Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

7/11/11

A calidade e independencia do Hospital do Salnés obxectivo prioritario para Manel Vázquez


Manel Vázquez, candidato socialista ao Congreso dos Deputados, comprométese a defender a necesidade de investimento en calidade e independencia do Hospital do Salnés

Arousa, 7 de novembro de 2011.- O candidato socialista ao Congreso dos Deputados, e Alcalde de A Illa, Manel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co seu equipo de colaboradores da campaña electoral, despois do cal quixo manifestar que un dos seus principais obxectivos na representación dos cidadáns desta comarca no Congreso dos Deputados será velar por garantir a calidade dos servicios fundamentais do Estado do Benestar.

Entre estes o candidato a Deputado quixo destacar a importancia que para os cidadáns ten o futuro do Hospital do Salnés. Consciente de que o problema fundamental da xestión deste centro dirímese no eido autonómico, Vázquez valorou positivamente a intervención que hoxe terá Modesto Pose na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, en defensa da non integración do Hospital do Salnés no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Ademais, Vázquez comprometeuse a ter como prioridade a colaboración dende os entes estatais para defender que o Hospital sexa un centro independente do CHOP e para fomentar o aumento progresivo e constante da calidade.

Os socialistas entenden que neste momento están a ser postos en dúbida, pola dereita do PP, os servicios básicos coma educación, sanidade, pensións, axudas por desemprego e lei de dependencia. Fronte a isto, Manel Vázquez, acompañado de Fernando Quintela, suplente da candidatura e sanitario de profesión, afondou na necesidade de ser firmes ante a vontade do PP de recortar nos servicios públicos de todos, e instou aos socialistas a ser inflexibles neste punto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario