Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

10/8/15

PROPOSTA DE PACTO DE ORGANIZACIÓN DO CONCELLO

En sintonía co noso compromiso de transparencia coa cidadanía de Vilagarcía, facemos pública a proposta de organización remitida aos restantes grupos políticos da Corporación.

PROPOSTA DE PACTO DE ORGANIZACIÓN DO CONCELLO

Aínda cando os acordos, directivas, leis, decretos, recomendacións e ata códigos éticos sobre a Administración Local emanadas dende o Consello de Europa, o Goberno do Estado, as Autonomías e as federacións de municipios dan por suposto que os concellos deben ter políticos con dedicación exclusiva e cargos da súa confianza, para realizar tarefas distintas ás adscritas normalmente ao persoal funcionario, o certo é que delimitar o número de liberacións e de contratos eventuais e, sobre todo, a súa remuneración non está exenta de polémica, provocando así numerosas contradicións que non sempre son ben entendidas pola cidadanía.

Partindo do marco legal existente e da experiencia propia do Concello e doutros a nivel comarcal, autonómico e estatal, cómpre formular unha proposta de pacto que evite que cada catro anos se produza o mesmo debate coas mesmas contradicións.

MARCO LEGAL
O artigo 75 da Lei de Bases de Réxime Local establece que “los miembros de las Corporaciones locales percibirán retribuciones por el ejercicio de sus cargos cuando los desempeñen con dedicación exclusiva, en cuyo caso serán dados de alta en el Régimen general de la Seguridad Social, asumiendo las Corporaciones el pago de las cuotas empresariales que corresponda”.

No artigo 75 bis establécese que serán os Presupostos Xerais do Estado os que fixen o límite máximo legal, partindo do baremo dun Secretario de Estado. No caso de Vilagarcía –municipio de entre 20.000 a 50.000 habitantes- sinálase que ese máximo será –disposición Nonagésima da citada lei- de 55.000 euros. Segundo o informe da FEMP sobre a aplicación da Disposición Adicional Nonagésima en la Ley 22/2013, de 27 de decembro de 2013, de racionalización y sostenibilidad de la Administración Local, “este límite no incluye ni las cuotas a la Seguridad Social a cargo de la Corporación ni las indemnizaciones por los gastos efectivos ocasionados en el ejercicio de su cargo”. A proposta actual para o pleno organizativo de Vilagarcía é de 48.000 euros.

En canto ao número de concelleiros con dedicación exclusiva–art. 75ter.1.K da Lei de Bases- sinálase que “en los Ayuntamientos de municipios con población comprendida entre 35.001 e 50.000 habitantes, los miembros que podrán prestar sus servicios en régimen de dedicación exclusiva no excederá de once”. A proposta actual para Vilagarcía é de cinco –5- (incluído o alcalde), é dicir, menos da metade prevista pola lexislación.

Por lo que respecta ao persoal de confianza, a propia Lei de Bases recoñece a súa existencia e mesmo necesidade ao indicar que (art. 89) que “el personal al servicio de las Entidades Locales estará integrado por funcionarios de carrera, contratados en régimen de Derecho laboral y personal eventual que desempeña puestos de confianza o asesoramiento especial”. Son varios os artigos da Lei que se refiren a eses mesmos postos, pero cabe subliñar o 104.bis no que, como no caso das remuneracións dos concelleiros, tamén se trata de fixar uns límites a ese tipo de contratos na administracións locais. Así, no caso de Vilagarcía, por ser un municipio de entre 20.000 e 50.000 habitantes, podería incluír no seu plantel “puestos de trabajo eventual por un número que no podrá exceder de siete”. Para o pleno organizativo a proposta é de dous (2), nin sequera un terzo do permitido legalmente, e para postos con longa tradición no propio concello: o de secretario do alcalde e o de director de actividades deportivas, existente dende a mesma creación da Fundación de Deportes, e mantido no tempo con gobernos de distinto signo e mesmo en coalición.

Cabe lembrar que a definición do “persoal de confianza” está recollida pola Lei de Bases e polo Estatuto Básico do Empregado Público e ratificada pola sentenza do Tribunal Supremo de 25 de abril de 2008, que textualmente di: “Se trata de tareas de colaboración inmediata con quienes ostentan el poder de superior decisión política, en las que predominan las notas de afinidad y proximidad política que es inherente a la confianza”.

Nun e noutro caso –concelleiros e persoal eventual-, ambos están suxeitos á Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, que, no seu artigo 8, sobre “Información económica, presupuestaria y estadística”, di que é obrigatoria a publicación de:

“f) Las retribuciones percibidas anualmente por los altos cargos y máximos responsables de las entidades incluidas en el ámbito de la aplicación de este título. Igualmente, se harán públicas las indemnizaciones percibidas, en su caso, con ocasión del abandono del cargo.

h) Las declaraciones anuales de bienes y actividades de los representantes locales, en los términos previstos en la Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local. Cuando el reglamento no fije los términos en que han de hacerse públicas estas declaraciones se aplicará lo dispuesto en la normativa de conflictos de intereses en el ámbito de la Administración General del Estado. En todo caso, se omitirán los datos relativos a la localización concreta de los bienes inmuebles y se garantizará la privacidad y seguridad de sus titulares”.

A POSTURA DA FEMP E DA FEGAMP
Partindo da evidencia de que “en un contexto económico, social y político en el que la ciudadanía manifiesta un alto grado de desconfianza respecto de la política, las instituciones y los responsables públicos”, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), á que pertence Vilagarcía, aprobou un “Código de Bo Goberno Local”. O texto foi elaborado por un grupo de traballo integrado, ademais de por técnicos de distintos concellos de España, por representantes de todos os partidos con representación na Comisión Executiva da FEMP: PP, PSOE, IU, CIU e PAR.

O Código Ético, aprobado en 2009 e modificado en xuño de 2015 para adaptalo á nova Lei de Transparencia e Bo Goberno, tivo en conta as recomendacións do Consello de Europa. Con relación á remuneración dos cargos públicos no eido local, o Código Ético –aprobado por unanimidade de todos os partidos representados na Comisión Executiva e refrendado polo Consello Federal da FEMP- di o seguinte:

-       Desde el respeto a la autonomía local, las retribuciones de los representantes de los Gobiernos Locales deben responder a criterios objetivos tales como la población, el presupuesto o la situación financiera municipal

-       Igualmente deberá establecerse una relación de Concejales de gobierno y oposición con retribución y dedicación plena en función de los mismos criterios.

-       Se recomienda la dedicación exclusiva de los alcaldes y alcaldesas de los Municipios de más de dos mil habitantes.

-       Las cuantías retributivas se fijarán partiendo de unos baremos que utilizarán, como límites y criterios comparativos, el régimen retributivo de cargos públicos de otras instituciones y/o funcionarios públicos que desempeñen cargos de similar responsabilidad ya sea en el ámbito local, estatal o autonómico”.

No mesmo texto, e para garantir a labor de oposición e cumprir coas normas de transparencia e participación cidadá, se asume que “los diversos grupos políticos dispondrán en las dependencias municipales de un despacho o local para reunirse e recibir visitas, poniendo el alcalde o alcaldes a su disposición los medios materiales y humanos que permita el Presupuesto”.

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), á que tamén pertence o Concello de Vilagarcía, puxo en marcha un proceso para tratar de establecer un baremo que marque de maneira clara os límites retributivos. Ese proceso aínda está inconcluso, pero xa se deron a coñecer algunhas claves; por exemplo que para os municipios de menos de dous mil habitantes a remuneración do alcalde debe ser comparable ao dun xefe de sección da administración, é dicir, arredor de 34.000 euros. Parece evidente que establecendo ese baremo aos distintos tramos de poboación, a proposta final da Fegamp para un municipio como o de Vilagarcía vai estar máis ben preto dos límites fixados polos Presupostos do Estado para os concellos de 35.000 a 50.000 habitantes.

A POSTURA DOS PARTIDOS
Como a FEMP recoñece no preámbulo do seu Código Ético, tamén os partidos a título individual tratan de poñer límites aos gastos denominados de “órganos de goberno”. En xeral, todos están de acordo en que é preciso “dignificar” a xestión política con salarios que permitan a participación da cidadanía nos asuntos públicos. Algúns partidos incluso levaron este asunto ao seu Programa Marco para as últimas eleccións locais, é o caso de Izquierda Unida, que no seu punto 3 (“Medidas contra la corrupción”) expresamente di: “Los salarios de los representantes electos no pueden exceder al del funcionario de rango más alto de la administración en la que ejerce su labor”.  No mesmo Programa Marco, e con respecto aos contratos eventuais, este partido avoga pola “limitación en el número de asesores y de cargos de confianza política y transparencia en los nombramientos y en sus retribuciones”. “Limitar” en ningún caso é “eliminar” e é ben coñecido que calquera concello do España con presuposto e poboación similar á Vilagarcía, incluso moi inferior, dispón de cargos de confianza, sexa o goberno da cor que sexa, e mesmo incluso para os grupos da oposición.

En canto á estruturación do número de concellerías “liberadas” e cargos eventuais, parece evidente que debe ser o goberno quen defina as súas, dentro dos límites que establece a lei. Así se admitiu, por poñer un exemplo ben preto, no de Pontevedra, onde o Partido Popular anunciou a súa abstención nese punto porque “es una cuestión del equipo de gobierno”. (FV, 18 de xuño de 2015).

A SITUACIÓN EN VILAGARCÍA NO SEU CONTEXTO

Unha sinxela análise dos datos comparativos de Vilagarcía de Arousa con outros municipios de España de similares características poboacionais deixa ben ás claras a situación anómala que se está a vivir. Porque si se utilizan os criterios que marca a lei e recomenda a propia Federación de Municipios e Provincias co respaldo unánime de todos os partidos, é dicir, poboación, presuposto e situación financiera municipal, vese que a proposta de gastos da corporación de Vilagarcía (o 1,5% de 26.000.000 de euros) é máis que razoable respecto doutros concellos da súa categoría ou incluso superior:



















Como se pode comprobar, os gastos de “órganos de goberno” –que inclúen tamén os de asistencia a plenos e comisións e as asignacións a todos os grupos- son en Vilagarcía a menos da metade do que o supón en Pontevedra (BNG) ou Teruel (PP)  ou un terzo de El Prat de Llobregat (IU).

No caso do persoal eventual, ou de “confianza”, a comparativa tamén é favorable a Vilagarcía de Arousa: en Rivas ou El Prat (IU) ou na Coruña (Mareas) hai sete veces máis persoal de confianza; en Pontevedra (BNG), cinco veces máis, e en Oleiros (Alternativa Veciñal), tres veces máis.

PERSOAL EVENTUAL
COMPARATIVA VILAGARCÍA – CONCELLOS ESPAÑA
Concello
Goberno
Nº “confianza”
A Coruña
Marea Atlántica
13.5
Rivas Vaciamadrid
IU
14
Prat de Llobregat
IU
14
Pontevedra
BNG
10
Zamora
IU
9
Oleiros
AV
7
Ronda
PP
7
Basauri
PNV
2
Vilagarcía (*)
PSOE
2
* Segundo a proposta feita polo actual goberno

Cabe, por último, realizar unha última comparativa: a de Vilagarcía de Arousa respecto dos concellos da comarca que lidera:




COMPARATIVA CONCELLO DE VILAGARCÍA – CONCELLOS DO SALNÉS
Concello
Gobº / Partido
Poboación
Salario Alcalde
Custe/Hab
Illa de Arousa
PSOE
5.006
44.800
8.94€
Meis
PP
5.033
45.000
8.94€
Meaño
PP
5.428
43.000
7.92€
Vilanova de A.
PP
10.459
50.000
4.78€
Ribadumia (*)
IR
5.103
20.500
4.02€
Cambados
PSOE
13.399
40.000
2.96€
O Grove
PSOE
10.851
45.000
2.39€
Vilagarcía (**)
PSOE
37.712
48.000
1.27€
*Só a media xornada.
**Segundo a proposta feita polo actual goberno

Os resultados de comparar Vilagarcía coa comarca son evidentes e unha demostración máis da anomalía que se vive no concello cabeceira: non é doado explicar, e menos entender, que con circunstancias económicas e sociais similares e aplicando os mesmos criterios –poboación, presuposto, situación financieira- se poida chegar á conclusión de que o salario de alcalde de Vilagarcía debe ser sensiblemente inferior ao de concellos aos que triplica, cuadruplica e ata septuplica. Os números son ben claros: aínda cun salario como o proposto -48.000 euros brutos- o alcalde de Vilagarcía –con independenza do seu nome ou partido- o custe para os veciños é notablemente inferior ao de calquera outro rexedor da comarca.

PROPOSTA DE PACTO PARA O FUTURO
Tendo en conta a lexislación vixente, as recomendacións da FEMP e FEGAMP e a experiencia de Vilagarcía, pero tamén do contexto que atinxe aos concellos da súa categoría, propoñemos:

-     O pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa aprobará un límite de gasto para “órganos de goberno” que non excederá, de partida, do 1,5% do actual presuposto, tendo en conta, en todo caso, os límites marcados pola lei en canto a remuneración máxima do alcalde/sa e os concelleiros con dedicación exclusiva e o número de cargos eventuais de confianza.

-         A distribución dese presuposto será decidida polo goberno que corresponda en cada momento. De igual xeito se produciría no caso de que un ou varios grupos da oposición tiveran unha asignación para o desenvolvemento das súas tarefas.

-         Posto que os cargos adscritos a “órganos de goberno” pasarán a formar parte, mentres dure o mandato, do persoal ao servizo da Entidade Local tamén o seu salario variará en función da situación do persoal funcionario ou laboral, é dicir, subirá, baixará ou se conxelará do mesmo xeito que se aprobe para o resto do persoal do Concello.

-       A proposta de destinar inicialmente o 1,5% do presuposto inicial poderá variarse se así o decide a Corporación, por exemplo se, chegado o caso, se acorda que tamén os grupos da oposición teñan concelleiros con dedicación exclusiva ou parcial ou persoal eventual, como suxire o Código Ético aprobado por todos os grupos políticos da Femp, prevé a propia lexislación ou é común na inmensa maioría dos concellos de poboación e presuposto similar ao de Vilagarcía de Arousa.

-      A participación dos diversos grupos políticos nos órganos de representación –consellos, fundacións, consorcios, mancomunidades, etcétera- se realizará de xeito estritamente proporcional ao resultado electoral e, polo tanto, á súa presenza no pleno da Corporación.

-         De acordo coa Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e o Código Ético de Bo Goberno da FEMP, o Concello publicará na súa páxina web tanto as declaracións anuais de bens e actividades como as retribucións percibidas polos seus representantes políticos e cargos eventuais.


-       Para facilitar a labor da fiscalización, todos os grupos políticos con presenza na Corporación disporán dun local nas propias dependencias municipais, dotado do mobiliario correspondente, teléfono e aceso a internet, onde poidan reunirse e recibir aos cidadáns. Chegado o caso, poderían ter persoal –sexa do concello ou eventual ou de confianza- adscrito ao seu grupo.