Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

2/10/12

JULIO TORRADO COINCIDE COS RESPONSABLES DA FUNDACIÓN GALEGA CONTRA O NARCOTRÁFICO EN QUE O FUNDAMENTAL NA LOITA CONTRA O NARCOTRÁFICO É A PREVENCIÓN E AXILIZAR A XESTIÓN DOS PATRIMONIOS INCAUTADOS AOS NARCOTRAFICANTES


O candidato polo PSdeG-PSOE recorda o compromiso recollido no programa electoral de presentar unha nova Lei de Saúde Pública na que se recollan as principais medidas destinadas a combater a lacra social que representa o narcotráfico

Vilagarcía de Arousa, 2 de outubro de 2012.- O candidato do PSdeG-PSOE pola comarca, Julio Torrado, acompañado polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Vilagarcía, Miro Serén, e polo concelleiro Lino Mouriño, mantivo esta mañá un encontro con responsables da Fundación Galega contra o Narcotráfico no que tivo a oportunidade de intercambiar posturas con este colectivo “que tanto ten feito pola xusticia social a través da súa incasable loita contra o narcotráfico, xa non só a nivel de Arousa, senon de toda Galicia”.
Coincidindo co vicepresidente da Fundación, Lorenzo Santos, para Julio Torrado é imprescindible  “desenvolver unha profunda concienciación social, sobre todo entre os máis xóvenes, que son o colectivo máis vulnerable nesta problemática, do perigo que supón o consumo de drogas e do irreparable, en moitos casos, do dano producido por elas”. Sen embargo, para o candidato socialista, as políticas a desenvolver non poden quedarse tan só na prevención, senon que tamén e fundamental levar a cabo políticas que actúen directamente contra os responsables do delitos contra a saúde pública. “A sensación de impunidade da que gozan moitos narcotraficantes ten que ser definitivamente abolida” argumenta Julio Torrado, para quen unha solución sería “potenciar a vía patrimonial a través de incautacións moito máis rápidas e efectivas, feito que contribuiría a incrementar a sensibilización social neste eido, xa que demostraríase que quen decida participar do tráfico de drogas corre un serio risco de que recaía sobre el todo o peso do Estado”. Neste senso, Torrado recorda que “medidas impulsadas polo Goberno do Estado coma a amnistía fiscal non axudan moito, xa que valida os comportamentos dos narcotraficantes e invalida todo o traballo promovido por xente comprometida na loita contra o narcotráfico como son os integrantes desta Fundación”.
Torrado ve con vos ollos a proposta da Fundación Galega contra o Narcotráfico de crear un xulgado especializado en criminalidade organizada, xa que, entre outras cousas “tamén contribuiría a facer máis visible o problema e, polo tanto, a incrementar a sensibilización social respecto a súa importancia”.
Julio Torrado recordou que “O PSdeG non é alleo a esta problemática, como o demostra o compromiso de redactar unha Lei de Saúde Pública que recolla todos estes aspectos e que funcione como un elemento efectivo de loita contra a lacra social que representa o narcotráfico”.
Por último, o candidato agradeceu tódalas aportacións feitas pola Fundación, recoñecendo a valía das suas propostas para contribuir a unha loita contra o narcotráfico eficaz e valente. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario