Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

20/3/11

Modesto Pose presenta un ambicioso proxecto secuencial de reutilización de espazos públicos

O plan presentado dotará a Vilagarcía dunha estación intermodal de transportes e da necesaria ampiación de A Escardia.
Pose aposta tamén por unha biblioteca de referencia no actual edificio do colexio Anexo A Lomba e recuperará o formato tradicional da casa da cultura de Rey Daviña

Vilagarcía, 18 de marzo de 2011.-  Modesto Pose, candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, presentou hoxe en rolda de prensa, acompañado de Tania García e Miro Serén, un gran proxecto de reutilización de espazos públicos que melloraría os servicios de transporte, educativos e culturais de Vilagarcía.

Pose plantexou que o punto inicial deste plan pasa por reformular as estacións de transportes (tren e autobuses), aproveitando que o Ministerio de Fomento ten previsto investir na estación de tren, e construir definitivamente unha estación intermodal. Esta acollería os servicios de transportes públicos nun só centro mellorando a calidade e posibilitando, incluso, a instalación de espazos comerciales e dun grande lugar de aparcamento público. Esta reubicación da estación de autobuses liberará o edificio actual, para o que Tania García explicou que os socialistas teñen a proposta de convertir na “Casa das Asociacións, para ofrecer ao tecido asociativo, principalmente do eido social, a posibilidade de centralizar a súa actividade e constituir un lugar común de traballo”.

Pero esta idea, ademáis do valor en sí mesma, “abre a porta a avanzar en melloras educativas e culturais necesarias xa para Vilagarcía”, apuntou Pose. Foi Miro Serén o encargado de expoñer, dada a súa vinculación co eido educativo, que os terreos da actual estación de autobuses servirán para afrontar a ampliación deste centro, idea que xa introduxo na súa presentación na candidatura. “Esto permitirá facer unha referencia do único centro público do casco urbano de Vilagarcía, que pasará a ser de liña 3 e terá os servizos de calidade que merece”.

Pero ademáis, adiantaron os socialistas, que conquerir este avance suporá un pulo moi importante a nivel cultural. “A amplicación de A Escardia absorverá aos nenos e nenas que agora cursan no centro anexo A Lomba, e que serían integrados nese futuro gran centro educativo público. Con isto, quedaría liberado o edificio do actual Anexo, que os socialstas vemos como unha ideal localización para unha gran biblioteca pública”, concretou Serén.

Tanto Pose como Serén concluíron que unha biblioteca no edificio dos xardíns de doutor Fleming liberaría de espazos e ocupacións a actual Casa da Cultura de Rey Daviña, que o candidato socialista considera que é “necesario recuperar no seu formato tradicional, principalmente o salón de actos, que é unha sala ideal para actividades culturais para as que o Auditorio poida resultar grande”. Serén apostillou que, a nivel educativo, tamén “a ludoteca disporía de espazo para ser máis ampla en Rey Daviña”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario