Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

28/12/11

BO NADAL A TODOS E TODAS


Dende a Comisión Executiva Municipal de Vilgarcía queremos adicarlle esta felicitación a todos os militantes e simpatizantes que nos brindan o seu apoio día a día.

Moitas gracias por estar ahí!

Un saúdo Socialista

21/12/11

O PSOE DE VILAGARCIA CONVIDAVOS A UN PINCHO DE NADAL

Como xa é tradición nestas datas a Comisión Executiva da Agrupación socialista de Vilagarcía de Arousa convida a tódolos militantes e simpatizantes a un pincho de nadal.

Terá lugar o vindeiro venres 23 de decembro na sede do partido na rúa Castelao ás 20:00.

Aproveitamos a ocasión para felicitarlle as festas a todos e todas e desexarvos un prospero 2012!




Jamás desesperes, aún estando en las mas sombrías aflicciones, pues de las nubes negras cae agua limpia y fecundante. - Miguel de Unamuno
Saudos Cordiais

Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía do PSdeG-PSOE
Rúa Castelao, 18 Entrechán
36600 Vilagarcia de Arousa
Tlf/Fax: 986 502 948

17/12/11

O PSdeG de Vilagarcía considera que a problemática que está a xurdir en torno á ordenanza de terrazas é froito da inoperancia e inacción do Goberno Local


A indefinición e ausencia de directrices produce unha incertidume que causa moitos problemas aos hosteleiros
“O PP cansouse de falar e criticar cando era oposición, e agora cando é Goberno está sumido nunha parálise absoluta”, sinalou Tania García, secretaria xeral dos socialistas


Vilagarcía de Arousa, 16 de decembro de 2011.- O Partido Socialista de Vilagarcía valora as recentes problemáticas surxidas sobre a ordenanza de terrazas do municipio como unha mostra máis da ausencia de dirección que está a sufrir o Concello dende que tomou posesión o actual equipo de goberno.

Despois de proclamar aos catro ventos a súa disconformidade coa ordenanza de terrazas elaborada polo anterior Goberno Local, froito de gran cantidade de reclamacións veciñais e tras debatila co sector, o actual Goberno Municipal leva sen tomar unha decisión acerca deste mesmo tema dende que comezou a súa andadura hai xa seis meses. O Alcalde Tomás Fole está a adoptar un estilo “deixar-facer” neste tema, ao igual que noutros moitos, que está a levar a confusións e incertidumes nos hosteleiros de Vilagarcía. Primeiro foi unha moratoria por mor da chegada de verán, e agora levan máis de catro meses “estudiando a modificación da ordenanza” (segundo declarou o Goberno Local) pero o feito é que os responsables dos negocios todavía están á espera de que se adopten medidas concretas que definan, dunha vez por todas, cal é a postura do PP e de Tomás Fole neste tema.

Pola contra, esta ausencia de dirección e de capacidade de decisión provoca que os empresarios hosteleiros non saiban que postura deben adoptar, se deben de realizar algunha modificación ou que tipo de elementos se poden instalar nas terrazas. Esta situación provoca problemas incluso entre propios hosteleiros, xa que teñen que buscarse as súas propias solucións ante a ausencia de decisión do Goberno Municipal.

Os socialistas de Vilagarcía instan ao Goberno Local a que se poña a traballar dunha vez na modificación da ordenanza da que tanto levan falado, considerando que ao PP escoitóuselle moito máis cando era oposición que agora cando é Goberno e ten que actuar e decidir. Ademáis lembran ao goberno popular que a instalación de mamparas ancladas ao chan e ás fachadas está expresamente prohibido na vixente ordenanza o no PXOM, polo que  calquera cambio implicará tamén unha modificación do PXOM trámite que demora aínda máis tempo a busca dunha solución.

5/12/11

ACLARACIÓNS SOBRE A SUPOSTA LICENZA PARA A CONSTRUCIÓN DUN HOTEL

O Partido Socialista de Vilagarcía manifesta dúbidas moi serias sobre o suposto proxecto para a construción dun hotel na cidade en Rosalía de Castro
Durante a lexislatura pasada non se presentou no Concello ningunha solicitude de licenza para a construción dun hotel
O área de Patrimonio da Xunta informou negativamente da demolición do inmoble xa derruído, tal e como defendeu no seu día o Concello de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2011.- O PSdeG de Vilagarcía considera necesario aportar certas informacións sobre o tema da suposta solicitude de construción dun hotel de alta gama en Vilagarcía durante a pasada lexislatura, a tenor da información e os datos que se están a facer públicos nestes últimos días.

En primeiro lugar, e cuestión que é considerada fundamental polos socialistas, é necesario sinalar que durante a anterior lexislatura non consta que houbera ningunha solicitude de licenza para a construción dun hotel en Rosalía de Castro. A partires de aquí, calquera información que deixe entrever que esta solicitude de licenza existíu formalmente non é certa.

O único feito real desta situación foi a demora na licenza de demolición dun inmoble na devandita zona porque o Goberno Municipal anterior estaba en trámites de incorporar tal inmoble ao Catálogo municipal de bens a conservar que acompaña ao PXOM. A vontade do Goberno Local foi evitar a demolición e protexer o inmoble da súa desaparición. Tal demolición, ademáis, contou cunha resolución da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra que informa desfavorablemente sobre a demolición, sinalando o “interese” do inmoble en cuestión, tendo en conta factores como o “contorno histórico e arquitectónico da zona” e que a “desaparición dun elemento (…) contribuiría a empobrecer o conxunto”.

Finalmente e tristemente o Tribunal de Xustiza de Galicia, a pesares da resolución desfavorable de Patrimonio, doulles a razón aos propetarios e autorizoulles a demolición do inmoble que procederon de inmediato a derribar. É convinte matizar tamén, que calquera indemnización que lle poidera corresponder aos propietarios, deberá ser outorgada por unha senteza xudicial, que tamén dictará, se procede a mesma, a contía correspondente. Motivo polo cos socialistas queren deixar moi claro que non hai a día de hoxe ningunha senteza que condene ao Concello a indemnizar con seis millóns de euros aos promotores deste proxecto.

Por último os socialistas tamén queren plantexar as súas grandes dúbidas sobre o suposto proxecto e a posible construción dun hotel na parcela sinalada do inmoble xa derruído, tendo en conta as reducidas dimensións da parcela na que semella complicado construir un proxecto de tal envergadura. Resulta de interese apuntar que a parcela colindante conta cun inmoble protexido e catalogado por Patrimonio, do que casualmente xa foi presentada no Concello, polos mesmos propietarios que no primeiro dos casos, a solicitude de retirada do Catálogo de bens e inmobles a conservar para poder ser derruído.

Estamos entón ante unha situación na que non existe solicitude de licenza para a construción dun hotel, derribouse un inmoble contra un informe de Patrimonio e contra a vontade política do anterior Goberno Local, que pretenderon protexer o existente, e todo apunta á intención de facer o mesmo na parcela colindante para instalar unha nova construción dentro dun contexto sinalado por Patrimonio histórico-arquitectónico merecedor de ser protexido.

3/12/11

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA EXTRAORDINARIA


Compañeir@, pola presente convocámoste á

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

DATA:  Luns, 12 de decembro.
HORA:  20.00 en primeira convocatoria, 20.30 en segunda convocatoria.
LUGAR: Casa do Pobo. Sede do partido. (Castelao, 18-Entrechán).

ORDE DO DIA

1.    Constitución da Asamblea e elección da Mesa.
2.    Análise resultados Eleccións Xerais – 20N

Aproveitamos esta carta para convocarche tamén, a ti e aos teus, ao xa tradicional pincho de Nadal que celebraremos no día venres 23 de decembro, as 20.30 na sede, esperando contar coa túa presencia.
Tamén lembramos a todos que está disponible a lotería de Nadal do partido, que este ano xoga o número 97.109, e que estará á venda na asemblea.

Tania García Sanmartín                                 Álvaro Carou García
    Secretaria Xeral                                    Secretario de Organización

           

Vilagarcía, 2 de decembro de 2011

17/11/11

Os socialistas saen á rúa a explicar as principais medidas do programa do PSOE

Os veciños e veciñas de Vilagarcía trasladan aos socialistas o seu temor ante as medidas anunciadas hoxe por Rajoy

Vilagarcía de Arousa, a 17 de novembro de 2011.- Os candidatos socialistas ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Manel Vázquez e Fernando Quintela, xunto con outros representantes do PsdeG-PSOE da Comarca de Arousa, estiveron hoxe na Praza de Galicia de Vilagarcía, explicándolle á cidadanía o seu programa electoral, pero sobre todo, os socialistas detectaron entre os veciños e veciñas de Vilagarcía moito temor ante as medidas en materia de política social, anunciadas no día de hoxe por Mariano Rajoy, “o Partido Popular pretende cargarse o Estado de Benestar. O Sr. Rajoy por fin hoxe falou claro: nin aplicación da ley de atención á dependencia, nin prestacións por desemprego, nin implementación da sanidade e da educación pública” salientou o candidato e Alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez.
Vázquez tamén lle trasladou aos veciños e veciñas de Vilagarcía que o “PSOE vai priorizar a protección social, sobre todo para aqueles que menos teñen, como sempre fixemos os socialistas”. O candidato nº 3 ao Congreso tamén lle recordou aos veciños que “o Partido Popular sempre se opuxo cando se votaron os dereitos básicos, a educación, a sanidade, o sistema de pensións e a Ley de Dependencia, sempre votaron en contra”. Finalmente Manel Vázquez tamén afirmou “por fin empezan a quitar a careta, non o fixeron en toda a campaña, ocultando o seu programa electoral, pero agora empezan a dislumbrarse as primeiras medidas que vai desenvolver o Partido Popular se chega ao goberno: recortes e recortes para os que menos teñen”
Saúdos cordiais

16/11/11

HOSPITAL DO SALNÉS. CONTESTACIÓN DE MODESTO POSE AO PRESIDENTE DA XUNTA

Modesto Pose contesta ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, que dispón de 77 millóns de euros en Fondos de Continxencia dos que pode dispoñer para a obra do Hospital do Salnés
“Non busque o diñeiro debaixo das pedras, sáqueo do banco e amplíe o Hospital”
Pose pídelle a Marta Rodríguez que vote a favor a enmenda do PSdeG-PSOE no Parlamento para o investimento de 2 millóns de euros no Hospital

Vilagarcía de Arousa, a 16 de novembro de 2011.- O Deputado socialista e Portavoz de Sanidade no Parlamento de Galicia, Modesto Pose, ao fío das afirmacións feitas polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, no mitin do Partido Popular do pasado domingo en Vilagarcía, nas que decía que sacaría os cartos debaixo das pedras para ampliar o Hospital do Salnés, Pose recórdalle que nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2012, onde non figura nin un céntimo para o Hospital, si se dispoñen 77 millóns de euros para Fondos de Continxencia, sen ningunha finalidade específica, dos que se poden dispoñer fondos para facer a tan necesaria obra de ampliación. Ao respecto, Pose pedíulles ao Presidente da Xunta e á deputada de Vilagarcía, Marta Rodríguez, “que voten a favor da enmenda presentada polo Grupo Socialsta no Parlamento de Galicia, na que se solicita destinar dous millóns de euros dos Fondos de contixencia para o Hospital do Salnés”.


O deputado socialista, pedíulle tamén á deputada que defenda os intereses de Vilagarcía e que fagan as obras canto antes e se deixen de enganar á cidadanía con promesas que incumpren sistematicamente, “aínda non sabemos que foi do millón de euros que prometeron a Sra. Rodríguez e o Sr. Feijoó en 2009”.

Outros investimentos da Xunta de Galicia en Vilagarcía

Con respectos aos outros investimentos referidos polo Presidente da Xunta de Galicia no mitin de Vilagarcía, a construción do Centro de Día e as vivendas interxeneracionais no Bosque dos Desamparados, o cambio da fachada do Auditorio e a terceira pranta do Hospital, Pose declarou “que non veñan vendendo a moto de obras feitas polo Goberno de Touriño. Os socialistas entendemos que debido ao nulo investimento da Xunta do Partido Popular en Vilagarcía, o Sr. Feijoó pretenda facer crer que fixo algo, pera a cidadanía ten memoria e sabe que esas obras, ademais doutras vitais para a nosa vila, como a circunvalación norte, o novo colexio da Lomba, a Escola Oficial de Idiomas, as beirarrúas de Bamio e Solobeira, entre outras, son logros dos socialistas, froito da xestión do Goberno de Touriño e do alcalde e da alcaldesa socialistas, Javier Gago e Dolores García”.

14/11/11

O PSOE de Vilagarcía solicita ao PP local que aclare a utilización de medios municipais para o seu acto

De maneira particular, os socialistas pregúntanse cal foi a función que xustificou a presenza dunha unidade do Servizo Municipal de Emerxencias
 
Vilagarcía de Arousa, 14 de novembro de 2011.- O PSOE de Vilagarcía, ao fio do acto electoral celebrado polo PP onte domingo pola mañá na Praza da Peixeria, considera necesario esclarecer algunhas dúbidas que se suscitaron entre os viandantes con respecto á presenza esaxerada de efectivos de corpos de seguridade e emerxencias. Tendo en conta ademais que dos mítines celebrados este fin de semana por todos os partidos políticos, só no celebrado polo Partido Popular houbo unha presenza continua da Policía local e da unidade municipal de Emerxencias.
Os socialistas comprenden perfectamente que a presenza do presidente da Xunta de Galicia merece un dispositivo de seguridade, e supoñen que toda presenza de membros de corpos e forzas de seguridade especiais estará abalada por decisións de carácter técnico ante a visita de Nuñez Feijoo. Sen embargo, e dado que non existiu, aparentemente, ningún factor que motivara outra necesidade especial, os socialistas fanse eco da dúbida de moitos cidadáns respecto á presenza dunha unidade de Emerxencia municipal no exercicio das súas funcións, debidamente uniformados, utilizando medios públicos e cobrando horas extras. Para esclarecer estas dúbidas, os socialistas valorarían de maneira moi positiva que o PP dese un resposta aos cidadans rápida e eficazmente, e para elo instan aos populares a que fagan público o escrito que presentaron no rexistro do Concello previamente ao acto solicitando a presenza destes medios e así explicar esta situación. Entenden os socialistas que nada terá que ver esta situación co debate interno suscitado nas filas do goberno local entre Manuel Tarrío e o seu futuro compañeiro de goberno Cholo Dorgambide por demostrar quen ten máis poder no dispositivo de seguridade cidadán, co que actual responsable quixo anotarse un tanto neste combate.
É posible tamén pensar que o PP tirou de medios públicos ante a convocatoria dos traballadores de Alfageme que querían falar con Núñez Feijoo. Non sería de recibo que as lexítimas reivindicacións de traballadores nunha  situación difícil e comprometida supuxera para o PP tanto temor como para rodearse de forzas de seguridade, ainda que xa deixaron mostras de este tipo de actuacións no último pleno munipal, cando o concelleiro Manuel Tarrio exixiu a presencia da Policia Local ante o que soamente foron reclamacións veciñais que ocorren habitualmente sen ningún tipo de problema.
En todo caso, os socialistas desexan ao PP unha campaña tranquila esperando que non se sintan tan incómodos como para precisar de Policia e Protección Civil e así poidan empezar, dunha vez, a facer algunha proposta e aportar algunha idea, que é o fin último da campaña electoral.

11/11/11

Manel Vázquez, candidato socialista ao Congreso dos Deputados e Alcalde de A Illa, reunirase cos veciños de Sobradelo afectados polas expropiacións do vial de enlace Porto - AP9


Vilagarcía de Arousa, 11 de novembro de 2011.- O candidato do PSdeG  da comarca de Arousa ao Congreso dos Deputados, Manel Vázquez, manterá unha xuntanza cos veciños de Sobradelo afectados polas expropiacións do vial de enlace do Porto de Vilagarcía coa AP-9 durante a mañá de mañá sábado.

Esta xuntanza manterase a petición dos veciños afectados, ante os que Manel Vázquez se puxo a disposición para coñecer de primera man a situación.  Aínda que moitos dos veciños xa cobraron as expropiacións, quedan os últimos 16 veciños por recibir os pagos e o candidato socialista pretende aportar o seu esforzo para resolver esta situación canto antes. O representante do PSdeG acudirá mañá as 12.30h ao local vecinal, para expresar o seu apoio aos afectados e trasladarlle a súa vontade de, de sair elexido, non deixar o empeño de resolver esta situación defendendo os intereses destes veciños.

A esta xuntanza, Manel Vázquez acudirá acompañado de Fernando Quintela, de Vilagarcía, suplente na mesma candidatura socialista ao Congreso, e outros representantes do Partido Socialista.

10/11/11

DECLARACIONS DE MANEL VAZQUEZ SOBRE O SECTOR MARISQUEIRO

Manel Vázquez apunta que o mellor investimento que a Xunta pode facer no sector marisqueiro é retomar as pensións que eliminaron ao entrar o PP no Goberno da Xunta
O candidato socialista ao Congreso fixo estas declaracións con respecto á presentación feita onte pola Consellería de Traballo e Benestar en A Illa dun estudo epidemiolóxico
Recriminou á Conselleira que “gaste cartos públicos en facer estudos sobre as mariscadoras despois de retirarlles as pensións e os dereitos despois dunha dura vida adicada ao traballo no mar”
Vilagarcía de Arousa, 10 de novembro de 2011.- O candidato socialista ao Congreso dos Deputados, e Alcalde de A Illa, Manel Vázquez adica o día de hoxe a visitar aos veciños de A Illa, aos que está a exponer o programa socialista para estas eleccións xerais.
 
Neste percorrido, Manel Vázquez quixo referirse ao estudo presentado onte en A Illa pola Consellería de Traballo e Benestar, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) sobre as enfermidades profesionais que afectan ás mariscadoras. Neste sentido, Vázquez apuntou que “sendo A Illa un pobo con tanta vinculación co mar, é especialmente duro escoitar e comprobar como a actual Xunta pretende agora dar a sensación de interesarse por un sector cando unha das primeiras decisión que tomou o PP ao chegar ao Goberno da Xunta foi suprimir as pensións para as mariscadoras, que foi un dos grandes avances sociais conqueridos para o sector do mar polo anterior Goberno”. Vázquez quixo defender que o estudo e coñecemento do sector e as cuestións que lles afectan é importante e necesario, pero “preocuparse de facer estudos epidemiolóxicos tendo retirado as pensións é unha burla”.
 
O actual Alcalde de A Illa defendeu a medida tomada polo anterior Goberno da Xunta, apoiándose en que as mariscadoras son un sector que precisa de regulación para contribuír a que desenvolvan o seu traballo cos dereitos que lle correspondan. “A Xunta de Núñez Feijóo recorta dereitos, pero encarga estudos que conclúen que os dereitos que recortou eran necesarios”, apuntou.

7/11/11

A calidade e independencia do Hospital do Salnés obxectivo prioritario para Manel Vázquez


Manel Vázquez, candidato socialista ao Congreso dos Deputados, comprométese a defender a necesidade de investimento en calidade e independencia do Hospital do Salnés

Arousa, 7 de novembro de 2011.- O candidato socialista ao Congreso dos Deputados, e Alcalde de A Illa, Manel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co seu equipo de colaboradores da campaña electoral, despois do cal quixo manifestar que un dos seus principais obxectivos na representación dos cidadáns desta comarca no Congreso dos Deputados será velar por garantir a calidade dos servicios fundamentais do Estado do Benestar.

Entre estes o candidato a Deputado quixo destacar a importancia que para os cidadáns ten o futuro do Hospital do Salnés. Consciente de que o problema fundamental da xestión deste centro dirímese no eido autonómico, Vázquez valorou positivamente a intervención que hoxe terá Modesto Pose na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, en defensa da non integración do Hospital do Salnés no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Ademais, Vázquez comprometeuse a ter como prioridade a colaboración dende os entes estatais para defender que o Hospital sexa un centro independente do CHOP e para fomentar o aumento progresivo e constante da calidade.

Os socialistas entenden que neste momento están a ser postos en dúbida, pola dereita do PP, os servicios básicos coma educación, sanidade, pensións, axudas por desemprego e lei de dependencia. Fronte a isto, Manel Vázquez, acompañado de Fernando Quintela, suplente da candidatura e sanitario de profesión, afondou na necesidade de ser firmes ante a vontade do PP de recortar nos servicios públicos de todos, e instou aos socialistas a ser inflexibles neste punto.

5/11/11

Manel Vázquez sinala que “quen debe un millón e medio de euros polo abastecemento de auga non é quen de dar leccións a ninguén”.


O Alcalde de A Illa, de visita ao mercado e praza de abastos de Vilagarcía, respostou así as declaracións de Gonzalo Durán.

Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2011.- Manel Vázquez, alcalde de A Illa, saiu hoxe a respostar ante as declaracións de Gonzalo Durán, presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova, sobre a polémica xurdida polo servizo de abastecemento de auga. Vázquez apuntou que as palabras de Durán “son unha bufonada máis do PP de Arousa na boca de Gonzalo Durán. Este señor, que debe polo servizo de auga máis de millón e medio de euros non é quen de dar leccións a ninguén. Agora, o mal chamado Libro Branco, é unha estratexia do PP de Arousa para tapar unha deixadez na xestión. Onde antes “mamá” Deputación e “papá” Xunta lles quitaban as castañas do lume cos cartos de todos, agora ca mala situación económica destes entes é lamentable coa xestión de Louzán e Feijóo suben exponencialmente as tasas en todos os Concellos, precisamente cando a administración local é a que se ten que apretar o cinto e non trasladar os problemas aos veciños.”

O Alcalde de A Illa e candidato a deputado no Congreso nas vindeiras eleccións municipais polo Partido Socialista, Manel Vázquez, aproveitou a mañá de hoxe sábado para facer o tradicional percorrido pola praza de abastos e o mercado de Vilagarcía. Vázquez estivo acompañado por un gran número de militantes socialistas entre os que estaban Fernando Quintela, suplente na mesma candidatura, a secretaria xeral de Vilagarcía Tania García, o secretario provincial do PSdeG Modesto Pose e o exalcalde e actualmente alto cargo do Ministerio de Fomento, Javier Gago.

No percorrido, Manel Vázquez quixo destacar a reforma da praza de abastos de Vilagarcía levada a cabo con fondos do Plan E, “un investimento plantexado por un Goberno central socialista que permitiu, neste caso, a mellora dunha infraestructura fundamental na actividade diaria tanto de Vilagarcía coma de toda a comarca”, como sinalou o propio Vázquez. Os representantes socialistas aproveitaron a visita tanto para o reparto de dípticos co resumo dos principais puntos do programa socialista, como para explicar éste cara a cara cos veciños e veciñas que realizaban as súas compras e os prazeiros e comerciantes do mercado.

4/11/11

Os candidatos socialistas ao Congreso dos Deputados inician a campaña explicando o programa a pé de rúa aos cidadáns


Vilagarcía de Arousa, 4 de novembro de 2011.-  Os socialistas Manel Vázquez, alcalde de A Illa e candidato número 3 pola provincia de Pontevedra, e Fernando Quintela, suplente da candidatura, percorreron hoxe pola mañá o centro de Vilagarcía entregando aos cidadáns o programa electoral do PSOE para as vindeiras eleccións xerais, e foron acompañados por varios membros do Partido Socialista de Vilagarcía. Os candidatos expuxeron as ideas básicas do seu programa aos veciños e veciñas de Vilagarcía cos que falaron da importancia das vindeiras eleccións. Aproveitaron tamén os representantes socialistas para visitar diversos comercios do centro da localidade, nos que intercambiaron impresións con comerciantes e clientes.

Durante a visita ao centro de Vilagarcía, Manel Vázquez apuntou que “nesta situación de dificultade na que nos encontramos nestes tempos, por suposto que todos os veciños de Vilagarcía e de outros lugares está preocupados polo futuro da economía e da situación laboral actual. Sen embargo, esta preocupación vai acompañada da incertidume polo que poidera pasar coa educación, a sanidade e os servicios sociais. Eso anímanos a seguir pelexando polo que queremos”.

Varios veciños de Vilagarcía interesáronse por coñecer en persoa ao candidato a deputado, e comentar con él as súas impresións tanto sobre a situación política xeral coma da xestión levada a cabo no Concello de A Illa polos gobernos que Manel Vázquez ven presidindo nas últimas lexislaturas.

Os socialistas teñen previsto desenvolver moita actividade na rúa nesta campaña, aproveitando xa o día de mañá para realizar a tradicional visita ao mercado e continuar co reparto de seu programa electoral. Os socialistas consideran importante este plantexamento xa que “nestas eleccións estamos a falar de cuestións básicas e fundamentais para a vida das persoas, e por iso é máis necesario que nunca estar onde temos que estar