Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

31/3/11

Modesto Pose reitera o compromiso de ampliar o centro de A Escardia e construir un novo colexio en Carril, nun debate aberto en materia de educación que reúne a 150 persoas no Auditorio


O candidato socialista confirma tamén o seu proxecto da construcción dunha nova gardería municipal en Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa, 31 de marzo de 2011.- O Partido Socialista de Vilagarcía deu un paso máis na liña de traballo da celebración de debates abertos por sectores temáticos, e no día de onte reuniu no Auditorio a 150 persoas para debater sobre as propostas principais dos socialistas en materia de Educación. O debate contou coa presencia do candidato á Alcaldía Modesto Pose, como así será en todos os que se realicen, e coa participación principal de Miro Serén, director do CEIP “O Piñeiriño” e membro da candidatura socialista ás eleccións municipais, e de Susana Camiño, tamén candidata socialista ás eleccións e actual concelleira de Educación.

Neste concorrido debate, Pose plantexou as que son as principais propostas en materia educativa para a vindeira lexislatura municipal, e que foron recollidas con satisfacción polos asistentes:
1. A ampliación do CEIP “A Escardia”, incluida dentro do ambicioso plan de reutilización de espazos públicos que os socialistas presentaron hai dúas semanas e que está a ter unha grande acollida. Esta ampliación dotará ao centro de A Escardia da capacidade dun centro “liña 3“ (3 aulas por curso, fronte a 1 soa como agora – liña 1), e poderá acoller a aproximadamente 600 nenos e nenos, fronte aos 225 actuais.
2. A construcción dun novo colexio en Carril, debido ás carencias que presenta o actual e a constante desidia que mostra a Xunta de Galicia no seu arranxo.
3. A construcción dunha nova gardería municipal en Vilagarcía, considerando a alta demanda existente no municipio e a baixa capacidade de oferta na actualidade. “A nosa aposta decidida pola conciliación da vida laboral e familiar, e en xeral da calidade de vida para os vilagarciáns, ten que levar consigo decisións coma esta que podo garantir que se levarán a cabo”.

“Estas tres propostas”, apuntou Pose, “son necesidades que Vilagarcía merece arranxar. Eu ofrezo o meu compromiso de que dende o Goberno de Vilagarcía, estableceremos a xestión política necesaria para levar a cabo estes proxectos”. Serén e Camiño reforzaron a mesma idea de Pose, reiterando a importancia destas medidas. “A ampliación de A Escardia solventará un problema do centro de Vilagarcía, que conta cun só centro público, que ademáis e só de liña 1. Esta é unha situación que é preciso corrixir” sinalou Miro Serén. Camiño lembrou que ante a necesidade de ampliar o centro de A Escardia, “o Xefe Territorial de Educación da Xunta comprometeuse nunha xuntanza conmigo, nun acordo que logo fixemos público os dous, a iniciar esta ampliación se Vilagarcía poñía a disposición os terreos. Nos poremos a nosa parte, e así podemos dar por feito o compromiso.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario