Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

31/3/11

Modesto Pose reitera o compromiso de ampliar o centro de A Escardia e construir un novo colexio en Carril, nun debate aberto en materia de educación que reúne a 150 persoas no Auditorio


O candidato socialista confirma tamén o seu proxecto da construcción dunha nova gardería municipal en Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa, 31 de marzo de 2011.- O Partido Socialista de Vilagarcía deu un paso máis na liña de traballo da celebración de debates abertos por sectores temáticos, e no día de onte reuniu no Auditorio a 150 persoas para debater sobre as propostas principais dos socialistas en materia de Educación. O debate contou coa presencia do candidato á Alcaldía Modesto Pose, como así será en todos os que se realicen, e coa participación principal de Miro Serén, director do CEIP “O Piñeiriño” e membro da candidatura socialista ás eleccións municipais, e de Susana Camiño, tamén candidata socialista ás eleccións e actual concelleira de Educación.

Neste concorrido debate, Pose plantexou as que son as principais propostas en materia educativa para a vindeira lexislatura municipal, e que foron recollidas con satisfacción polos asistentes:
1. A ampliación do CEIP “A Escardia”, incluida dentro do ambicioso plan de reutilización de espazos públicos que os socialistas presentaron hai dúas semanas e que está a ter unha grande acollida. Esta ampliación dotará ao centro de A Escardia da capacidade dun centro “liña 3“ (3 aulas por curso, fronte a 1 soa como agora – liña 1), e poderá acoller a aproximadamente 600 nenos e nenos, fronte aos 225 actuais.
2. A construcción dun novo colexio en Carril, debido ás carencias que presenta o actual e a constante desidia que mostra a Xunta de Galicia no seu arranxo.
3. A construcción dunha nova gardería municipal en Vilagarcía, considerando a alta demanda existente no municipio e a baixa capacidade de oferta na actualidade. “A nosa aposta decidida pola conciliación da vida laboral e familiar, e en xeral da calidade de vida para os vilagarciáns, ten que levar consigo decisións coma esta que podo garantir que se levarán a cabo”.

“Estas tres propostas”, apuntou Pose, “son necesidades que Vilagarcía merece arranxar. Eu ofrezo o meu compromiso de que dende o Goberno de Vilagarcía, estableceremos a xestión política necesaria para levar a cabo estes proxectos”. Serén e Camiño reforzaron a mesma idea de Pose, reiterando a importancia destas medidas. “A ampliación de A Escardia solventará un problema do centro de Vilagarcía, que conta cun só centro público, que ademáis e só de liña 1. Esta é unha situación que é preciso corrixir” sinalou Miro Serén. Camiño lembrou que ante a necesidade de ampliar o centro de A Escardia, “o Xefe Territorial de Educación da Xunta comprometeuse nunha xuntanza conmigo, nun acordo que logo fixemos público os dous, a iniciar esta ampliación se Vilagarcía poñía a disposición os terreos. Nos poremos a nosa parte, e así podemos dar por feito o compromiso.”

30/3/11

O Partido Socialista de Vilagarcía aprecia “esperpéntico” o sainete que está a montar Tomás Fole coa presentación da súa lista electoral


O candidato popular, teóricamente profesional do ámbito económico-empresarial, precisa da fichaxe de varios economistas para facer unha labor que tiña que ter feito el mesmo
A súa vagancia está a provocar situacións absurdamente paradóxicas como que Fole teña que recurrir a persoal externo para correxirse a si mesmo

Vilagarcía de Arousa 30 de marzo de 2011.- O Partido Socialista de Vilagarcía, no seu intenso traballo de contacto cos veciños, comproba con certa desazón o sainete que está a montar Tomás Fole coa presentación dos seus membros da lista electoral. Primeiro Fole presentou a un experto en deportes que desprecia as institucións deportivas de Vilagarcía pero pretende facer propostas sobre elas. Despois presentou  a candidatos que pretenden atender aos veciños en 48 horas cando o máis difícil que hai no Concello é localizar a algún representante do PP en menos de ese tempo porque non están nunca. No día de onte o candidato popular presentou en sociedade a un grupo de colaboradores, dos que non quedou claro se serán membros da candidatura ou non, e que pretenderán facer un “diagnóstico” da situación económica do Concello de Vilagarcía.

Resulta espeluznante pensar, dado o plantexamento de Tomás Fole, que el mesmo despois de 8 anos como concelleiro non se considere capaz de facer unha valoración real da economía do Concello que aspira a dirixir. Preguntámonos os socialistas entón se os 4 anos que estivo como concelleiro liberado, e os 4 que leva agora cobrando da Deputación por traballar no ente “virtual” do IPESPO (sen que se saiba moi ben qué fai e onde está o seu lugar de traballo), non serviron para que poida facer un mínimo o seu traballo. Se Fole quere coñecer a situación económica do Concello, como coñecen todos os demáis portavoces e partidos políticos de Vilagarcía que si fan o seu traballo, ten a un equipo de traballadores e profesionais de altísima valía no propio Concello, que fan o seu traballo con eficacia e que seguro que estarán dispostos a contarlle ao señor Fole todo o que a súa vagancia non lle permitiu consultar nos últimos 8 anos.

Semella entón que o candidato popular estase a acompañar de persoas para que fagan o que el tiña que facer. É agora cando se demostra que Fole únicamente se preocupou, en 8 anos pagados dos cartos públicos, de sair moito na prensa pero non asistir as reunións, non recoller información, non pasar polo Concello nada máis que para os plenos e comisións que se cobran e pretende agora presentarse como o salvador.

No conxunto dos seus colaboradores, definitivamente, Fole monta un teatro mediático dos que moito lle gustan para aparentar que se rodea dun grupo de excargos políticos dos gobernos Fraga, que tiveron moitas responsabilidades e actividades fora de Vilagarcía pero non aquí e que van facer o traballo que lle corresponde a el mesmo. Dende o Partido Socialista considérase que non se pode recuperar en 8 semanas o traballo que non se fixo en 8 anos.

Modesto Pose aborda distintas problemáticas sociais cunha intensa rolda de xuntanzas


O colectivo de Arousa en Bici plantexou a súa visión sobre a mobilidade no municipio, e a Hermandade de Venezuela valorou os avances en convivencia social

Vilagarcía de Arousa, 30 de marzo de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, prosegue coa súa intensísima axenta de contactos e xuntanzas coas distintas asociacións e entidades existentes no noso municipio. No día de onte pola tarde entrevistouse con dous importantes colectivos como Arousa en Bici e a Hermandade de Venezuela radicada en Vilagarcía.

O NOVO MODELO DE CIDADE E A MOBILIDADE
A asociación Arousa en Bici mantivo unha xuntanza co candidato socialista á Alcaldía Modesto Pose e con Tania García e Eva Pesado, integrantes da candidatura socialisa, na que trasladaron as súas reivindicacións en termos de mobilidade e utilización da bicicleta como medio de transporte alternativo. Os asistentes á xuntanza coincidiron en sinalar como positivo un modelo de cidade que priorice ás personas, e que viariamente de preferencia aos peóns ante os coches. A xuntanza serviu para debatir sobre o a vontade política de favorecer e impulsar o uso da bicicleta, que Pose defendeu, así como a nova reutilización de espazos públicos plantexadas polos socialistas, que repercutirá nunha aposta polo transporte público.

A CONVIVENCIA COMO ELEMENTO SOCIAL FUNDAMENTAL
Membros da Hermandade de Venezuela, afincados en Vilagarcía de Arousa, quixeron trasladar a Modesto Pose as súas impresións sobre o nivel de convivencia e integración dos membros do seu colectivo en Vilagarcía. Nunha xuntanza celebrada na sede do Partido Socialista de vilagarcía, o candidato á Alcaldía e tamén secretario provincial do PsdeG de Pontevedra apuntou que “a convivencia de nacionalidades, razas ou culturas non é un debate, é unha realidade. Hoxe en día a normalidade imponse ante calquer postura que tente de inutilizar a nosa vontade de compartir sociedade uns cos outros”.

29/3/11

Modesto Pose recolle a exixencia cidadá da ampliación do Hospital e da construcción dun novo centro de saúde na antiga Comandancia, nun numeroso debate aberto co sector sanitario.


O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía reuniu a sanitarios, usuarios e veciños en xeral para avanzar o seu programa de goberno e recoller as ideas dos cidadáns.

Vilagarcía de Arousa, 29 de marzo de 2011.- O candidato socialista Modesto Pose continuou este luns coa rolda de debates abertos temáticos, para recoller aportacións cidadáns de cara a definir finalmente o programa de goberno en materia de sanidade. O debate, ao que concorreron preto dun centenar de persoas entre profesionais do eido sanitario e usuarios dos centros sanitarios, celebrouse no Auditorio de Vilagarcía a última hora do luns. Acompañando a Modesto Pose estaban Álvaro Carou, concelleiro de sanidade do Concello de Vilagarcía e número 9 da candidatura socialista, e Fernando Quintela, enfermeiro de profesión e número 8 da lista do PsdeG.

Neste debate aberto Pose reafirmou que os socialistas “consideramos fundamental e irrenunciable a construcción dun novo centro de saúde para Vilagarcía, de referencia e da calidade que o noso municipio merece”. Esta vontade foi ben acollida polos asistentes, e foi enlazada coa outra gran reivindicación dos vilagarciáns, que é a ampliación do Hospital de Salnés, centrándose esta ampliación no servicio de urxencias, de consultas externas, de ciruxía, de reanimación e na UCI. Pose, Carou e Quintela coincidiron en sinalar a Marta Rodríguez como “a gran mentireira do Hospital”, e denunciaron o baile de promesas incumplidas entre ampliacións fallidas, orzamentos sen concretarse e ofrecementos como o do xa famoso millón de euros que nunca apareceu por ningún lado.

Os socialistas plantexaron tamén a súa vontade de constituir o Consello Local de Sanidade, un ente que non acarreará ningún custo para as arcas municipais e que terá representación das institucións, dos estamentos sanitarios e dos cidadáns, cuxa función será promover campañas de hábitos de vida saudables, prevención de conductas nocivas, educación para a saúde e conformar a Vilagarcía como unha cidade de vida sa.

O partido socialista de Vilagarcía organiza un debate aberto sobre Educación

Seguindo coa rolda de contactos do candidato Modesto Pose con diversos colectivos sociais da cidade mañá 30 de marzo, ás 20h, na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía terá lugar un debate sobre políticas educativas.
 
Vilagarcía de Arousa, 29 de marzo de 2011.- O mércores 30 de marzo, as 20h, na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía, Modesto Pose manterá un debate aberto sobre o programa de goberno en materia de educación. Están convidados os profesionais do ámbito educativo de Vilagarcía, pero queremos contar tamén coa presencia de todos e todas que o desexedes, e que convidedes a participar a quen queirades a un debate público. Compartiremos e debatiremos propostas co fin de buscar as mellores ideas en materia educativa, uns dos pilares do proxecto socialista.
 
Agradecendo de antemán a vosa presencia e quedando a vosa disposición para cualquer consulta na sede, enviámosvos un saúdo.


28/3/11

O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcia , Modesto Pose, organiza un debate aberto sobre Sanidade

O acto terá lugar hoxe luns, as 20h, no Seminario 2 do Auditorio Municipal de Vilagarcía.
 
Vilagarcía de Arousa, 28 de marzo de 2011.- Hoxe  luns 28 de marzo, as 20h, no seminario 2 do Auditorio de Vilagarcía, Modesto Pose manterá un debate aberto sobre o programa de goberno en materia de sanidade. Están convidados os profesionais do ámbito sanitario de Vilagarcía, pero queremos contar tamén coa presencia de todos e todas que o desexedes, e que convidedes a participar a quen queirades a un debate público.

Agardando a vosa presencia, e quedando á disposicion do que queirades consultar aquí e na sede, enviamosvos un saúdo

27/3/11

O Partido Socialista defenderá “con toda a súa forza” a construcción dun novo centro de saúde na antiga Comandancia da Marina



O PSdeG de Vilagarcía constata que esta reclamación, xunto coa ampliación do Hospital do Salnés, é un clamor popular

Vilagarcía de Arousa, 25 de marzo de 2011.- Os membros da candidatura socialista Manuel R. Cuervo, Fernando Quintela y Lino Mouriño, presentaron as ideas máis importantes que rexirán o programa de goberno, en materia de sanidade, e que presentarán para as vindeiras eleccions municipais. A rolda de prensa foi ofrecida diante do edificio da antiga Comandancia de Marina, que para os socialistas é o símbolo da súa aposta en política sanitaria para Vilagarcía, pois é o lugar idóneo para a ubicación do novo centro de saúde que precisa Vilagarcía.

Tal e como sinalou Quintela, sanitario de profesión, “en Vilagarcía estamos fartos do ninguneo que está a adicarnos a Xunta de Galicia. Un centro de saúde novo, de referencia e de calidade é o que Vilagarcía necesita. Non aceptaremos dispensarios, consultorios ou cuestións menores. Esta é unha reivindicación á que non imos renunciar, e o lugar para desenvolvela é inmellorable. Aquí.” Os candidatos socialistas coincidiron en sinalar as vantaxes que o sitio ten, como unha óptima accesibilidade a pé ou en transporte, coas paradas de autobús ao seu carón e espazos de aparcamento próximas. Lembraron os socialistas, ademáis, que todo está perfectamente disposto, pois xa no seu día a Autoridade Portuaria puxo os terreos a disposición da Consellería para afrontar esta infraestructura.

Ademáis do centro de saúde, os membros da candidatura socialista reclamaron tamén a ampliación do Hospital do Salnés, lembrando que xa o Plan Director de Infraestructuras Sanitarias 2008-2013 establecía un orzamento de 9,3 millóns € para a ampliación deste centro. “Dende aquela, o PP non fixo máis que dar largas ao asunto e nunca máis soubemos nada. A deputada Marta Rodríguez, que é a principal responsable do ninguneo sanitario á Vilagarcía, prometeu primeiro un diñeiro que nunca apareceu nos orzamentos, e logo falou daquel millón de € que se ía investir o ano pasado e do que tivemos a realidade de sempre, nada”, apuntou Quintela.

Noutro sentido, os socialistas  quixeron tamén presentar a idea de crear o Consello Municipal de Saúde, un órgano que non tería coste para as arcas municipais e que contaría con participación cidadán, das institucións e dos estamentos sanitarios para establecer puntos común de traballo na área de saúde. Dende este Consello, os socialistas pretenden impulsar unha Vilagarcía saudable, que aposte pola educación na saúde, pola promoción de hábitos de vida saudables e políticas trasversais que contribúan a unha cidadanía máis participativa e máis concienciada.

26/3/11

Modesto Pose valora como “ilusionante e productivo” o primeiro mes de traballo da candidatura socialista

O candidato socialista considera moi positivo para Vilagarcía que os dous grandes proxectos presentados estexan a ser debatidos e comentados polos cidadáns e os partidos políticos.

Modesto Pose valora como “ilusionante e productivo” o primeiro mes de traballo da candidatura socialista, que está a recibir unha grande acollida polos veciños.
O candidato socialista considera moi positivo para Vilagarcía que os dous grandes proxectos presentados estexan a ser debatidos e comentados polos cidadáns e os partidos políticos.
Vilagarcía de Arousa, 26 de marzo de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, en valoracións feitas hoxe cos membros do seu equipo de campaña para as eleccións municipais, valorou o primeiro mes de traballo da súa candidatura de forma moi positiva, considerando que “estase a producir xa o debate de ideas, que para nos é o interesante”. Aproveitou tamén para facer fincapé en que “fomos os primeiros en comezar a visitar entidades, asociacións de veciños, parroquias e a todo canto veciño quere falar con nos porque esa é a nosa concepción da situación na que estamos. Queremos construir o noso proxecto cos veciños”.
Pose fixo especial incidencia nas dúas cuestións programáticas principais que avanzaron os socialistas. En primeiro lugar o plan de reutilización de espazos públicos que plantexa o establecemento dunha estación intermodal de transportes tren-autobús, liberando tanto o espazo da dársena da estación de autobuses actual, aproveitado para a necesaria ampliación do centro de A Escardia, como tamén o edificio que o alcaldable socialista ten a vontade de formular como a Casa das Asociacións dando cabida as entidades socias. Este plan permitiría liberar o actual Anexo de A Lomba, que sería o edificio destinado a unha gran biblioteca, e así poder recuperar o formato tradicional da Casa de Cultura de Rey Daviña, co seu salón de actos que os socialistas consideran “un emblema”.

Tamén a conversa de traballo de Pose co seu equipo serviu para analizar a futura xuntanza co Presidente da Autoridade Portuaria, na que o candidato socialista plantexará o interese de recuperar o proxecto de atraer para Vilagarcía un hotel de alta gama e ocupación, como elemento protagonista dun plan estratéxico para reformular o turismo como unha industria en Vilagarcía, coa creación do Patronato de Turismo, a búsqueda dunha solución para a convivencia do baño e o marisqueo na praia, a potenciación do turismo verde e o establecemento de alianzas coa comarca e con Santiago de Compostela.

Unha das cuestións máis relevantes para o candidato socialista con respecto a estes proxectos é que os diversos partidos políticos que se presentarán as eleccións están a falar, principalmente, destas ideas presentadas polos socialistas. Para Pose “esto demostra que son proxectos de calado, con visión de cidade e que todos os entenden como importantes”, pero indo máis alá considerou que “as ideas non están para que teñan pais ou nais, senón para ser feitas se son boas. Se outros partidos propoñen ideas e proxectos bos, eu como Alcalde sería o primeiro en incorporalos ás actuacións a levar a cabo. Por iso creo positivo que todos os partidos políticos estén a falar das nosas propostas”.

En preparación da vindeira semana, os socialistas quixeron anunciar a convocatoria para os actos sectorais de Sanidade e Educación, luns e mércores respectivamente as 20h no Auditorio de Vilagarcía nos que, como xa fixeron no ámbito de políticas sociais, pretenden debater con membros de propio sector as propostas para o programa de goberno.

22/3/11

Modesto Pose visita Castrogudín para entrevistarse cos veciños e recoller as súas demandas

O candidato socialista á Alcaldía estivo acompañado de varios membros da candidatura, entre eles Satiro Doval, de Castrogudín.
Os socialistas están ultimando o programa electoral, do que xa veñen avanzando proxectos importantes recentemente

Vilagarcía de Arousa, 21 de marzo de 2011.- Modesto Pose, candidato do PSdeG á alcaldía de Vilagarcía visitou onte domingo a parroquia de Castrogudín, dentro da rolda de visitas que está a realizar a todas as asocacións de veciños do municipio. Pose estivo acompañado de varios membros da candidatura socialista: Manuel R. Cuervo, Lino Mouriño, Tania García e de xeito especial por Satiro Doval, de Castrogudín e número 12 da lista do Partido Socialista, que tivo un papel protagonista na visita.

Pose aproveitou a mañana de domingo para pasear pola parroquia e consultar a moitos veciños na porta das súas casas. Outros aproveitaron para acompañar na visita á pé ao secretario provincial de Pontevedra dos socialistas, e trasladar as súas demandas e suxerencias.

Os candidatos socialistas mantiveron moitas conversas cos veciños, cos que coincidiron plenamente na necesidade de establecer canles fluídos de conversas habituais, para manter unha relación natural entre os veciños e o Concello. A este respecto Modesto Pose apuntou que “como xa vimos expresando nestes últimos tempos, a miña vontade nos vindeiros anos será facer política cos cidadáns, da súa man, e poñendo os recursos e as capacidades das institucións a traballar para que todas as parroquias, sexan cales sexan, sintan o Concello como a súa casa”.

ULTIMANDO O PROGRAMA ELECTORAL

A actividade do Partido Socialista non descansará, e esta semana os diferentes membros dos equipos que xa están a elaborar o programa electoral dende hai algunhas semanas manterán diversas xuntanzas para ultimalo. Cabe lembrar que o candidato socialista xa avanzou algunhas liñas mestras, entre elas as propostas en materia de Turismo e tamén o proxecto que os socialistas consideran dos máis ambiciosos que ten Vilagarcía no horizonte nos últimos tempos, que ten como obxectivo dotar ao municipio dunha estación intermodal de transportes, que liberaría o espacio da actual estación de autobuses para uso social e para ampliar o centro educativo A Escardia. Estes avances permitirían utilizar o actual edificio do centro Anexo A Lomba para unha necesaria biblioteca de referencia e, con isto, recuperar o formato tradicional da Casa de Cultura de Rey Daviña e o seu salón de teatro.

20/3/11

Modesto Pose presenta un ambicioso proxecto secuencial de reutilización de espazos públicos

O plan presentado dotará a Vilagarcía dunha estación intermodal de transportes e da necesaria ampiación de A Escardia.
Pose aposta tamén por unha biblioteca de referencia no actual edificio do colexio Anexo A Lomba e recuperará o formato tradicional da casa da cultura de Rey Daviña

Vilagarcía, 18 de marzo de 2011.-  Modesto Pose, candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, presentou hoxe en rolda de prensa, acompañado de Tania García e Miro Serén, un gran proxecto de reutilización de espazos públicos que melloraría os servicios de transporte, educativos e culturais de Vilagarcía.

Pose plantexou que o punto inicial deste plan pasa por reformular as estacións de transportes (tren e autobuses), aproveitando que o Ministerio de Fomento ten previsto investir na estación de tren, e construir definitivamente unha estación intermodal. Esta acollería os servicios de transportes públicos nun só centro mellorando a calidade e posibilitando, incluso, a instalación de espazos comerciales e dun grande lugar de aparcamento público. Esta reubicación da estación de autobuses liberará o edificio actual, para o que Tania García explicou que os socialistas teñen a proposta de convertir na “Casa das Asociacións, para ofrecer ao tecido asociativo, principalmente do eido social, a posibilidade de centralizar a súa actividade e constituir un lugar común de traballo”.

Pero esta idea, ademáis do valor en sí mesma, “abre a porta a avanzar en melloras educativas e culturais necesarias xa para Vilagarcía”, apuntou Pose. Foi Miro Serén o encargado de expoñer, dada a súa vinculación co eido educativo, que os terreos da actual estación de autobuses servirán para afrontar a ampliación deste centro, idea que xa introduxo na súa presentación na candidatura. “Esto permitirá facer unha referencia do único centro público do casco urbano de Vilagarcía, que pasará a ser de liña 3 e terá os servizos de calidade que merece”.

Pero ademáis, adiantaron os socialistas, que conquerir este avance suporá un pulo moi importante a nivel cultural. “A amplicación de A Escardia absorverá aos nenos e nenas que agora cursan no centro anexo A Lomba, e que serían integrados nese futuro gran centro educativo público. Con isto, quedaría liberado o edificio do actual Anexo, que os socialstas vemos como unha ideal localización para unha gran biblioteca pública”, concretou Serén.

Tanto Pose como Serén concluíron que unha biblioteca no edificio dos xardíns de doutor Fleming liberaría de espazos e ocupacións a actual Casa da Cultura de Rey Daviña, que o candidato socialista considera que é “necesario recuperar no seu formato tradicional, principalmente o salón de actos, que é unha sala ideal para actividades culturais para as que o Auditorio poida resultar grande”. Serén apostillou que, a nivel educativo, tamén “a ludoteca disporía de espazo para ser máis ampla en Rey Daviña”.

18/3/11

Modesto Pose avanza, nun concurrido e participativo debate, o proxecto de habilitar un espazo público para dependencias das asociacións e entidades sociais.

O candidato socialista á Alcaldía amosou a súa implicación coa conciliación da vida familiar e laboral co compromiso de construir unha nova gardería infantil en Vilagarcía
Pose plantexa a creación dun órgano de carácter municipal, que non supoña gasto, e que coordine o tecido asociativo social de xeito regrado e formal

Vilagarcía de Arousa, 16 de marzo de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía Modesto Pose, abriu onte martes a súa rolda de debates abertos para a elaboración do programa nun moi concorrido acto no Auditorio de Vilagarcía, ao que acudiron cerca do centenar de persoas relacionadas co tecido asociativo social.

Neste debate Modesto Pose avanzou algunhas das ideas principais que serán referencia no programa de goberno do Partido Socialista, e quixo expoñer o proxecto de habilitar un espazo público para dependencias das asociacións e entidades sociais, co obxectivo de centralizar aos colectivos do eido social e poder contribuir a optimizar os recursos que éstas poden xestionar. Pose quixo plantexar que, “por exemplo o edificio da estación de autobuses consideramos que está infrautilizado, e estamos a traballar nun gran proxecto que pode repensar a utilización deste edificio para estos usos. Neste sentido creo que o Concello ten que facer un esforzo nas súas propias competencias e nas súas demandas ante outras administracións superiores.”

Por outra banda, o debate serviu para falar da situación da conciliación da vida laboral e familiar, para o que Pose aproveitou a ocasión de lembrar que xa na presentación do membro da candidatura socialista Miro Serén, éste afrontou a vontade dos socialistas de dotar ao municipio de máis prazas de gardería. Pose foi máis alá e adquiriu o compromiso de contruir unha nova gardería municipal.

A participación no debate serviu para que os asistentes plantexaran a Pose cuestións de todo tipo, entre as que destacou a reivindicación de que este tipo de debates se repitan para fomentar o contacto das asociacións coa administración e entre sí mesmas, punto no que o candidato socialista afirmou que “xa está no noso programa, que presentaremos pronto, a creación dun órgano municipal de coordinación do tecido asociativo local, para manter constantemente o contacto e a comunicación para mellorar o funcionamento conxunto”.

Algúns dos asistentes plantexaron o seu interese polo aspecto sanitario, como servizo básico que complementa aos servicios sociais, e manifestaron o seu posicionamento coa necesidade dun centro de saúde de referencia e de calidade no centro de Vilagarcía. O acto prolongouse durante case dúas horas, e o candidato socialista comentou ao final que “debates como este amosan que os cidadáns son participativos, queren coñecer o que os responsables políticos opinan e queren debatir con eles, influir e contribuir á mellora común. E iso é política, é a nosa obligación”. Ademáis, de xeito especial, Pose considerou que “o eido social é un campo que necesita dunha especial sensibilidade das institucións cara as persoas e colectivos que chegan a onde éstas non chegan, e son indispensables hoxe en día”.

Este tipo de debates seguirán celebrándose no mesmo formato, estando fixados xa o día 28 deste mes de marzo para o debate sobre Sanidade, e o día 30 para Educación.

Modesto Pose visita Bamio e reúnese coa Asociación de Veciños para comprobar os investimentos feitos polo Concello

Os veciños trasladaron ao candidato socialista á Alcaldía as súas demandas e reivindicacións actuais

Vilagarcía de Arousa, 17 de marzo de 2011.- O secretario provincial do PSdeG de Pontevedra e candidato á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, visitou no día de onte a parroquia de Bamio, onde mantivo unha xuntanza con membros da Asociación de Veciños, acompañado dos membros da candidatura socialista Tania García, Manuel R. Cuervo e Sara Veloso, de Bamio. Pose puido constatar os investimentos levados a cabo polo Concello de Vilagarcía.

Nesta entrevista, o candidato socialista concordou cos veciños de Bamio do importante avance que supuxeron dúas das principais reivindicacións históricas do pobo de Bamio: por un lado foron as beirarrúas, que sendo competencia autonómica estiveron sen iniciar durante moito tempo ata que foron construiudas pola Xunta de Emilio Pérez Touriño. Por outra banda está a construcción do Centro Sociocultural de Bamio, levantado por parte do Concello con cargo aos fondos do Plan E posto en marcha por José Luis Rodríguez Zapatero, e que será inaugurado o vindeiro sábado, acto ao que os veciños convidaron a Modesto Pose á participar.

Os veciños de Bamio, pola súa banda, trasladaron ao alcaldable socialista algunhas das cuestións máis importantes para a parroquia, como a preocupación pola Lei de Augas da Xunta, ou algúns temas como melloras viarias como posibles rotondas na comunicación da saídas de Bamio tanto para Catoira como para Carril e a comunicación a pé con Carril e o cemiterio. Tamén falaron os veciños da posibilidade de dotar á parroquia dun atracadero ou pantalán.

15/3/11

O candidato socialista á Alcaldía, Modesto Pose, comeza una rolda de visitas ás parroquias que iniciou onte en Cornazo.

Pose percorrerá todo o municipio, para entrevistarse con todas as asociacións de veciños e colectivos
O alcadable socialista comprometeu en Cornazo a recuperación do entorno do río Lomba e estudiar posibles melloras viarias.

Vilagarcía de Arousa, 15 de marzo de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, iniciou onte en Cornazo unha rolda de visitas ás parroquias do municipio, que abre unha nova liña de entrevistas que se suma ás xuntanzas con entidades e colectivos de Vilagarcía, así como a rolda de debates abertos para a definición do programa que inicia hoxe martes no Auditorio, as 20h, coa materia de Políticas Sociais.

Na visita a Cornazo, Pose tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as reivindicacións e opinións das asociacións que participaron da xuntanza por medio de algúns dos seus representantes, como foron a Asociación de Veciños, a Asociación de Mulleres Rurais, a Comunidade de Montes, a Asociación Cultural Xeada e o Club de Fútbol San Pedro de Cornazo. A intención do candidato socialista é que nestas xuntanzas participen todos os colectivos de cada parroquia, para ofrecer os distintos puntos de vista. En representación da candidatura socialista acudiron o propio candidato, Manuel R. Cuervo, natural de Cornazo, Lino Mouriño e Fernando Quintela.

No caso de Cornazo, as asociacións presentaron as súas ideas sobre a relación entre Concello e AAVV, e posibles melloras cara o futuro, ademáis de ideas non soamente relacionadas coa súa parroquia senón co funcionamento da administración municipal. Modesto Pose comprometeuse a ter vías directas de comunicación cos veciños, o que considera “o fin último dos que adquiren responsabilidades políticas, dar servizo aos veciños e solucionar os seus problemas”.

Ademáis, de maneira concreta para Cornazo os asistentes á xuntanza coincidiron na posible mellora de algúns aspectos viarios, como son o maior control na subida e baixada da saída da circunvalación ata chegar ao centro de Vilagarcía, dado que agora aumentou de maneira importante a súa afluencia de tráfico, e facilitar na medida do posible a saída do campo de fútbol no seu acceso á carretera de Lobeira.

Pola súa banda Modesto Pose, ademáis de amosar a súa disponibilidade para resolver as cuestións que lle foron plantexadas, expuxo a súa vontade de recuperar o entorno do río Lomba, idea que foi moi ben acollida entre os que participaron da xuntanza.

Ao rematar a visita, Modesto Pose de “moi positiva a visita, xa que ninguén mellor que os veciños dun lugar para coñecer as súas demandas máis concretas e directas, que son as que, ao final, máis inflúen sobre a súa vida diaria”.



14/3/11

O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, organiza un debate aberto para definir o programa de goberno en materia de política social


O acto terá lugar mañá martes, as 20h, no Auditorio Municipal de Vilagarcía.
Están convocadas entidades do eido social, aínda que o debate é aberto á participación de calquera cidadán

Vilagarcía de Arousa, 14 de marzo de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, manterá mañá martes, as 20h nun seminario do Auditorio Municipal, unha charla e debate sobre o que será o seu programa de goberno en materia de política social. A esta actividade están convocadas asociacións e entidades de carácter social de Vilagarcía, con algunhas das cales Modesto Pose xa mantivo xuntanzas de modo particular, con fin de culminar un programa aberto e participativo. Sobre este acto, Modesto Pose apuntou que “a vontade do  Partido Socialista é facer política non para os cidadáns, senón  cos cidadáns, e por iso pretendemos facer estas xuntanzas, para que poidamos recoller e debater o que os cidadáns queren que o goberno do seu Concello faga”.

Sobre o feito de inaugurar estes debates coa materia de política social, o alcaldable socialista indicou “son as políticas sociais aquelas nas que os socialistas nos sentimos máis implicados, e que nestes tempos merecen unha maior atención. Por iso queremos amosar esta implicación iniciando esta rolda pola xuntanza sectorial nesta materia”.

Estes debates abertos para a elaboración do programa súmanse á rolda de xuntanzas que Modesto Pose está a desenvolver con distintas asociacións e entidades de Vilagarcía, de todas as áreas. Ademais esta intensa actividade verase incrementada de inmediato, dado que a previsión é que esta semana tamén o candidato inicie unha serie de visitas ás parroquias do rural, na que todos os veciños terán a oportunidade de expresar as súas inquedanzas ao candidato e ós membros da candidatura socialista, xa que todas as parroquias serán visitadas nas vindeiras semanas.

13/3/11

O candidato socialista á Alcaldía, Modesto Pose plantexa como obxectivo a recuperación do inmoble do antigo asilo para uso social

A idea é plantexada por Pose tras unha xuntanza con Cruz Vermella e a anterior visita a Cáritas
A xuntanza foi desenvolvida no albergue que a entidade dispón na súa sede de Vilagarcía, e que foi un dos temas principais da entrevista xunto cos proxectos principais desenvolvidos por Cruz Vermella hoxe en día.

Vilagarcía, 12 de marzo de 2011.- Modesto Pose, candidato do PSdeG á Alcaldía de Vilagarcía, visitou as instalacións de Cruz Vermella en Vilagarcía para coñecer as actividades e proxectos que esta entidade está a desenvolver. A secretaria da entidade a nivel provincial, María Jesús Fernández e a coordinadora comarcal de Cruz Vermella, Marian Vélez recibiron ao candidato socialista, que se fixo acompañar de Tania García, secretaria local do PSdeG de Vilagarcía e número 3 da candidatura socialista.

O albergue de Cruz Vermella foi o escenario da xuntanza, e tamén unha das cuestións tratadas de máis relevancia. As directivas da institución destacaron a importancia do albergue, e a súa utilización constante que contribúe a mellorar as posibilidades de asistencia aos máis necesitados. Todos os asistentes á xuntanza destacaron este proxecto como de vital importancia, e coincidiron na necesidade de manter o respaldo que o Concello está a ofrecer que, ademáis da participación na reforma da instalación, contribúe ao seu mantemento cunha importante axuda económica que dende Cruz Vermella consideran “imprescindible”. Pose e García reiteraron o seu compromiso con este proxecto, que foi incluído xa no programa electoral socialista de 2007, e que “dende logo non resolve por completo ningún problema, pero contribúe a axudar a que en Vilagarcía ninguén durma na rúa”, apuntou García.

Pose, pola súa banda, destacou a importancia fundamental da labor que entidades como Cruz Vermella realizan, “no estratos sociais menos favorecidos e con máis necesidades, que teñen que ser sempre un obxectivo. As sociedades evalúanse moitas veces polo seu nivel de riqueza, pero hai que valorar o nivel de avance dunha sociedade tamén pola atención que presta aos máis necesitados”.

Recuperación do antigo asilo

Despois das xuntanzas con Cáritas e Cruz Vermella, nas que as entidades plantexaron as demandas de máis espacio para o desenvolvemento de novos proxectos e actividades, o candidato socialista reflexionou sobre a casa do antigo asilo (o edificio situado entre as sedes destas dúas entidades), que pertence á Fundación Asilo-Hospitalillo, da que o Alcalde/Alcaldesa é un dos tres membros do seu padroado. Modesto Pose plantexou como obxectivo “recuperar o inmoble para a súa utilización social, o que daría moitísimas posibilidades para novos proxectos, actividades e instalacións das institucions sociais. É un obxectivo de profundo calado, e que repercutirá en mellores posibilidades de atención e servicio neste eido, que será chave na vindeira lexislatura”.

11/3/11

O candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, traballará para que Vilagarcía sexa obxeto da creación dun Hotel de alta gama.


O alcadable do PSdeG anuncia a creación do Patronato de Turismo.
Pose anuncia unha reunión, xa acordada e que sera convocada nas vindeiras semanas co Alcalde de Santiago para establecer propostas turísticas conxuntas coa capital.

Vilagarcía, 11 de marzo de 2011.- Modesto Pose presentou hoxe en rolda de prensa, acompañado do número 8 da candidatura socialista de Vilagarcía, Fernando Quintela, as liñas estratéxicas xerais do programa electoral en materia de Turismo do Partido Socialista.

Plantexou Pose que os socialistas entenden que “o Turismo en Vilagarcía non pode quedarse nunha concellería que faga xestión. Ten que ser unha aposta forte, que conciba o Turismo como unha industria que xenera emprego e actividade económica”. Para culminar esta idea, Pose considera fundamental a creación dun Patronato de Turismo, que recolla os esforzos dos sectores públicos e privados para potenciar ideas comúns e traballar nunha liña forte e conxunta en favor de Vilagarcía.

Vilagarcía é, para o candidato socialista, un punto xeográfico estratéxico de explotación turística. Así, a súa vinculación coa comarca e ría de Arousa, “coa que hai que traballar en conxunto, e non en competencia” son elementos chave da futura xestión. Tamén a tradicional relación con Santiago é básica neste plantexamento estratéxico, e para asentar esta perspectiva Pose adiantou que nas vindeiras semanas manterá unha xuntanza de traballo co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para analizar propostas conxuntas en materia turística na que Vilagarcía e Santiago, “son complementarias”, plasmou Pose.

De maneria concreta, os membros da candidatura socialista avanzaron algunhas medidas concretas que o goberno municipal levará a cabo baixo o seu mandato. Entre estas, destaca a aposta pola creación dun hotel de alta calidade, que complemente a oferta xa existente en Vilagarcía “que axudaría á ofertar a nosa cidade como lugar de congresos e eventos”. Neste sentido, e tamén pensando en eventos puntuais culturais ou deportivos, Pose plantexou a idea de firmar un convenio co ISM de Bamio, que daría a posibilidade de acoller grandes números de persoas para este tipo de actividades.

Tamén quixo destacar Pose a aposta por un “turismo verde”, coa aposta principal por poñer en valor a Illa de Cortegada, recuperada para o pobo de Carril durante esta última lexislatura, e integrala nun conxunto de propostas medioambientais que os socialistas están a estudiar para o seu programa e posterior desenvolvemento, coas rutas de senderismo ou os petroglifos de Xiabre. 

10/3/11

O fraude da fichaxe estrela do PP

A fichaxe estrela do PP, experto en temas deportivos, leva sen asistir ás reunións da Fundación de Deportes dende que foi nomeado, hai 3 anos


Vilagarcía de Arousa, 07 de marzo de 2011.- O Partido Popular de Vilagarcía ven de presentar á súa fichaxe estrela, Luis Garrigós, ao parecer experto en xestión deportiva en eventos e actividades fora de Vilagarcía. O Partido Socialista de Vilagarcía sorpréndese desta aposta de Tomás Fole, dado que o interese agora mostrado polos populares, representado na presentación do sr. Garrigós como primeiro integrante da candidatura, resulta cando menos incoherente.

O Partido Socialista quere dar a benvida a Luis Garrigós á política municipal, e confía en que a partir de agora a súa implicación co deporte municipal sexa real, e non se quede nos nomeamentos e nas apariencias. Ata o de agora, o que o deporte local sabe de Luis Garrigós é que foi nomeado representante do PP na Xunta Rectora da Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais (adxúntase acta do pleno de 28 de febreiro de 2008 – punto 3, páxina 5), pero resulta que todavía non asistiu a ningunha das xuntanzas de dito órgano. Este aparente interés no deporte local que se quixo mostrar na presentación de Luis Garrigós, enfronta coa realidade que mostra o seu traballo na FPSDM, nulo, o que deixa serias dúbidas sobre o seu compromiso real.

En todo caso, dende agora Garrigós ten unha inmellorable oportunidade para iniciar a súa presencia neste órgano, e comezar a informarse da situación do deporte en Vilagarcía, no que a FPSDM, con todos os membros que si asisten, está a traballar dende hai tempo e con moito acerto.

5/3/11

Modesto Pose visita Cáritas, ampliando a súa rolda de contactos ás entidades de carácter social

A directiva de Cáritas expoñen ao candidato socialista á Alcaldía a súa labor ante a difícil situación económica que estamos a vivir
Pose amplía aos colectivos socias a súa rolda de xuntanzas de traballo, que continuará a semana próxima con Cruz Vermella

Vilagarcía de Arousa, 05 de marzo de 2011.- O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, visitou as instalacións de Cáritas en Vilagarcía. A visita serviu para manter unha xuntanza coa directiva da entidade social, que lle transmitiu a Pose a súa visión sobre a situación actual de Vilagarcía e a importancia da súa labor. Modesto Pose foi acompañado na visita pola Secretaria Xeral do PSdeG en Vilagarcía e número 3 da candidatura socialista ás vindeiras eleccións municipais, Tania García, traballadora social e membro do equipo de voluntariado de Cáritas. 

Durante a xuntanza, conveniuse na necesidade de implementar a coordinación dos esforzos de todas as entidades de ámbito social da localidade, e incidiuse na necesidade de reforzar os recursos para as persoas en situación de risco ou exclusión social. Os socialistas recolleron as propostas da directiva de Cáritas e coincidiron na importancia da posta en funcionamento do albergue para persoas sen fogar, proxecto xa feito realidade polo Goberno local e que foi unha das grandes apostas dos socialistas para o seu programa de goberno en 2007.

Para Modesto Pose, "a labor que desenvolven as entidades sociais, sendo Cáritas un exemplo modelo, resulta sempre fundamental, pero aínda o é máis dados os tempos que vivimos. Realmente, sen a labor desinteresada de tanta xente, e a súa vontade de traballo para os demáis, estaríamos nunha situación moito máis grave". 

Esta visita forma parte da rolda de contactos que o candidato socialista iniciou con diferentes entidades de Vilagarcía, comenzada no eido sindical e patronal e continuada coa xuntanza de traballo coa asociación de hosteleiros (e coa xuntanza que a vindeira semana manterá con Zona Aberta). Esta liña de entrevistas amplíase agora ás asociacións e entidades de carácter máis social como Cáritas ou Cruz Vermella, á que visitará a semana próxima, así como demáis colectivos deste campo cos que está previsto contactar para coñecer as súas aportacións.