Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

10/3/11

O fraude da fichaxe estrela do PP

A fichaxe estrela do PP, experto en temas deportivos, leva sen asistir ás reunións da Fundación de Deportes dende que foi nomeado, hai 3 anos


Vilagarcía de Arousa, 07 de marzo de 2011.- O Partido Popular de Vilagarcía ven de presentar á súa fichaxe estrela, Luis Garrigós, ao parecer experto en xestión deportiva en eventos e actividades fora de Vilagarcía. O Partido Socialista de Vilagarcía sorpréndese desta aposta de Tomás Fole, dado que o interese agora mostrado polos populares, representado na presentación do sr. Garrigós como primeiro integrante da candidatura, resulta cando menos incoherente.

O Partido Socialista quere dar a benvida a Luis Garrigós á política municipal, e confía en que a partir de agora a súa implicación co deporte municipal sexa real, e non se quede nos nomeamentos e nas apariencias. Ata o de agora, o que o deporte local sabe de Luis Garrigós é que foi nomeado representante do PP na Xunta Rectora da Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais (adxúntase acta do pleno de 28 de febreiro de 2008 – punto 3, páxina 5), pero resulta que todavía non asistiu a ningunha das xuntanzas de dito órgano. Este aparente interés no deporte local que se quixo mostrar na presentación de Luis Garrigós, enfronta coa realidade que mostra o seu traballo na FPSDM, nulo, o que deixa serias dúbidas sobre o seu compromiso real.

En todo caso, dende agora Garrigós ten unha inmellorable oportunidade para iniciar a súa presencia neste órgano, e comezar a informarse da situación do deporte en Vilagarcía, no que a FPSDM, con todos os membros que si asisten, está a traballar dende hai tempo e con moito acerto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario