Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

12/6/15

VALORACIÓN DA SITUACIÓN POLÍTICA MUNICIPAL

Despois do proceso de conversas e ante o inmediato Pleno Municipal de investidura do vindeiro Alcalde de Vilagarcía, o PSdeG de Vilagarcía desexa expoñer as súas valoracións da situación política municipal:

1. O Partido Socialista de Vilagarcía adicou estas semanas entre as eleccións municipais e o pleno de investidura a contactar e promover o diálogo coas outras forzas políticas que obtiveron representación, en estrito cumprimento dun compromiso de actitude dialogante e aberta sobre as decisións adquirido e defendido durante a campaña electoral. O PSdeG considera que ser o partido máis votado outórgalle total lexitimidade para conformar goberno municipal en diversos escenarios, mais apostou dende o inicio por explorar as posibilidades de entendemento coas outras forzas de esquerdas do Pleno. O Partido Socialista aceptou todos os formatos propostos, lugares ou número de persoas asistentes as xuntanzas, fomentando a celebración destas.

2. Nas últimas xuntanzas celebradas, o Partido Socialista formulou temas de debate e contraste de posicións aos distintos partidos políticos. Fundamentalmente baseados en tres puntos: liñas estratéxicas, accións políticas concretas e organización e xestión do goberno municipal. Os membros socialistas participantes nas xuntanzas, e principalmente Alberto Varela, responderon a todas as cuestións que os demais partidos políticos tiveron a ben consultar sobre todos eses puntos, constatando un entendemento cos demais partidos nas liñas estratéxicas necesarias para Vilagarcía. Os socialistas interesáronse por coñecer a opinión sobre eses temas, e o papel que os outros grupos políticos consideraban que debían tomar na vindeira corporación, sen obter unha resposta clara sobre tan situación.

3. O BNG anunciou dende un principio a súa posición de non tomar parte nun hipotético goberno municipal, decisión que o PSdeG respecta profundamente e da que considera que é indubidablemente lexítimo, e tamén sobre a que agradece a claridade da postura dende un inicio. A pesares desta decisión, BNG e PSdeG continúan a manter xuntanzas igualmente que cos outros partidos, dentro do clima de diálogo que os socialistas consideran necesario.

4. Alcanzado o punto do Pleno de Investidura, os socialistas consideran esta unha ocasión inmellorable para que os grupos que están tomando parte nas conversas, manifesten xestos oportunos que clarifiquen a súa posición actual. Os socialistas consideran imprescindible este paso para coñecer o punto das conversas nas que se atopan, e agardarán á posición e sentido do voto que os demais grupos manifesten na sesión de investidura.

5. O equipo do PSdeG continuará a manter diálogo e conversas habituais e constantes cos demais grupos políticos encamiñadas a chegar aos acordos necesarios, independentemente de que as decisións que mañá manifesten os demais partidos visualicen unha ou outra postura respecto das súas intencións.


Vilagarcía de Arousa, 12 de xuño de 2015

3/6/15

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

Estimad@s compañeir@s,

con motivo da celebración das eleccións municipais o pasado 24 de maio, comprácenos convocarvos á:

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

Data: Martes 9 de xuño de 2015.

Hora de inicio: 20.00h en primeira convocatoria e 20.30h en segunda convocatoria.

Lugar: Sede da agrupación.

ORDE DO DÍA:

1. Constitución da Asemblea e elección da mesa.

2. Valoración das Eleccións Municipais.

Dada a importancia do tema a tratar, contamos coa túa participación.

Sen mais, recibide un cordial saúdo no nome de toda a Comisión Executiva Municipal.