Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

18/3/11

Modesto Pose avanza, nun concurrido e participativo debate, o proxecto de habilitar un espazo público para dependencias das asociacións e entidades sociais.

O candidato socialista á Alcaldía amosou a súa implicación coa conciliación da vida familiar e laboral co compromiso de construir unha nova gardería infantil en Vilagarcía
Pose plantexa a creación dun órgano de carácter municipal, que non supoña gasto, e que coordine o tecido asociativo social de xeito regrado e formal

Vilagarcía de Arousa, 16 de marzo de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía Modesto Pose, abriu onte martes a súa rolda de debates abertos para a elaboración do programa nun moi concorrido acto no Auditorio de Vilagarcía, ao que acudiron cerca do centenar de persoas relacionadas co tecido asociativo social.

Neste debate Modesto Pose avanzou algunhas das ideas principais que serán referencia no programa de goberno do Partido Socialista, e quixo expoñer o proxecto de habilitar un espazo público para dependencias das asociacións e entidades sociais, co obxectivo de centralizar aos colectivos do eido social e poder contribuir a optimizar os recursos que éstas poden xestionar. Pose quixo plantexar que, “por exemplo o edificio da estación de autobuses consideramos que está infrautilizado, e estamos a traballar nun gran proxecto que pode repensar a utilización deste edificio para estos usos. Neste sentido creo que o Concello ten que facer un esforzo nas súas propias competencias e nas súas demandas ante outras administracións superiores.”

Por outra banda, o debate serviu para falar da situación da conciliación da vida laboral e familiar, para o que Pose aproveitou a ocasión de lembrar que xa na presentación do membro da candidatura socialista Miro Serén, éste afrontou a vontade dos socialistas de dotar ao municipio de máis prazas de gardería. Pose foi máis alá e adquiriu o compromiso de contruir unha nova gardería municipal.

A participación no debate serviu para que os asistentes plantexaran a Pose cuestións de todo tipo, entre as que destacou a reivindicación de que este tipo de debates se repitan para fomentar o contacto das asociacións coa administración e entre sí mesmas, punto no que o candidato socialista afirmou que “xa está no noso programa, que presentaremos pronto, a creación dun órgano municipal de coordinación do tecido asociativo local, para manter constantemente o contacto e a comunicación para mellorar o funcionamento conxunto”.

Algúns dos asistentes plantexaron o seu interese polo aspecto sanitario, como servizo básico que complementa aos servicios sociais, e manifestaron o seu posicionamento coa necesidade dun centro de saúde de referencia e de calidade no centro de Vilagarcía. O acto prolongouse durante case dúas horas, e o candidato socialista comentou ao final que “debates como este amosan que os cidadáns son participativos, queren coñecer o que os responsables políticos opinan e queren debatir con eles, influir e contribuir á mellora común. E iso é política, é a nosa obligación”. Ademáis, de xeito especial, Pose considerou que “o eido social é un campo que necesita dunha especial sensibilidade das institucións cara as persoas e colectivos que chegan a onde éstas non chegan, e son indispensables hoxe en día”.

Este tipo de debates seguirán celebrándose no mesmo formato, estando fixados xa o día 28 deste mes de marzo para o debate sobre Sanidade, e o día 30 para Educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario