Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

7/10/12

TORRADO DENUNCIA QUE FEIJOO DUPLICOU AS CIFRAS DO PARO EN GALICIA EN TRES ANOS


O candidato do PSdeG-PSOE por Arousa expuso que dun 11% de desemprego na comunidade pasouse ao actual 22%

“Xogámonos o futuro” dixo o líder socialista quen resaltou que o PP culpa aos cidadáns de ter vivido por riba das súas posibilidades mentres o PSdeG asocia a crise cos especuladores 



Vilagarcía de Arousa, 7 de outubro de 2012.- O candidato do PSdG-PSOE pola comarca de Arousa, Julio Torrado, liderou esta mañá o mitin de Vilaxoán  cunha aposta clara polo emprego sinalando que os socialistas farán pagar o precio da crise aos especuladores subindo os impostos ás clases máis altas, porque foron precisamente os especuladores os que causaron o actual sufrimento, en contra do que promove o Partido Popular quen culpa aos cidadáns de ter vivido por riba das súas posibilidades.
Torrado expuso claramente para os vilaxoaneses os datos do desemprego en Galicia. “Hoxe hai un 22% de paro en Galicia” frente ao 11% que se rexistraba hai so tres anos. Amosou, ademáis, outras cifras moi claras. 45 foron os días que dixo Feijóo que lle levaría resolver o desemprego en Galicia e 675 son o número de persoas que cada 45 días fóronse ao paro durante os últimos catro anos.
Pola contra destacou que os orzamentos do Estado destinan 6 millóns de euros menos para o desemprego.
O líder socialista dou aínda máis datos económicos. Dixo que en 25 anos Galicia acumulou 4.000 millóns de débeda e nos tres anos seguintes Feijóo duplicouna. Precisamente, engadiu, case o dobre desta débeda, 7.000 millóns é que lle quere dar o PP a Nova Galicia Banco.
“Iguais non somos” sentenciou Torrado porque co PSdeG-PSOE os pensionistas non van pagar os medicamentos,  e “imos investir en emprego e sanidade e poñer en marcha os servicios sociais  que, quen os puxo a andar neste país foi o Partido Socialista e quen os quita é o PP”. “¿Cómo o imos facer? Aumentando o que teñen que pagar de IRPF os que máis teñen”, respostou.

Renuncia a seguros privados
Torrado implicouse persoalmente no proxecto socialista. Dixo que dando sexa diputado o primeiro que vai facer é “renunciar a calquera seguro privado médico” porque a aposta socialista é unha sanidade universal e gratuita. “Nós non lle preguntamos a ninguén de qué país é para atendelo no médico. Empézase preguntando iso e acábase preguntando cántos cartos tes ou a quen votas” subliñou.
No mitin socialista interviron tamén a portavoz municipal do PSdG-PSOE Tania García, quen destacou que o PP non inviste nas instalacións sanitarias, nin en mamografías e que a candidata a deputada por Vilagarcía Marta Rodríguez dixo que non iba a costarlle un peso ao concello, e a pesares dixo cobra 800 euros ao mes do concello e máis de 4.000 do Parlamento de Galicia.
Tania García sinalou que o PSOE gastou cartos na súa etapa de goberno para dar infraestructuras a Vilaxoán e que Tomás Fole foi despois a inauguralas a nin sequera invitaron aos socialistas. Denunciou que Fole gastou 73.000 euros en facer un pabellón polideportivo en Fexdega, cando “non facía falla” porque xa hai polideportivos.
Tamén intervíu Miro Serén, o secretario local dos socialistas vilagarciáns, que rememorou a súa etapa coma docente en terras vilaxoanesas. Serén resaltou que “hai alternativas de goberno” porque os recortes son recortes ideolóxicos. “O PP prefire pagar inchables que limpar os centros escolares”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario