Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

23/2/10

Comunicado Centro de Saúde II

Continúa a serie de excusas baratas da Consellería para non construír un centro de saúde en Vilagarcía

O Partido Socialista aposta pola construción dun centro de saúde para todos os vilagarciáns, ben situado, ben comunicado e dotado dos mellores medios.


Resulta sorprendente a actitude que está a amosar a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas, cuia política sanitaria pretende deixar a Vilagarcía no caixón do olvido. Despois do baile de aparicións públicas sobre o Hospital do Salnés, nos que se presenciou un desembarco de cargos do PP no centro de Ande para inaugurar unha terceira planta que non querían, que non construiron, que todavía están a terminar e que manteñen pechada, agora a Conselleira continúa coa súa errática xestión no que se refire ás necesidades sanitarias básicas de Vilagarcía.


A Conselleira plantexa a ocurrencia de construir un centro de saúde en Vilaxoán, sen existir nin terreos para elo nin sequera ningunha consulta sobre a disponibilidade destes co Concello de Vilagarcía. Con este plantexamento de inicio resulta irrisorio que a Consellería pretenda presentar esta idea como unha alternativa real. O que sí é unha realidade é que existe un convenio asinado entre a Consellería de Sanidade e a Autoridade Portuaria con respecto aos céntricos terreos da antiga Comandancia de Marina. As recentes declaracións da Consellería sobre a falta de validez dos acordos tomados a este respecto polas distintas institucións, amosan unha ignorancia inexcusable e impropia da súa responsabilidade. A Ley de Puertos del Estado outorga a competencia á Autoridade Portuaria para a cesión de terreos para uso en beneficio social, como é o caso. Por esta vía cedéronse xa no seu día os terreos para o Auditorio, a subsede de Bombeiros ou o Centro de Tecnificación de Vela sen necesidade de autorización última do Ministerio de Fomento, como erróneamente apunta a Conselleira.


Os socialistas defendemos a ubicación do futuro centro de saúde na antiga Comandancia. Consideramos que os avances feitos ata o de agora non poden ser ninguneados pola actual Consellería, pois o Concello de Vilagarcía ten toda a lexitimidade para decidir a ubicación das instalacións que lle darán servicio. O ambulatorio de San Roque quedouse xa pequeno, e os vilagarciáns necesitan un novo centro dotado dunhas modernas instalaciónes, medios e recursos axeitados. Na antiga Comandancia, o futuro centro quedará ben comunicado, con proximidade a bolsas de aparcamento, con comunicación co transporte público e equidistante dos distintos lugares de Vilagarcía.


Pedímoslle aos responsables do PP en Vilagarcía que obren en beneficio dos seus veciños, sen defensas partidistas, e se sumen á petición dun novo centro de saúde moderno, amplio, ben comunicado e funcional para todos os vilagarciáns.

20/2/10

Comunicado Centro de saúde

A Conselleira de Sanidade busca excusas para non construír un centro de saúde en Vilagarcía
Os terreos da antiga Comandancia están dispostos para iniciar o proceso
A deputada do PP, Marta Rodríguez, acude aos ataques persoais para non dar explicacións sobre a súa postura

Vilagarcía de Arousa, 20 de febrero de 2010.-Ante a postura tomada pola Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, sobre a construción dun futuro centro de saúde en Vilagarcía, e as recentes e desafortunadas declaracións da deputada do PPdeG Marta Rodríguez, o Partido Socialista de Vilagarcía quere manifestar a súa postura de acordo co Goberno Local de Vilagarcía.

O edificio da antiga Comandancia de Marina resulta unha oportunidade única para a construción dun novo centro de saúde na nosa vila. Os socialistas apostamos por un centro de referencia, e nese sentido fixéronse as xestións oportunas entre o Concello de Vilagarcía, a Autoridade Portuaria e a Xunta de Galicia presidida por Emilio Pérez Touriño para ceder ditos terreos. Resulta facilmente comprensible que ese emprazamento é ideal para a construción do futuro centro, e que as recentes desviacións da Conselleira de Sanidade responden á vontade real do PP de non realizar ningunha intervención en Vilagarcía para mellorar o sistema sanitario público dos veciños.

O PP pretende agora substituir o plan de construír un centro referente, ben comunicado, con facilidade de aparcamento, con comodidade para os usuarios e o persoal por un chiringuito encaixonado, sen garantir a calidade que ofrece a opción xa proposta e sen ninguna previsión de futuro. Para iso resulta sorprendente que tendo uns terreos xa propostos e dispostos para a construción, a Consellería empéñase agora en que o Concello busque outros terreos. Excusas baratas de mal pagador para non realizar un centro de saúde en Vilagarcía.

Triste resulta que a deputada do PPdeG, Marta Rodríguez, entre nesta espiral de delirio provocada pola Conselleira Pilar Farjas, e non dubide en basear as súas intervencións públicas en descalificacións e ataques persoais. Por moito que Marta Rodriguez pretenda escabullir a súa responsabilidade e a do seu partido político, a única verdade deste asunto e que a Consellería ten a súa disposición uns terreos para construír un novo centro, un Concello disposto a colaborar neste proceso e unha cidadanía esperando a que se leve a cabo. Tócalle ao PP amosar se o seu apoio á sanidade pública en Vilagarcía e no Salnés é real ou, sen embargo, pretende apostar unha vez máis pola política da foto como xa fixeron inaugurando a terceira planta do Hospital que, a día de hoxe, segue pechada e sen funcionar.

19/2/10

Inauguración da humanización do centro de Vilagarcía

A cidade de Vilagarcía inaugurou nos ultimos días a rúa Rei Daviña, unha das principais arterias da cidade, no seu novo modelo de rúa para uso e e disfrute das persoas.
Esta idea está enmarcada dentro do proxecto de humanización da nosa vila, pensando na utilidade e no respecto ao medioambiente. Rei Daviña é, sen ningunha dúbida, o mascarón de proa deste concepto que en Vilagarcía, seguindo un modelo progresista de cidade, o Concello está a promover.

As actuacións nas ARI de Carril e Vilaxoán, e os novos proxectos de humanización do entorno de Ravella e da rúa Castelao, contribuirán a cambiar a vida cidadán de Vilagarcía, cara un modelo máis pensado para as persoas que para os automóbles, un modelo que prime o respecto ao medioambiente, un modelo pensado para fomentar as relacións veciñais e persoais, para favorecer a todos  e a todas e para promover unha nova Vilagarcía na que os protagonistas sexan os veciños.

A inauguración da nova Rei Daviña formalizouse nun acto festivo, rematado cun emotivo discurso da nosa Alcaldesa Dolores García, que lembrou a importancia desta rúa na Historia de Vilagarcía, e cunha actuación da Banda de Música Municipal.



Curso de Formación do PSdeG en Vilagarcía

A Escola de Formación Francisco Fernández, impulsada polo PSdeG a nivel autonómico, iniciou este ano unha serie de cursos orientados á formación da militancia.

Nesta serie de cursos, Vilagarcía acolleu o pasado sábado día 20 de febreiro a partires das 10 da mañá o Curso Básico de Política Municipal, que se celebrou na sede do partido.

PROGRAMA E POÑENTES:
  • Réxime de funcionamento dun concello. José Arcos
  • Xestión orzamentaria. Xaquín Fernández Leiceaga
  • Xestión de persoal. Miguel Diéguez
  • Estratexia política: da oposición ao goberno. José Manuel Freitas
  • Experiencias de xestión municipal. Francisco Fraga Civeira
  • Políticas socialistas nos concellos. Mar Barcón e Carlos Fernández Castro

A celebración do curso incluíu unha comida conxunta entre os participantes, que continuaron a xornada en sesión de tarde, rematando o curso ás 19:30 h.

Dende a agrupación de Vilagarcía celebramos estas iniciativas e, de xeito especial, que se realicen na nosa vila e invitamos unha vez máis a toda a militancia a participar activamente nas actividades que se organicen.

11/2/10

Enquisa Eleccións Municipais 2011

 
Enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia.
Fuente Gráficos: La Voz de Galicia. Publicación 07/02/10

O día 7 de febreiro, La Voz de Galicia publicou a primeira das enquisas sobre as vindeiras eleccións municipais do ano 2011. O traballo inclúe as oito principais cidades de Galicia, e  é precisamente esta inclusión de Vilagarcía un dato que dende esta agrupación consideramos moi positivo. Estes aspectos son os que sitúan a Vilagarcía entre as grandes cidades de Galicia.

Achéganse aquí o extracto dos resultados ofrecidos por La Voz, tanto no que respecta á estimación de resultado en porcentaxe de voto e dos concelleiros resultantes de esa estimación como da valoración e nivel de coñecemento dos líderes dos grupos políticos con representación no Pleno da Corporación de Vilagarcía.

Javier Gago: Presidente de Remolques Marítimos S.A.


O compañeiro da agupación, Javier Gago, foi nomeado nas últimas datas Presidente da empresa pública Remolques Marítimos S.A., dependente da Dirección Xeral de Marina Mercante do Ministerio de Fomento.

Este novo nomeamento desprazará ao ex-alcalde a Madrid, despois de que hai dez anos exercera como deputado nas Cortes.

A Comisión Executiva Municipal quere manifestar o seu apoio e o seu mellor desexo ao compañeiro Javier Gago, que de seguro levará a cabo o seu traballo coa eficacia na xestión que xa  amosou ao longo de moitos anos na administración pública, e a súa satisfacción pola elección dun compañeiro desta agrupación para responsabilidades nese ámbito. Desexámoslle moita sorte no seu novo empeño.

Corporación Municipal

Os compañeiros e compañeiras que forman parte do Grupo Municipal Socialista no Concello de Vilagarcía e as súas respectivas Concellerías son:

- Dolores García Giménez. Alcaldesa
- Victoria Hierro Lorenzo. Voceira do Grupo Municipal. Concelleira das áreas de Igualdade, Sanidade e Deportes.
- Manuel Rodríguez Cuervo. Concelleiro de Obras.
- Marcelino Abuín Duro. Concelleiro de Xestión do Territorio e Medio Ambiente.
- Tania García Sanmartín. Concelleira de Limpeza e Parques e Xardíns.
- José Membrives Rojas. Concelleiro de Persoal e Emprego.
- Susana Camiño Pérez. Concelleira de Educación.

Os compañeiros de goberno do Bloque Nacionalista Galego e as súas Concellerías son:

- Xosé Castro Ratón. Teniente de Alcalde. Concelleiro de Cultura.
- Ana Lorenzo Fraga. Concelleira de Servicios Sociais.
- Rosa Abuín Rodríguez. Concelleira de Promoción económica, Turismo e Comercio.

O resto da corporación municipal está formada por:

- Tomás Fole Díaz. Voceiro do Partido Popular (PP).
- María Teresa Rey Barreiro. PP
- Marta Rodríguez Arias. PP
- Manuel Tarrío Fernández. PP
- Jaime Ramos Lorenzo. PP
- Jesús Pérez Arca. PP
- Rocío Llovo del Río. PP.
- Juan Fajardo Recouso. Voceiro de Esquerda Unida (EU).
- Ramón Bueno Piñeiro. EU.
- Dolores Cuevas Rivas. EU
- José Luis Rivera Mallo. Voceiro de Independientes por Vilagarcía (IVIL).

10/2/10

Representantes no Comité Nacional Galego

Os membros do Comité Nacional Galego (CNG) en representación da agrupación de Vilagarcía, son:

1. Dolores García Giménez
2. Lino Mouriño Santiago
3. Carlos X. Berride Ferreira
4. Francisco Muñiz Abuín

8/2/10

Representantes no Comité Provincial

Os/as representantes da agrupación de Vilagarcía no Comité Provincial, elixidos en asamblea o 20 de novembro de 2009, son:

1. Tania García Sanmartín
2. Javier Martínez Fente
3. Sonia Outón Casal
4. Diego García Santiago
5. Alejandro Quintela Pereira
6. María Araújo Rey

Comisión Executiva Municipal

A composición da Comisión Executiva Municipal (CEM), elixida en asamblea o 31 de outubro de 2008, está formada polos seguintes compañeiros e compañeiras:

Secretaria Xeral: Tania García Sanmartín
Secretario de Organización: Álvaro Carou García
Secretaria de Administración: Sandra del Valle Lastra
Secretario de Política Institucional: Juan Antonio Pérez Callón
Secretaria de Acción Electoral: Sonia Outón Casal
Secretario de Estudios y Programas: Pablo García Giménez
Secretaria de Políticas Sociales: Victoria Hierro Lorenzo
Secretario de Innovación e Novas Tecnoloxías: Primitivo González López
Secretaria de Sectores Produtivos: María José Gonzalez Maneiro
Secretario de Medio Rural: José Antonio Cora Mouriño
Secretario de Formación: Julio Torrado Quintela
Secretaria de Igualdade: Milagros Lores Torres
Secretaria de Participación cidadá: Mª Reyes Casabella Mouta


Vogais
Faustino Laya Torreiro
Adriana Vidal Touza
Isaac Rodríguez Rodríguez
María Luz Pérez Arias
Carlos Guerrero Vázquez
Dolores Couso Rodríguez
Ramiro Bandín Barreiro

Un saúdo de benvida

Dámosvos a benvida a todos e todas.

Este é un espacio que nace coa intención de servir de acollida para a información, o debate e o análise sobre o socialismo, sobre Vilagarcía e sobre o que vós queirades.

Dende o propio partido publicarase toda a información de utilidade sobre a composición dos distintos órganos e comisións, as notas de prensa, os distintos actos e actividades a levar a cabo e todo aquelo que poida ser de interese. Pero os protagonistas deste sitio seredes todos e todas as que o visitedes (militantes, simpatizantes ou cidadáns anónimos) e que teñades interese en coñecer o noso partido e as nosas ideas. Por iso esperamos que a vosa participación manteña vivo o espírito de debate e que poidamos, entre todos, falar de política e de Vilagarcía. Esa é a intención deste espacio, e para iso estamos aquí.