Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

14/10/12

JULIO TORRADO: "ESTAS SON AS ELECCIÓNS DA INXUSTIZA FRENTE A SOLIDARIDADE, DA DIGNIDADE FRENTE A CODICIA"


O líder socialista resaltou que cada voto do vindeiro día 21 decidirá si se pagan as ambulancias, as mamografías e os servicios sociais

O candidato do PSdeG-PSOE por Arousa destacou en Carril que non tódolos políticos son iguais porque uns teñen vontade de traballar para os demáis e outros de engordar ás empresas máis fortes

Vilagarcía, 14 de outubro de 2012 - O candidato do PSdG-PSOE pola comarca de Arousa, Julio Torrado, encabezou esta mañá o mitin que a formación socialista deu en Carril  resaltando que o proceso electoral que se vivirá o vindeiro día 21 de outubro “son as eleccións da inxustiza contra a solidaridade, da xente que ten vontade de traballar polos demáis fronte á codicia”. Todos temos un voto –engadiu- e nestas eleccións será o voto da “dignidade frente a codicia”.

As manifestacións non poden ser máis oportunas si se teñen en conta os titulares da prensa de hoxe que din que “as fortunas dos millonarios españois engordan en plena crise” xa que  “os patrimonios das sociedades de inversión teñen medrado nalgúns casos ata un 50 %”.

Os socialistas defenden no seu programa aplicar un maior tramo do IRPF as grandes fortunas para deste xeito poder pagar o gasto social en mediciñas e educación. Dixo Torrado que “cada voto do vindeiro día 21 decidirá si se pagan ambulancias, mamografías…  ou se se engordará as grandes fortunas”.  “Non todos os políticos somos iguais -destacou o xoven socialista- porque algúns temos vontade de traballar para os demáis, de que todos teñamos dignidade”.

“Nós non vamos a permitir que haxa alguén que teña menos do que sexa digno, porque todo o mundo merece un nivel de vida digno”.  Reclamou sanidade pública para todos “porque todos os rapaces son iguais veñan do país que veñan”.

“Que a ninguén lle pregunten en qué traballa seu pai”, dixo o candidato do PSdeG-PSOE. “A nós non nos molesta que o fillo dun albanel sexa presidente do goberno”, manifestou recordando ao veterano socialista Alfonso Guerra quen facía ver nas súas campañas as grandes diferencias sociais que existiron neste país e que, segundo Torrado, voltan a aflorar.

O líder socialista falou hoxe pola mañá para os carrilexos aos que lles mostrou que a formación socialista está en contra de que as latas de conserva non leven inscrita a procedencia do producto, unha medida que adoptou o goberno de Feijoo e que, segundo dixo Torrado, levará a que os carrilexos teñan que emigrar e a que o seu producto o envasen grandes corporacións foráneas, mentres os traballadores autónomos vilagarciáns perden a súa capacidade de vivir do mar. “Aquí viven 15.000 persoas do mar”, manifestou.

Recordou que “non todos os políticos somos iguais porque aquí a rexeneración da praia para que puideran traballar os cidadáns de Carril fixoa o alcalde socialista Javier Gago” mentras que o PP de momento en Carril no fixo nada”.

Neste tema afondou Tania García, a portavoz municipal, quen recordou que o PSdeG-PSOE con Touriño ao frente da Xunta de Galicia convertiu a illa de Cortegada nun parque natural, mentras que a Xunta “so entregou uns permex ás portas das eleccións e non me extranaría que os quitasen por toda a polémica que están suscitando”.   

Pola súa banda Miro Serén, o secretario local, quen destacou que a política que fai o PP de retirar as becas provoca que “os fillos dos descamisados non teñan as mesmas oportunidades” . “Non lles interesa que estean sentados na mesma aula o fillo dun empresario que o fillo dun traballador”, dixo.

Serén fixo un percorrido polos ministros de educación e destacou que Wert quere acabar coa nosa lingua. Recordou neste senso que o programa socialista vai rematar co decreto que relega ao galego e subliñou que o “máximo que fixo pola educación en Vilagarcía o actual goberno da xunta “foi pintar unhas portas do colexio A Lomba”.

Tamén interviu a concelleira Susana Camiño, de Carril, quen criticou os recortes na limpeza e destacou que este ano se está a retrasar o calendario de vacunas “¿será porque no lo queren facer pagar?”, preguntouse.

13/10/12

TORRADO DEFENDE A NECESIDADE DE ACHEGARSE Á XENTE NESTES MOMENTOS DE DESCRÉDITO XERAL DA POLÍTICA


O candidato socialista vilagarcián di que o PSdeG é a única forza capaz de liderar o cambio de modelo en Galicia

Os socialistas apelan a convertir a indignación en voto para rematar coas inxusticias sociais fomentadas polo goberno do PP.



Vilagarcía de Arousa, 13 de outubro de 2012.- Os socialistas de Vilagarcía organizaron esta mañán un reparto de publicidade electoral polo mercado e a praza de Vilagarcía encabezados polo candidato, Julio Torrado, e tamén contaron coa presencia do Secretario de Organización do PSdeG, Pablo García.
Julio Torrado destacou a “necesidade de estar preto dos cidadáns nestes momentos de extrema dificultade”. “É fundamental o contacto directo coa cidadáns, explicando as nosas propostas fundamentais, que non son outras que a defensa ultranza de aqueles servicios públicos esenciais para garantir a igualdade de oportunidades de tódolos cidadáns”. O candidato socialista garantíu que “de acadar o goberno da Xunta, o PSdeG eliminará o copago dos medicamentos e volverá a instaurar a gratuidade dos libros de texto, xa que éstas son dúas medidas fundamentais para facer desta unha sociedade un poco máis xusta”.

Explicou que son medidas que xa tiña instauradas o goberno anterior ao do PP e que “agora son máis necesarias que nunca”. “É o momento en que máis medidas sociais fan falla”, dixo. “É o momento de que todos podemos estudar gratuitamente e que non teñamos que decidir cal dos nosos fillos vai estudar e cal emigra ao extranxeiro”. Torrado recordou que hai un descenso notable da partida para becas y que o goberno xa non quere financiar os libros de texto, polo que considera que estamos volvendo a unha sociedade de hai 40 anos, onde moi poucos podían ir a universidade. Segundo o socialista vilagarcián, é fundamental que a xente saiba que “nós estamos en contra deste modelo e que se poden quitar os cartos doutras partidas coma un imposto as clases máis altas”, de xeito que “toda a sociedade sexa un pouco máis igualitaria”, dixo.  Para explicar esta política, o socialista arousán metiuse entre a xente do mercado e difundiu a máxima de que as ideas socialistas deben estar máis vivas ca nunca.  

O Secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, incidíu na necesidade de deixar claro que “non tódolos políticos somos iguais, existen diferentes formas de facer política e nós o queremos demostrar”. O tamén candidato pola provincia de Pontevedra argumentou que “non é igual unha política baseada nos recortes que unha política baseada na defensa dos dereitos dos cidadáns, que é a política que defende o PSdeG”.

Asemade, Pablo García tamén quixo destacar a importancia de que “todos aqueles cidadáns descontentos coa situación actual acudan a votar, xa que o voto é o único medio polo que se pode acadar un cambio de goberno que significa un cambio de políticas”. Polo tanto, o Secretario de Organización do PSdeG fai un chamamento a “confiar no PSdeG, única formación capaz de liderar ese cambio de políticas tan necesario”.

Por último, Pablo García aproveitou a súa visita a Vilagarcía para preguntarlle ao candidato do Partido Popular polos 400 millóns de euros que o Consello de Contas afirma que Feijóo ocultou do déficit de 2010. O candidato socialista pregúntase se “Feijóo vai a continuar mentíndolle aos cidadáns e presumindo dun déficit “niquelado” que agora se demostra que é unha mentira máis”. 


7/10/12

TORRADO DENUNCIA QUE FEIJOO DUPLICOU AS CIFRAS DO PARO EN GALICIA EN TRES ANOS


O candidato do PSdeG-PSOE por Arousa expuso que dun 11% de desemprego na comunidade pasouse ao actual 22%

“Xogámonos o futuro” dixo o líder socialista quen resaltou que o PP culpa aos cidadáns de ter vivido por riba das súas posibilidades mentres o PSdeG asocia a crise cos especuladores 



Vilagarcía de Arousa, 7 de outubro de 2012.- O candidato do PSdG-PSOE pola comarca de Arousa, Julio Torrado, liderou esta mañá o mitin de Vilaxoán  cunha aposta clara polo emprego sinalando que os socialistas farán pagar o precio da crise aos especuladores subindo os impostos ás clases máis altas, porque foron precisamente os especuladores os que causaron o actual sufrimento, en contra do que promove o Partido Popular quen culpa aos cidadáns de ter vivido por riba das súas posibilidades.
Torrado expuso claramente para os vilaxoaneses os datos do desemprego en Galicia. “Hoxe hai un 22% de paro en Galicia” frente ao 11% que se rexistraba hai so tres anos. Amosou, ademáis, outras cifras moi claras. 45 foron os días que dixo Feijóo que lle levaría resolver o desemprego en Galicia e 675 son o número de persoas que cada 45 días fóronse ao paro durante os últimos catro anos.
Pola contra destacou que os orzamentos do Estado destinan 6 millóns de euros menos para o desemprego.
O líder socialista dou aínda máis datos económicos. Dixo que en 25 anos Galicia acumulou 4.000 millóns de débeda e nos tres anos seguintes Feijóo duplicouna. Precisamente, engadiu, case o dobre desta débeda, 7.000 millóns é que lle quere dar o PP a Nova Galicia Banco.
“Iguais non somos” sentenciou Torrado porque co PSdeG-PSOE os pensionistas non van pagar os medicamentos,  e “imos investir en emprego e sanidade e poñer en marcha os servicios sociais  que, quen os puxo a andar neste país foi o Partido Socialista e quen os quita é o PP”. “¿Cómo o imos facer? Aumentando o que teñen que pagar de IRPF os que máis teñen”, respostou.

Renuncia a seguros privados
Torrado implicouse persoalmente no proxecto socialista. Dixo que dando sexa diputado o primeiro que vai facer é “renunciar a calquera seguro privado médico” porque a aposta socialista é unha sanidade universal e gratuita. “Nós non lle preguntamos a ninguén de qué país é para atendelo no médico. Empézase preguntando iso e acábase preguntando cántos cartos tes ou a quen votas” subliñou.
No mitin socialista interviron tamén a portavoz municipal do PSdG-PSOE Tania García, quen destacou que o PP non inviste nas instalacións sanitarias, nin en mamografías e que a candidata a deputada por Vilagarcía Marta Rodríguez dixo que non iba a costarlle un peso ao concello, e a pesares dixo cobra 800 euros ao mes do concello e máis de 4.000 do Parlamento de Galicia.
Tania García sinalou que o PSOE gastou cartos na súa etapa de goberno para dar infraestructuras a Vilaxoán e que Tomás Fole foi despois a inauguralas a nin sequera invitaron aos socialistas. Denunciou que Fole gastou 73.000 euros en facer un pabellón polideportivo en Fexdega, cando “non facía falla” porque xa hai polideportivos.
Tamén intervíu Miro Serén, o secretario local dos socialistas vilagarciáns, que rememorou a súa etapa coma docente en terras vilaxoanesas. Serén resaltou que “hai alternativas de goberno” porque os recortes son recortes ideolóxicos. “O PP prefire pagar inchables que limpar os centros escolares”.

5/10/12

Os socialistas defenden ante os empresarios de FECA unha fiscalidade máis solidaria “para que pague máis quen máis ten, buscando una saída conxunta da crise”



Julio Torrado incidíu na necesidad de que esta crise non provoque unha ruptura social
Abel Losada defendeu a necesidade de investir en I+D+i e a creación dun programa de emprego xuvenil en empresas privadas de sectores productivos

Vilagarcía de Arousa, 5 de outubro de 2012.- O PSdeG-PSOE continúa a súa rolda de contactos con diferentes asociacións da cidade. Neste caso, o candidato do PSdeG-PSOE por Arousa, Julio Torrado, e o número un da provincia, Abel Losada, mantiveron unha reunión cos directivos da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA). Os empresarios, a través do seu presidente Jose Luis Vilanova, e do vicepresidente e secretario de FECA, explicaron a súa postura acerca da actual coxuntura e das medidas que consideran necesarias para a reactivación da actividade económica, especialmente das empresas da nosa comarca.
Julio Torrado defendeu a necesidade de “implantar una fiscalidade solidaria, máis xusta, que grave máis ás rendas máis altas, xa que este é un principio fundamental de xusticia social”. Torrado destacou que “defenderá este presuposto alá a onde vaia, independentemente do interlocutor ao que se enfrente”.
Os socialistas incidiron nas propostas recollidas no seu programa electoral destinadas á xeración de emprego, “eixo fundamental do noso programa”. Abel Losada afirmou que “é fundamental xenerar emprego, sobre todo para os máis xóvenes, en empresas privadas dos principais sectores productivos”. Para Julio Torrado esta medida é fundamental, xa que “ademáis de darlle unha oportunidade merecedida á xuventude de inserción no mundo laboral, é unha medida máis que axuda á reactivación da economía do país”.
Para os socialistas, o maior esforzo debe facerse no sector do I+D+i, xa que, en palabras de Torrado “está claro que camiñamos hacia unha sociedade do coñecemento na que tomar as decisións adecuadas en políticas de investigación e desenvolmento pode marcar o futuro de todos nos como país”.

2/10/12

JULIO TORRADO COINCIDE COS RESPONSABLES DA FUNDACIÓN GALEGA CONTRA O NARCOTRÁFICO EN QUE O FUNDAMENTAL NA LOITA CONTRA O NARCOTRÁFICO É A PREVENCIÓN E AXILIZAR A XESTIÓN DOS PATRIMONIOS INCAUTADOS AOS NARCOTRAFICANTES


O candidato polo PSdeG-PSOE recorda o compromiso recollido no programa electoral de presentar unha nova Lei de Saúde Pública na que se recollan as principais medidas destinadas a combater a lacra social que representa o narcotráfico

Vilagarcía de Arousa, 2 de outubro de 2012.- O candidato do PSdeG-PSOE pola comarca, Julio Torrado, acompañado polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Vilagarcía, Miro Serén, e polo concelleiro Lino Mouriño, mantivo esta mañá un encontro con responsables da Fundación Galega contra o Narcotráfico no que tivo a oportunidade de intercambiar posturas con este colectivo “que tanto ten feito pola xusticia social a través da súa incasable loita contra o narcotráfico, xa non só a nivel de Arousa, senon de toda Galicia”.
Coincidindo co vicepresidente da Fundación, Lorenzo Santos, para Julio Torrado é imprescindible  “desenvolver unha profunda concienciación social, sobre todo entre os máis xóvenes, que son o colectivo máis vulnerable nesta problemática, do perigo que supón o consumo de drogas e do irreparable, en moitos casos, do dano producido por elas”. Sen embargo, para o candidato socialista, as políticas a desenvolver non poden quedarse tan só na prevención, senon que tamén e fundamental levar a cabo políticas que actúen directamente contra os responsables do delitos contra a saúde pública. “A sensación de impunidade da que gozan moitos narcotraficantes ten que ser definitivamente abolida” argumenta Julio Torrado, para quen unha solución sería “potenciar a vía patrimonial a través de incautacións moito máis rápidas e efectivas, feito que contribuiría a incrementar a sensibilización social neste eido, xa que demostraríase que quen decida participar do tráfico de drogas corre un serio risco de que recaía sobre el todo o peso do Estado”. Neste senso, Torrado recorda que “medidas impulsadas polo Goberno do Estado coma a amnistía fiscal non axudan moito, xa que valida os comportamentos dos narcotraficantes e invalida todo o traballo promovido por xente comprometida na loita contra o narcotráfico como son os integrantes desta Fundación”.
Torrado ve con vos ollos a proposta da Fundación Galega contra o Narcotráfico de crear un xulgado especializado en criminalidade organizada, xa que, entre outras cousas “tamén contribuiría a facer máis visible o problema e, polo tanto, a incrementar a sensibilización social respecto a súa importancia”.
Julio Torrado recordou que “O PSdeG non é alleo a esta problemática, como o demostra o compromiso de redactar unha Lei de Saúde Pública que recolla todos estes aspectos e que funcione como un elemento efectivo de loita contra a lacra social que representa o narcotráfico”.
Por último, o candidato agradeceu tódalas aportacións feitas pola Fundación, recoñecendo a valía das suas propostas para contribuir a unha loita contra o narcotráfico eficaz e valente.