Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

14/10/12

JULIO TORRADO: "ESTAS SON AS ELECCIÓNS DA INXUSTIZA FRENTE A SOLIDARIDADE, DA DIGNIDADE FRENTE A CODICIA"


O líder socialista resaltou que cada voto do vindeiro día 21 decidirá si se pagan as ambulancias, as mamografías e os servicios sociais

O candidato do PSdeG-PSOE por Arousa destacou en Carril que non tódolos políticos son iguais porque uns teñen vontade de traballar para os demáis e outros de engordar ás empresas máis fortes

Vilagarcía, 14 de outubro de 2012 - O candidato do PSdG-PSOE pola comarca de Arousa, Julio Torrado, encabezou esta mañá o mitin que a formación socialista deu en Carril  resaltando que o proceso electoral que se vivirá o vindeiro día 21 de outubro “son as eleccións da inxustiza contra a solidaridade, da xente que ten vontade de traballar polos demáis fronte á codicia”. Todos temos un voto –engadiu- e nestas eleccións será o voto da “dignidade frente a codicia”.

As manifestacións non poden ser máis oportunas si se teñen en conta os titulares da prensa de hoxe que din que “as fortunas dos millonarios españois engordan en plena crise” xa que  “os patrimonios das sociedades de inversión teñen medrado nalgúns casos ata un 50 %”.

Os socialistas defenden no seu programa aplicar un maior tramo do IRPF as grandes fortunas para deste xeito poder pagar o gasto social en mediciñas e educación. Dixo Torrado que “cada voto do vindeiro día 21 decidirá si se pagan ambulancias, mamografías…  ou se se engordará as grandes fortunas”.  “Non todos os políticos somos iguais -destacou o xoven socialista- porque algúns temos vontade de traballar para os demáis, de que todos teñamos dignidade”.

“Nós non vamos a permitir que haxa alguén que teña menos do que sexa digno, porque todo o mundo merece un nivel de vida digno”.  Reclamou sanidade pública para todos “porque todos os rapaces son iguais veñan do país que veñan”.

“Que a ninguén lle pregunten en qué traballa seu pai”, dixo o candidato do PSdeG-PSOE. “A nós non nos molesta que o fillo dun albanel sexa presidente do goberno”, manifestou recordando ao veterano socialista Alfonso Guerra quen facía ver nas súas campañas as grandes diferencias sociais que existiron neste país e que, segundo Torrado, voltan a aflorar.

O líder socialista falou hoxe pola mañá para os carrilexos aos que lles mostrou que a formación socialista está en contra de que as latas de conserva non leven inscrita a procedencia do producto, unha medida que adoptou o goberno de Feijoo e que, segundo dixo Torrado, levará a que os carrilexos teñan que emigrar e a que o seu producto o envasen grandes corporacións foráneas, mentres os traballadores autónomos vilagarciáns perden a súa capacidade de vivir do mar. “Aquí viven 15.000 persoas do mar”, manifestou.

Recordou que “non todos os políticos somos iguais porque aquí a rexeneración da praia para que puideran traballar os cidadáns de Carril fixoa o alcalde socialista Javier Gago” mentras que o PP de momento en Carril no fixo nada”.

Neste tema afondou Tania García, a portavoz municipal, quen recordou que o PSdeG-PSOE con Touriño ao frente da Xunta de Galicia convertiu a illa de Cortegada nun parque natural, mentras que a Xunta “so entregou uns permex ás portas das eleccións e non me extranaría que os quitasen por toda a polémica que están suscitando”.   

Pola súa banda Miro Serén, o secretario local, quen destacou que a política que fai o PP de retirar as becas provoca que “os fillos dos descamisados non teñan as mesmas oportunidades” . “Non lles interesa que estean sentados na mesma aula o fillo dun empresario que o fillo dun traballador”, dixo.

Serén fixo un percorrido polos ministros de educación e destacou que Wert quere acabar coa nosa lingua. Recordou neste senso que o programa socialista vai rematar co decreto que relega ao galego e subliñou que o “máximo que fixo pola educación en Vilagarcía o actual goberno da xunta “foi pintar unhas portas do colexio A Lomba”.

Tamén interviu a concelleira Susana Camiño, de Carril, quen criticou os recortes na limpeza e destacou que este ano se está a retrasar o calendario de vacunas “¿será porque no lo queren facer pagar?”, preguntouse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario