Sanmartín, quen apuntou que esta política de recortes agravouse cando o centro de Rubiáns se integrou na xestión do CHOP de Pontevedra, "coa pretensión do PP de que o Salnés se convertise nun ambulatorio".


Os socialistas anuncian tamén que esta moción se replicará noutros Concellos do área sanitaria do Salnés, e que irá acompañada de iniciativas no Parlamento de Galicia.

5/11/14

O Partido Socialista mobilizarase en pleno en apoio dos traballadores de Lantero

Estarán presentes na mobilización a secretaria de organización do PSdeG, Pilar Cancela, e a deputada Patricia Vilán, así como representantes das agrupacións da comarca

Os socialistas chaman a manifestarse a toda a cidadanía en defensa dos dereitos dos traballadores, esenciais na actividade económica da vila

Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2014.- Os socialistas de Vilagarcía mobilizaranse en bloque en apoio aos traballadores de Lantero na manifestación convocada para mañá xoves 6, ás 20h con saída na casa do Mar de Vilagarcía. A voceira municipal socialista, Tania García, explicou hoxe que o partido, en continuo contacto cos traballadores, está a mobilizar aos seus afiliados e simpatizantes para defender a un colectivo que considerou "aldraxado nos seus dereitos, e que merece todo o apoio da cidadanía". García Sanmartín sinalou aos traballadores de Lantero como "un exemplo de esforzo colectivo en defensa dos dereitos de todos, pois a loita dos traballadores redunda no beneficio común". Apuntou a voceira socialista que "o impacto que Lantero ten en Vilagarcía é fundamental, e por iso todo o que a eles lles pase repercute en todos os demáis veciños e veciñas. E se Lantero está en Vilagarcía é porque os seus traballadores rinden, son efectivos e son produtivos, como demostran os datos reais que se coñecen da produtividade da planta do Pousadoiro".

Tania García aproveitou para anunciar que na manifestación estará presente Pilar Cancela, secretaria de organización do PSdeG e "número 2 do partido en Galicia", en representación de todos os socialistas de Galicia, e tamén Patricia Vilán, deputada no Parlamento de Galicia que presentou xa iniciativas en relación ás subvencións recibidas pola empresa e os compromisos laborais aos que estas axudas poden comprometer en relación aos traballadores.

Ademáis, os socialistas da comarca estarán tamén en apoio ao colectivo de traballadores, con representantes das distintas agrupacións socialistas de Arousa, a pesares dalgunha ausencia obrigada como o alcalde de A Illa de Arousa, Manuel Vázquez, que estará no Pleno Municipal pero que terá representación a través doutros compañeiros illenses. Os socialistas pretenden así demostrar todo o seu apoio e ánimo aos traballadores que "están a sufrir un ataque inxusto e inxustificado dunha dirección que unicamente mira torticeramente os seus intereses numéricos e dunha reforma laboral que o PP aprobou a petición de empresarios como a dirección de Lantero". 

30/10/14

INICIATIVA PARLAMENTARIA SOBRE O HOSPITAL DO SALNÉS A PETICIÓN DOS SOCIALISTAS DA COMARCA DE AROUSA

A Consellería de Sanidade adxudicou á empresa Cofely GDF Suez a redacción do proxecto, a dirección das obras de 15 centros de saúde e as obras de ampliación do Salnés xunto coa subministración enerxética, o mantemento e a conservación do edificio.
Sen embargo, nos orzamentos para o ano 2015 non aparecen consignadas as partidas para poder acometer ditas obras.
Ademais a empresa adxudicataria dos proxectos Cofely GDF Suez está envolta na presunta trama de corrupción, destapada na Operación Púnica.
Polo exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. En que consistiu a ampliación do Hospital do Salnés?
2. En canto se presupostaron os gastos de subministración enerxética e mantemento para este hospital?
3. Onde se contempla a partida para acometer esta obra?
4. Que vantaxes tivo o proxecto presentado pola empresa Cofely GDF Suez, en relación as demais ofertas presentadas?
Pazo do Parlamento, 29 de outubro de 2014

29/10/14

Os socialistas de Arousa manifestan a súa preocupación porque a ampliación do Hospital do Salnés estea en perigo pola concesión da obra a unha empresa investigada por corrupción

Consideran necesario que a Xunta clarifique a situación o antes posible, porque estiman “unha casualidade moi sinalada” que se lle adxudiquen tantas obras á mesma empresa

Os socialistas alertan que, novamente, a obra do Hospital poida quedar sen facer sen non se executa antes de 2015

O Salnés – Arousa, 29 de outubro de 2014.- Os socialistas da comarca de Arousa, na súa xuntanza de onte pola noite en Vilagarcía coa secretaria de organización de Galicia, Pilar Cancela, valoraron entre outros temas a implicación da empresa Cofely na rede de corrupción destapada estes días en España con orixe en Madrid, pero que tamén afecta ao Goberno de Núñez Feijoo, e que alerta da rede clientelar que o PP ten instalada en moitas das institucións que goberna. Precisamente sobre a actuación da Xunta existe neste momento unha sombra que afecta a obras que a Xunta do PP, especialmente a Consellería de Sanidade, adxudicou á empresa Cofely. Dentro destas está a obra de ampliación do Hospital do Salnés.

Os socialistas láianse da xestión do PP que, unha vez máis, vai camiño de deixar a Arousa sen a tan necesaria e demandada obra de ampliación do Hospital do Salnés. Os socialistas apuntan que dende o inicio, esta necesaria ampliación foi sistematicamente burlada polo PP de distintas maneiras, facenco promesas sobre orzamentos que nunca se cumpriron e retrasando a tan demandad actuación. Ao final, e xa en ano electoral, o PP apuntou que iniciaría estas obras que agora se atopan con que a empresa que tiña concedida esta actuación está implicada da man do PP nunha rede de corrupción indecente e de dimensións escandalosas. Os socialistas pregúntanse se, ao final, unha demanda social se convertíu para o PP nunha oportunidade de negocio, e reclaman que a Xunta de explicacións rápidas e convincentes sobre o asunto para tranquilizar á cidadanía.

Especialmente os socialistas piden tamén aclaracións aos representantes cidadáns que o PP ten en Arousa, como os alcaldes que non levantaron voz ante o ninguneo a que estiveron sometidas as reclamacións e mobilizacións da cidadanía, e os deputados e deputadas do PP e cargos de dirección do partido que se mantiveron agochados despois de tantos enganos.


Dende o PSdeG lamentan que a corrupción poida ser a lousa definitiva para que a ampliación do Hospital non se leve adiante, dado que a empresa pode quedar desmantelada e inoperativa, e os fondos FEDER que financian esta obra teñen como data límite o fin de 2015, co que se perderían se non se realiza. Pregúntanse dende o PSdeG de Arousa se é unha casualidade que Cofely tivera tantas adxudicacións da Consellería de Sanidade.

21/10/14

O Partido Socialista amosa a súa decepción pola non existencia de partida orzamentaria para o tan demandado centro de saúde

Destacan tamén que se incumpre, novamente, o suposto compromiso do PP coa mellora de saneamentos

Os socialistas enmendarán para solicitar investimentos en sanidade, educación, medioambiente e actividade industrial e económica.

Vilagarcía de Arousa, 21 de outubro de 2014.- O Partido Socialista de Vilagarcía valorou hoxe de maneira inicial os orzamentos da Xunta de Galicia en Vilagarcía, sobre os que Tania García apuntou que suponen “unha nova decepción” para os veciños pois “persisten nos erros e no incumprimento de promesas, coma sempre”. García Sanmartín apuntou que “a estas alturas, pretender sacar peito co Hospital do Salnés resulta ofensivo” e puxo en dúbida o futuro investimento pois “moitas veces se anunciaron partidas que logo non se executaron e temos serias dúbidas sobre os prazos de execución e se vai dar tempo a rematar as obras antes do remate do prazo estipulado polos fondos europeos, cos que se financia a obra". Dende o PSdeG apuntan a que o ano 2015 é ano de eleccións, polo que consideran que era de agardar que aparecesen investimentos no papel que se levaban anos anunciando, aínda que apuntan que “os cidadáns non queren promesas, queren feitos”. No  tocante aos servizos sanitarios, Tania García lembrou que “os socialistas consideramos que segue a ser unha prioridade a construción dun novo centro de saúde. Por todos é sabido que a nosa aposta é o terreo da antiga comandancia de marina, espazo que foi cedido á Consellería de Sanidade para que se edificase un novo ambulatorio que xa baixo o goberno de Pérez Touriño quedou comprometida. O PP, despois, desfixo todo aquel avance”. A pesares das reivindicacións cidadás, numerosas e recurrentes, a non existencia de ningún indicio nos orzamentos evidencia o que para García Sanmartín é unha realidad palpable: “a aposta do PP polas demandas sanitarias en Arousa é nula. Co PP no goberno, os cidadáns teñen que ter coidado de non enfermar”.

As infraestruturas sanitarias non son o único aspecto que os socialistas destacaron nos déficits que atopan nos orzamentos, pois nas cuestións medioambientais Tania García apunta que “novamente, aqueles supostos compromisos do anterior conselleiro de investir 11 millóns de euros para o Plan de saneamento integral de Vilagarcía quedan no baleiro”, e pídelle a Tomás Fole que “reclame os investimentos que tantas veces os seus compañeiros prometeron diante del, co seu aplauso cómplice”.
A segunda fase do polígono do Pousadoiro é outra reclamación socialista, “que xa vai convertíndose en histórica” e que, novamente, caeu no olvido. Os representantes do PSdeG alertan de que o solo industrial en Vilagarcía está moi limitado, e se as dificultades para xerar actividade económica en Vilagarcía, como noutros lugares, son elevadas, máis o serán se non hai espazo para ofrecer ás empresas. “Fole confunde as necesidades do tecido industrial” apuntou García, “entregou obscenamente un espazo privilexiado en terreo portuario, que podía quedar a disposición de empresas de actividade portuaria, a unha instalación para pádel que montou un amigo; apoia sen tapuxos aos empresarios que pretenden desfacer tecido industrial ou botar traballadores á rúa sen motivos como Cuca e Lantero, e despois fica calado cando a Xunta se olvida, intencionadamente, de ampliar o solo industrial no polígono que debera acoller a principal zona industrial de Arousa. Entendeuno todo ao revés”.

Tania García adiantou que os socialistas, a través dos representantes no Parlamento de Galicia, presentarán enmendas aos orzamentos que trasladen estas reclamacións, e pedirán que se modifiquen de cara a incluír estes investimentos necesarios. Ademáis, alertou tamén de que non existen partidas nominativas para centros educativos, o cal apunta a que será prácticamente improbable que existan obras nos centros, coa necesidade que existe, e puntualizou que está entre as intencións dos socialistas reclamar tamén algunha intervención imprescindible como a construción dun novo pavillón no colexio de Rubiáns.


“Sanidade, educación, medioambiente e actividade económica e industrial son, de entrada, as nosas prioridades á hora de analizar estes orzamentos. En todos estes sectores o PP, novamente, defrauda”, sinalou a voceira socialista quen concluíu que “aínda que a decepción é menor porque xa era esperada, o certo é que Vilagarcía vai perder un ano por culpa dun goberno local e un alcalde que non teñen forza nin peso no seu partido para reclamar o necesario para Vilagarcía”. 

17/10/14

O Partido Socialista solicita que se constitúa unha comisión municipal sobre Lantero

A imaxe do que ocorreu con Cuca, os socialistas demandan que os voceiros municipais formen un grupo de traballo para estudiar as posibilidades de resolución da situación

Apelan ao feito de que o alcalde tardase tres semanas en recibir aos traballadores e ás "recuadas" habituais do goberno local

Vilagarcía de Arousa, 17 de outubro de 2014.- O Partido Socialista de Vilagarcía, por medio da súa voceira municipal Tania García, solicita que se constitúa canto antes unha comisión municipal sobre o conflito aberto en Lantero, co fin de buscar a mellor solución á situación. Os socialistas consideran prioritario que o alcalde dea a coñecer a todos os grupos o contido das conversas mantidas coa dirección da empresa e de poñer enriba da mesa o convenio asinado entre Lantero e o Concello, no que se esixe o mantemento de todos os postos de traballo. Os socialistas apuntan que os distintos grupos da oposición levan semanas seguindo o caso mentras que o alcalde, "primeiro exerceu como voceiro da dirección da fábrica, mantendo dúas xuntanzas coa dirección da empresa e despois demorando en tres semanas a xuntanza cos traballadores, con excusas infantís e demostrando non ter interese polo asunto" apuntou Tania García. "Recorda este asunto ao caso de Cuca onde Fole "pregouse aos intereses empresariais, lonxe de defender o mantemento dos postos de traballo dos seus veciños".

Tania García confiou hoxe en que esta comisión se poña a funcionar, e considera que así "poderemos ter mellores decisións" apuntando a que Fole "aínda non ten moi claro o que acontece". García Sanmartín reiterou que a posición dos socialistas é nítida e consideramos que é necesario estar ao lado das familias de Vilagarcía que ven con incertidume o seu futuro. "Lantero é un puntal económico de Vilagarcía, se os traballadores de Lantero sofren, Vilagarcía sofre".


Dende o PSdeG apuntan tamén ao recente conflito do grupo de goberno cos praceiros, no que ao final e soamente tras as mobilizacións, o alcalde cedeu ante as peticións para permitir o aparcamento no entorno para os clientes que vaian facer as súas compras no recinto. Tania García sinalou que "a estratexia do cangrexo xa é un habitual, primeiro tomar decisións incomprensibles, que afectan negativamente aos intereses de distintos colectivos da nosa vila, mantelas con actitude altiva e unicamente dar marcha atrás cando existe presión social e mediática", e considera que "non é unha maneira coherente e responsable de funcionar, e non podemos estar constantemente esperando a que os problemas de Vilagarcía dependan de como se levanta o señor Fole pola mañá. É preciso traballar xuntos, tomar decisións ponderadas e ter posicións firmes dende o inicio". Para elo, considera que unha comisión constituída polos voceiros dos grupos municipais tería moita máis capacidade para resolver o conflito de Lantero que o goberno local.

14/10/14

O Partido Socialista solicitará a través do Parlamento a relación de subvencións e axudas recibidas por Lantero nos últimos anos

Queren estudiar as obrigas e condicións ás que a empresa está suxeita que poidan impedir decisións en contra dos dereitos dos traballadores

Os socialistas reprochan a Fole a súa “sumisa pasividade ante a empresa”

Vilagarcía de Arousa, 14 de outubro de 2014.- A voceira municipal socialista de Vilagarcía, Tania García, anunciou hoxe que o seu grupo está a traballar conxuntamente co grupo parlamentario socialista no Parlamento de Galicia para solicitar á Xunta a relación de subvencións e axudas que foron concedidas á empresa Lantero nos últimos anos. A intención dos socialistas é estudiar as posibles obrigas que esas axudas imponen en relación cos postos de traballo e as condicións dos traballadores.

Dende o Partido Socialista apuntan que “as empresas teñen os seus dereitos e existe unha liberdade de mercado e de xestión, pero estos argumentos non poden servir para tomar decisións lesivas para os traballadores se non hai fundamento ou se existen condicións que o impidan”. García apuntou, de maneira máis concreta, que “se a empresa se beneficiou dalgunha liña de axudas ten que que aterse tamén ás obrigas que se impoñían. Os responsables da xestión pública deben esixir que se cumpran as condicións polas que se concedeu diñeiro de todos”.

Para os representantes socialistas, a situación que se está a vivir “é produto dunha reforma laboral demoledora para os intereses dos traballadores” e cren que a empresa está a facer contas asumindo que o ano que ven, tralas eleccións xerais, a reforma laboral se derogará porque o PP non seguirá gobernando e, polo tanto, a dirección de Lantero quere aproveitar as últimas oportunidades de aplicar unha lei tan inxusta.

Tania García amosou tamén a súa “indignación” pola que considerou “unha actitude de sumisa pasividade ante a empresa que está a tomar Tomás Fole”. García Sanmartín criticou que o actual alcalde aínda non teña estado reunido co comité de empresa, a pesares de ter realizado dúas reunións xa coa dirección, e apostillou que “por momentos parece que Fole se constituiu no voceiro da empresa encargado de alimentar o conflito e recriminando aos traballadores que exerzan os seus dereitos”. As recentes situacións vividas con outras empresas de Vilagarcía, como Cuca, fan aos socialistas sentir “certo pesimismo” ante a futura actitude que poida tomar o alcalde. 

6/10/14

O Partido Socialista de Vilagarcía amosa o seu apoio incondicional aos traballadores de Lantero

Os socialistas insisten, como xa pediron no Pleno Municipal, en que o alcalde ten que poñerse ao frente da situación para axudar a evitar un drama laboral

Esixirán o cumprimento do convencio urbanístico no tocante ao mantemento da plantilla

Vilagarcía de Arousa, 6 de outubro de 2014.- O Partido Socialista de Vilagarcía mantén unha posición de apoio firme e incondicional aos traballadores de Lantero, perante a situación de gravidade na que se atopan dado o conflito laboral aberto pola dirección do grupo. Os socialistas, no pleno municipal do pasado luns, amosaron xa a súa preocupación pola situación existente e esixiron a Tomás Fole que se puxera ao frente das reivindicacións dende o plano institucional. Así pois, Tania García manifestou hoxe que "semella unha burla que ante un conflito laboral de tal gravidade, Fole elixa marchar unha semana fóra de Vilagarcía con excusas baratas en troques de traballar nesta problemática".

Dende o Partido Socialista apuntan que unha ferramenta fundamental na defensa que pode facer o Concello da situación dos traballadores está no convenio urbanístico. Tania García, tras consultalo minuciosamente, apunta que é moi clara a necesidade de manter durante quince anos os postos de traballo, sendo un convenio asinado no ano 2004. Para os socialistas, "non é de recibo que unha empresa que numerosas veces sinalou a Vilagarcía como unha fábrica de gran produción e rendemento, que declarou beneficios o ano pasado e que mantén plantilla contratada de forma temporal a maiores dos empregados indefinidos, pretenda agora de súpeto afirmar que está en problemas económicos e ten que propoñer unha atroz reforma da situación laboral dos traballadores". Neste sentido os representantes do PSdeG, mantendo nos últimos días contactos cos traballadores e os seus representantes, manterán unha xuntanza con membros do comité de empresa para compartir información, trasladarlles o seu incondicional apoio e colaborar na defensa dos postos de traballo. "Os traballadores de Lantero amosaron xa moitas veces ser un colectivo exemplar na defensa dos dereitos laborais" destacou García Sanmartín.


Tania García non dubidou en sinalar á "cruenta e inxusta reforma laboral do PP" a situación na que hoxe están os traballadores de Lantero, e preguntouse se "non será que Fole correu a agocharse lonxe para non dar a cara porque sabe que foi o seu partido o que permitíu estas situacións", e lembrou que "xa no conflito de Cuca Tomás Fole agochou a cabeza". García Sanmartín animou á cidadanía a defender aos traballadores, e a apoiar as medidas que estes tomen.

27/9/14

O Partido Socialista recrimina a Tomás Fole a agresividade contra o Patrimonio de Vilagarcia e a falta de documentación técnica que avalé as súas actuacións

Apuntan aos recentes casos da construción da nave para o padel no Porto invadindo a  fachada marítima, a tala de árbores sen informes ou a intención de descatalogar a Casa Becerra sen documentación que avale a decisión

Destacan que hai casos, como o das pistas do Porto ou a casa Becerra, cuxo fin último é favorecer intereses empresariais particulares de coñecidos de Fole

Vilagarcia de Arousa, 27 de setembro de 2014.-
O Partido Socialista de Vilagarcía manifestou hoxe a súa "profunda discrepancia" co que consideran un método "incomprensible" de actuación do alcalde Tomás Fole, segundo indicou Tania García, voceira socialista no Concello. Os socialistas apuntan ao que estiman unha "agresividade voraz contra todo tipo de Patrimonio da nosa vila", e centran os seus exemplos na irrupción na fachada marítima dunha nave para usos deportivos, "o cal afonda no sinsentido da actuación", que valoran como "absolutamente disonante no contexto no que foi construída, alimentando un feísmo innecesario e entorpecendo a conexión co mar". A este exemplo engaden a tala de árboles no parque de A Xunqueira, "un auténtico atentado medioambiental", que se suma ao estado de diversas zonas verdes de Vilagarcia como por exemplo O Castriño, e tamén á tala dos árbores situados diante do xardín da praia Compostela xa no inicio da lexislatura. A polémica recente coa intención de Fole de descatalogar a Casa Becerra, a pesares das peticions de cidadáns e profesionais de recoñecido prestixio como arquitectos, historiadores ou expertos en Patrimonio, supón, para os socialistas, unha bala mais nesta "teima destrutiva" de Fole.

Pero os socialistas afondan aínda máis na cuestión, pois esta actitude consideran que se agrava aínda máis cando se desvela que algunhas destas actuacións teñen como obxectivo favorecer determinados intereses empresariais e particulares. "Así ocorreu no caso da instalación dunhas pistas de padel no Porto, e así ocorre ao intentar derruír unha casa protexida por Patrimonio". "Como xa temos dito noutras ocasións, Vilagarcía non é o rancho de Fole, e non pode actuar coma se fora un sheriff facendo o que lle pete"

Tania García anunciou que insistirá no pleno municipal do luns en pedir informes e documentos que avalen a actuación de Fole, "porque parece que a Fole dalle igual facer as cousas con razón, sen ela, con aval técnico ou sen el". Lembra a voceira socialista que o alcalde presumíu de ter mandado paralizar no seu día a obra das pistas de pádel no Porto, pero que os socialistas pediron a orde de paralización e nada se soubo; Fole afirmou que esperaría ao informe técnico para decidir sobre a tala das árbores, e arrasou con todo sen ensinar ningún informe que o avale é o único que se coñeceu foron unhas declaracións do técnico da Deputacion, que é a institución que leva a cabo a obra. No caso da Casa Becerra, Garcia Sanmartín apunta que o alcalde non ten informes técnicos que avalen a descatalogación e, sen embargo, "continúa cara diante nesta deriva de destrución do patrimonio de Vilagacía"

26/9/14

Os socialistas oporanse frontalmente a decisión do bipartito local de promover a descatalogación da Casa Becerra para o seu derrubamento

Consideran que Tomás Fole antepón o interese dun particular á defensa e protección do patrimonio de todos os vilagarciáns

Destacan o valor do inmoble, unha das últimas expresións da arquitectura racionalista en Galicia

Vilagarcía de Arousa, 24 de setembro de 2041.- O goberno local leva a este vindeiro pleno a modificación puntual do PXOM para promover a descatalogación da casa Becerra para o seu derrubamento, unha decisión que socialistas consideran un erro e fronte a que se oporán firmemente, segundo anunciou a voceira socialista Tania García.  Unha modificación do Plan xeral ten que responder a un interese público e, non entanto, para a representante socialista neste caso ocurre que  “non podía estar máis lonxe da realidade, dado que o alcalde antepón unha vez máis o interese privado dun particular fronte ao interese público, que supón protexer o patrimonio de todos os vilagaciáns”.

A descatalogación deste inmoble e o seu derrubamento suporía unha perda irreparable do patrimonio arquitectónico local do pasado século e un dos poucos exemplos de Arquitectura Racionalista que quedan en Galicia, como teñen sinalado en numerosas ocasións historiadores e arquitectos, por exemplo as recentes declaracións públicas da arquitecta Idoia Camiruaga. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que remitíu ao Goberno local unha solicitude para que se manteña a catalogación deste edificio, a Fundación Docomomo Ibérico, que ten entre os seus fins a protección do patrimonio arquitectónico moderno, a Fundación Hispania Nostra que promove a defensa do patrimonio, os recoñecidos arquitectos Manuel Gallego Jorreto, Fernando Agrasar e Antonio Amado, e máis de 2.000 sinaturas recabadas a través da plataforma Change.org, solicitaron a protección e a non descatalogación da Casa Becerra. O valor arquitectónico da Casa Becerra fixo que figurara como un ben a conservar dende o ano 2000 data da aprobación do actual Plan Xeral, figurando tamén no novo Catálogo de bens a conservar que presentou o equipo redactor do novo PXOM.

García Sanmartín, tamén representante do seu grupo no Consello da Xerencia de Urbanismo encargouse de lembrar que o grupo socialista foi o único grupo que se opuxo de forma frontal a esta iniciativa do bipartito local. “O alcalde, unha vez máis, toma unha decisión pouco fundamentada, xa que ningún informe técnico avala a decisión de descatalogar a Casa Becerra”, alerta Tania García.

Dende o PSdeG plantéanlle ao alcalde que diga o que sería necesario realizar para que tomase en conta tantas opinións de cidadáns e expertos sobre esta construción. “Non entendemos esa manía destrutiva de eliminar todo o que se lle pon por diante, sexan árbores ou edificios, e sempre coincidindo que o fai en contra da opinión xeral”, concluiu García. 

25/9/14

Os socialistas esixen ao Goberno Municipal que “dea a cara” e pedirán a comparecencia no Pleno do concelleiro Jesús Longa

Tania García insiste na petición dos informes técnicos que avalen a tala das árbores, “porque aínda ninguén o víu diante”

Apuntan que soamente neste mandato Fole xa ordenou talar máis de 25 árbores e non replantou ningunha

Vilagarcía de Arousa, 25 de setembro de 2014.- O Partido Socialista de Vilagarcía continúa a esperar polas explicacións que considera “imprescindibles” sobre o “destrozo” consumado onte no parque A Xunqueira coa tala indiscriminada de árbores “con alevosía e por sorpresa, para evitar a protesta cidadá”.

Os representantes socialistas no Concello, por voz de Tania García, voceira municipal, plantexaron hoxe dúas cuestións de relevancia sobre o asunto. Por un lado insisten na necesidade de que Tomás Fole amose e faga público os informes técnicos que avalen a tala de árbores de A Xunqueira. Lembra Tania García que “o alcalde afirmou hai uns días estar esperando a eses informes para decidir o que había que facer, e resulta que unha mañana sen avisar comeza a talar sen que ninguén vira tales informes”. García Sanmartín apuntou que comeza a ser habitual que o alcalde prometa unha información e non a dea, ou que afirme tomar decisións en función de informes que non existen. “Dá a sensación de que considera Vilagarcía como a súa finca particular e onde pode facer o que lle pete sen dar explicacións nin razóns”.

Por outro lado, os socialistas apuntan tamén cara o concelleiro de Medio Ambiente, a quen os socialistas afirman non ter escoitado unha voz nin unha opinión ou criterio sobre o asunto. Pregúntanse dende o PSdeG se Jesús Longa tivo, alomenos, algún interese en buscar solucións para mellorar o estado e conservación das árbores de A Xunqueira, e afirman non comprender como un concelleiro de Medio Ambiente pode asistir a este despropósito e non dicir nada. “É enfermiza a actitude dos responsables do PP de agocharse ante as situacións, e iso non é aceptable”. Tania García anunciou que pedirán a comparecencia en pleno do concelleiro responsable, “que xa tiña que ter anunciado el que daría explicacións, pero semella que tamén é da mesma escola que Fole e Dorgambide e fan as cousas cando lle saen dos puntos suspensivos”. García Sanmartín afirma que “sería unha grata sorpresa que Longa e Fole deran explicacións, pero como parece que lles dá algo de sarpullido, nos imos solicitar a comparecencia do concelleiro do ramo, para que sexa canto antes”, e afirmou que a postura do seu grupo será esixente e pedirán responsabilidades polo asunto: “se un concelleiro de Medio Ambiente permite esta desfeita sen levantar a voz, sen aportar unha solución, sen dar unha explicación e agochando a cabeza frente aos desmáns brutais do alcalde, é que nin sabe nin debe exercer a súa responsabilidad nin un día mais”. “Unha decisión deste calibre ten que estar fundamentada e ten que ser explicada. Neste caso non hai ningún dato que convide a pensar en que se cumpre algunha das dúas cousas”.


A voceira socialista quixo apuntar un dato que leva aos do PSdeG a mostrar a súa preocupación pola política medioambiental de Fole, “soamente neste mandato lévanse talados máis de 25 árbores en distintos puntos de Vilagarcía e non replantou ningunha”. 

24/9/14

O Partido Socialista considera un “despropósito” a tala de árbores desta mañá no parque de A Xunqueira

Tania García demanda a Fole o informe técnico que avale esta intervención, “que o propio Fole dixo estar esperando antes de tomar ningunha decisión”

Os socialistas apuntan a que Fole está “desquiciado e superado polo escenario político”

Vilagarcía de Arousa, 24 de setembro de 2014.- O Partido Socialista de Vilagarcía quere manifestar a súa total “indignación” e rexeitamento á tala de árbores no parque de A Xunqueira, feita con total alevosía e por sorpresa esta mañá. Tania García, reunida hoxe en Santiago con membros da dirección nacional do PSdeG, coñeceu durante esta mañá a información de que se estaba a producir esta tala alertada por cidadáns que lle manifestaron o total rexeitamento a esta decisión de Tomás Fole. “Hai veciños que me chamaron chorando porque se atoparon de repente con esta situación”, sinalou García Sanmartín, quen solicita “inmediatamente” que se faga público o informe técnico que avala esta intervención. “Fole dixo que estaba á espera dun informe que indicaría as decisións a tomar. Que o faga público, inmediatamente”, esixiu Tania García contundentemente.

Dende o PSdeG alertan de que Fole se atopa “desquiciado e superado polo escenario político”, e consideran que agora mesmo está “incapacitado” para seguir tomando decisións. A voceira socialista valorou que “é posible que, superado pola súa lamentable aparición no tema do pucherazo urbanístico co tema do pádel, e coa solicitude de documentación que fixemos á que non pode facer frente, pretenda cambiar o foco da actualidade, e para iso non dubida en talar árbores indiscriminadamente. Ata onde está disposto a chegar?”. A realidade é que os socialistas consideran que, “no momento en que os temas chegan ao punto de ter que poñer negro sobre branco e presentar documentación e comprobacións, o alcalde tolea e reacciona impredeciblemente”, e apuntan á vergonzosa expulsión de Lino Mouriño do Porto que o PP está preparando e agora a esta intervención no parque de A Xunqueira. Tania García, sinalou, non entanto, “que esixiremos os informes técnicos ante o que xa é un “atentado ecolóxico” dos mais chamativos e graves que se deron en Vilagarcía. Lembran os socialistas que unha das primeiras medidas que tomou Fole foi talar os árbores que estaban bordeando o xardín da praia Compostela, básicamente para encher de cemento e poñer unhas poucas de prazas de aparcamento mais. “Esta obsesión de Fole por talar árbores para poñer cemento é enfermiza. Se esta era a súa idea de parques chupi-guais que anunciou en campaña, ogallá que non pretenda talar ningún outro”. Existían solucións se o problema real era o levantado das losetas, xa que se podían manter os árbores en grandes parterres de terra ou plantexar a opción da grava compacta. “Solucións que non implicaban entrar coma un elefante nunha cacharerría”.


Tania García solicitou ao PP que “frenen a Fole, que o controlen porque está fora de lugar”, e pregúntase que compañeiros de goberno se van poñer agora na foto con el. “Da a sensación de que hoxe decide talar os árbores e manda talar a discreción, mañá decide darlle unha parcela a un amigo e a da, e pasado mañá pode levantarse pensando en derruir o Concello para construir un balneario, e tamén o intentará”. “O alcalde ten que asumir que a dirección non se demostra dando órdenes ou actuando como un sheriff sen control” apuntou Garcia Sanmartín.

23/9/14

Os socialistas de Vilagarcía alertan da “deriva ditatorial” de Tomás Fole

Lamentan que “a actitude de Fole sexa expulsar das institucións a quen lle molesta para os seus texemanexes”

Tania García reclama a Fole que volva ao sentido común despois de comprobar que “exclúe do Pleno o debate sobre o centro de saúde pero inclúe unha moción sobre o pucherazo electoral do PP”

Vilagarcía de Arousa, 23 de setembro de 2014.- Tania García afirmou hoxe que o Partido Socialista de Vilagarcía está “preocupado” pola que calificou de “deriva ditatorial” de Tomás Fole atendendo, nesta ocasión, á orde do pleno do vindeiro luns. García lembrou que “estamos acostumados a que o Goberno non sexa quen de levar temas aos Plenos, e que incluso minusvalore ou evite temas que traballamos os demáis. Digamos que todo o mundo daba por amortizada a súa incompetencia”. “Sen embargo”, continuo García, “o do vindeiro Pleno cruza liñas vermellas”. A voceira socialista fai referencia a dous temas especialmente sensibles para os socialistas.

Por un lado dende o PSdeG consideran “delirante” que se leve a pleno a exclusión de Lino Mouriño do Porto de Vilagarcía. “Resulta molesto para o PP que exista algún membro no Consello Portuario que faga o seu traballo, defenda os intereses de Vilagarcía  e que fiscalice a xestión da Autoridade Portuaria  ”, i é que ao  producirse a expulsión de Mouriño por parte de Fole, só quedarán membros do PP na rada. Os socialistas non teñen dúbida ningunha de que “esta decisión tíñana tomada, só estaban buscando algo que pudiera parecerse a unha excusa”, e así esta semana anunciaron o seu cese. Lembran dende o PSdeG que Mouriño destapou o costoso uso do coche oficial da Presidenta do Porto, que recorre mais de 200 kilómetros ao día só para levar e traer da súa casa á presidenta, todo a cargo das arcas públicas. Lembran tamén que foi Mouriño quen alertou do procedemento opaco e confuso sobre a concesión dunha parcela portuaria en condicións privilexiadas para un terreo de uso deportivo (as tristemente famosas pistas de pádel), que para os socialistas supón un desperdicio insultante de espazo público que podía facilitar en próximos tempos a instalación de empresas vinculadas ao sector portuario, “que é para o que ten que estar un lugar como ese” apuntou Tania García. Tamén sinalou García o feito de que foi o representante socialista o que fixo público o verquido de escombros e residuos sólidos ao mar no Cavadelo, feito que o Porto intentou encubrir e que pretendeu impedir que Mouriño fixese público. “Que exista alguén que faga públicos os manexos oscuros no Porto é molesto para o PP. E por eso o expulsan. Por informar aos cidadáns e por opoñerse. Expúlsano porque é un incordio para os chanchullos do PP”, afirmou rotunda Tania García.

A “lamentable” decisión de Tomás Fole compleméntase coa decisión de incluír e excluír algunhas mocións no vindeiro Pleno. Os socialistas apuntan que rexistraron unha moción a debate sobre o estado do centro de saúde, na que solicitaban a mellora das instalacións do actual e volvían a abrir o debate da necesidade de instalar un centro de saúde no edificio da antiga Comandancia de Marina. “Segundo Fole, ese non é un tema de interese. E non permite ese debate”, informou a voceira socialista. Sen embargo, a sorpresa para os socialistas é que o alcalde non permite ese debate tan fundamental para a cidadanía de Vilagarcía, pero si inclúe unha moción sobre o “pucherazo electoral” que o PP pretende impoñer coa reforma unilateral da lei electoral para adulterar a elección de alcaldes. “Temos un alcalde que afirmou no seu día que ía restrinxir as mocións en función das que foran de interese para Vilagarcía ou non, e as que supuxeran falar das responsabilidades doutras administracións”, dixo Tania García lembrando a argumentación de Fole no seu día. “Pois entón a conclusión é clara: o alcalde cree que a reforma electoral do PP é mais importante que o centro de saúde de Vilagarcía, tema que consideran que non é de interese”.

Tania García pide ao PP de Vilagarcía, “e se non a alguén que teña algo de criterio”, que frenen esta “deriva ditatorial” de Fole que o leva a expulsar xente dos órganos cando lle discuten ou a ditaminar non falar de temas tan esenciais como o centro de saúde de Vilagarcía, pero sí falar do intento de trampear a lei electoral. "Tal e como baixan as augas no PP e o bochorno que a súa actitude está a provocar no seu propio partido, primeiro que se preocupe de se será candidato, non vaia ser que outros lle metan a cuña

22/9/14

Tania García pregúntalle a Fole se a súa euforia porque tres maxistrados asinen que podería ter incurrido nunha ilegalidade administrativa supón que a partires de agora non vai paralizar ningunha obra ilegal

Os socialistas pídenlle que faga público a orde de paralización das obras e solicitarán tamén ao Alcalde e a seu grupo de goberno que revisen o expediente por se as obras se axustan ou non ao proxecto

García aféalle a Fole a súa “burda ameaza” de botar a Mouriño do Porto e afirma que “no fondo é unha excusa para evitar que Lino Mouriño siga a preguntar por cousas que o PP non quere que se saiban”.

Vilagarcía de Arousa, 22 de setembro de 2014.- A voceira socialista municipal, Tania García, valorou hoxe as recentes declaracións públicas de Tomás Fole sobre a advertencia da posible “ilegalidade ou irregularidade administrativa, da construción dunha nave deportiva no Porto como “incomprensibles”. García, en representación dos socialistas de Vilagarcía, afirmou sentirse “sorprendida” de que un Alcalde non perciba o que significa que tres Maxistrados asinen un auto no que se indica que “podería incurrir nunha ilegalidade administrativa” no proceder do caso. Pregúntase a voceira socialista se é que Fole está moi acostumado a que lle indiquen que comete ilegalidades, “pero para os que nos esforzamos en cumprir rigurosamente a legalidade, e de maneira moi especial naquelas cuestión que teñen ver coa xestión do público, resulta grave e preocupante que se dubide da legalidade dos actos”. García explicou, novamente “e para ver se Fole entende esta vez”, que a resolución xudicial que se deu a coñecer estes días non pon en dúbida o fondo da cuestión, e únicamente rexeita que sexa a vía penal o cauce polo que teña que ser tramitada”. A socialista pregúntalle ao Sr. Fole, "esperando resposta pronta e pública" se a súa euforia porque " podería ter incurrido nunha ilegalidade adminstrativa, supón ademais que a partires de agora non ten previsto paralizar ningunha obra ilegal, e que esta decisión afecta a todos veciños e veciñas de Vilagarcía ou só aos seus amigos".

Tania García foi contundente ao afirmar que “todos os veciños saben o que ocorreu, e por que ocorreu. O Alcalde non decretou en ningún momento a paralización dunhas obras sen que non tiñan os permisos necesarios, como lle obriga a lei, e dixo publicamente que non ía paralizalas e só se paralizaron a instancias do promotor unha vez interposa a deuncia". A portavoz socialista pídelle ao Alcalde que revise o expediente e comprobará que o Grupo Munincipal Socialista presentou unha instancia solicitando a copia da Orde de paralización das obras. "A día de hoxe non tivemos resposta" e para arranxar a confusión, a voceira socialista solicita a Fole “que faga público o seu escrito de orden de paralización das obras”. Adiantándose ao resultado, García recomendoulle a Fole e á concelleira de Urbanismo que “deberían mirar ben o expediente e facer público o seu estado, para saber ademais se as obras se axustan ou non ao proxecto". A voceira socialista anunciou, ademáis, que os socialistas solicitarán a relación de precintos e obras paralizadas durante o actual mandato, para comprobar o criterio do Alcalde con unhas e outras obras.

“Lino Mouriño é incómodo no Porto porque pregunta e fai pública a información que o PP quere esconder. Por eso o queren botar”.
Tania García non deixou pasar as declaracións de Tomás Fole nas que advertía, “de modo dictatorial” que ía expulsar a Lino Mouriño do Porto. Os socialistas apuntan que resulta que curioso que Fole misture agora un tema con outro, e que coincida coa visible molestia que lle causou a Fole e á Presidenta do Porto que Lino Mouriño pregunte polos excesivos gastos da Presidenta, como o uso do coche oficial que a trae e leva á súa casa facendo centos de kilómetros a costa do erario público, polas licenzas e procedementos sobre a concesión do pádel no Porto ou sobre o verquido ao mar de residuos contaminantes no Cavadelo. “Mouriño é un estorbo para o PP, e por eso o queren botar”, afirmou sen dúbida.


García lembrou, non entanto, que Mouriño é “un representante dos veciños” e alertou de que “é o único representante político que non é do PP, de entre todos os que están no Porto. Debe ser casualidade que o queiran apartar”. 

19/9/14

Tania García lémbralle a Tomás Fole que a resolución xudicial asume a posibilidad de que exista “ilegalidade administrativa”

Os socialistas afirman non comprender o triunfalismo dun Alcalde sobre o que un auto deixa caer unha sospeita de delito

Dende o PSdeG acatan e respeitan as decisións xudiciais, pero consideran que os feitos probados van mais alá das responsabildiades xudiciais

Vilagarcía de Arousa, 19 de setembro de 2014.- O Partido Socialista de Vilagarcía, a través da súa voceira municipal Tania García, considera necesario lembrar ao Alcalde de Vilagarcía Tomás Fole que a recente resolución xudicial sobre o caso das obras sen licencia dun centro deportivo no Porto, que fixeron pública esta semana, indica precisamente que é posible que existe unha “ilegalidade administrativa”. Os socialistas, como xa indicaron na súa rolda de prensa, entenden que o rexeitamento da denuncia se produce por motivos formais dado que, como o auto explica, ao considerarse a posibilidade de que exista unha “irregularidade administrativa” o proceso debe ir polo contencioso – administrativo, e non pola vía penal. “É esta cuestión formal, e non de fondo, a que motiva o rexeitamento” sinalou Tania García. A voceira socialista apunta tamén que o auto recolle algo que para os socialistas é clarificador: que as obras paralizáronse no momento en que se presentou a denuncia, “ o que demostra que non estaban funcionando correctamente antes da denuncia”.

Tania García explicou que “aínda que non esperamos ningún atisbo de responsabilidade ou recoñecemento de que o procedemento non foi o estrictamente correcto, sorpréndenos que un Alcalde celebre, e incluso se envalentone, cando os xuíces asumen a existencia de dúbidas sobre a legalidade da súa actuación urbanística”.

“Que lle parece a Serantes e Louzán que Aragunde contrate a un amigo para traballar 8 horas ao mes cobrando 1.400€?”
Tania García, tamén secretaria de organización provincial do PSdeG, saiu tamén ao paso da resposta do seu homólogo no PP de Pontevedra, Luis Serantes, ao que indicou que “parece que responde ben ás indicacións de Louzán, pero quenes fan política e negocios co actual presidente da Deputación normalmente teñen mais cousas que calar das que falar”. En todo caso, García englobou a Serantes no mesmo saco que a Fole, e afirmou sentirse “decepcionada” porque segundo a visión destes responsables do PP non pretendan exercer a súa actividade coa maior transparencia e pulcritude.


Tania García aproveitou a aparición de Serantes para preguntarlle se concorda con cousas que ocorren no caso da acusación a Luis Aragunde, sobre a que falou o responsable de organización do PP, coma que o Concello de Cambados pague 1.400€ a un arqueólogo amigo do Alcalde por traballar 8 horas cada mes, en base a un suposto contrato verbal. “Case 200€ por hora supostamente traballada. Se cadra imos atopar unha nova Atapuerca en Cambados”, ironizou a vilagarciana. Pregúntase tamén que opinan Serantes e Louzán de que Aragunde incumpra a normativa legal promovida polo PP que non permite pagar mais de 80 horas extras ao ano, mentras que en Cambados hai traballadores que cobran sistemáticamente 300 horas extras. “É posible que Serantes e Louzán foran os precursores destas estratexias, pero a cuestión mais preocupante é que pretendan asumir que esto é correcto”.