Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

23/8/11

ACTIVIDADES ESCOLA DE VERÁN

Dende a agrupación socialista de Vilagarcía animámosvos a todos os/as compañeiros/as a participar.


ESCOLA DE  VERÁN   DO  PSdeG-PSOE     2011
SILLEDA, 2 e 3 Setembro


“A RESPOSTA SOCIALDEMÓCRATA A CRISE ECONÓMICA MUNDIAL”


Reflexións e Debates sobre:

- ideas para conformar unha resposta da socialdemocracia
- os movementos reivindicativos que xorden da sociedade
- a resposta dende a igualdade
- a acción do goberno socialista de España na loita contra a crise
- a resposta de Europa
- a alternativa socialdemócrata en Galicia




Desenrolo:

·        Venres, día 2,  de  17 a  21 h
·        Sábado, día 3, de 10 a 14 h
  

INSCRIPCIÓNS: Escola de Formación   981552030
                       formación@socialistasdegalicia.com


Esperando a vosa participación, un cordial saúdo.

11/8/11

SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO E O ALARMISMO DO PP

O PSdeG reclama claridade e criterio non partidista para a valoración da situación económica municipal, ofrecendo a nosa colaboración
Os socialistas seguimos mantendo a nosa proposta de facilitar a gobernabilidade para contribuir todos á pronta recuperación
A situación económica do Concello é equiparable á de calquera outra administración, marcada pola crise económica pero ser alarmismo inxustificado

Vilagarcía de Arousa, 10 de agosto de 2011.- O Partido Socialista de Vilagarcía valora de xeito positivo que, ante as diversas, variables e erráticas valoracións e estimacións que o Alcalde Tomás Fole fixo sobre a situación económica do Concello, e que ofreceron moitas e diferentes cifras e datos nas últimas semanas, sexa agora o informe de intervención o que ofreza luz sobre este caso. Do mesmo xeito os socialistas lembramos a Tomás Fole que sabe e sabía, ou debería saber, a situación do Concello xa que foi a súa labor durante 8 anos. E aínda así, cabe apuntar a cantidade de promesas inrrealizables feitas na campaña electoral do PP coma o complexo lúdico-deportivo en Castrogudín ou o carril servicio. Nesta liña ten mención especial o tratamento que Fole está a dar á situación de Fexdega, na que está a dar pasos para eliminar catro postos de traballo e convertir un recinto construído para a promoción económica no pavillón de deportes máis caro da historia e que vai gastar máis de 200.000€ ao ano. Para isto, ou para gastarse máis de 40.000€ nun grupo de música pero non pagarlle aos grupos locais, para eso si existen fondos e non hai problemas de débeda.

Sobre a situación específica actual do Concello de Vilagarcía, é imprescindible que o Alcalde Tomás Fole se absteña de facer utilización demagóxica e oportunista da situación económica, e clarifique tamén as cuestións que non lle interesa decir, como que moitos dos pagos pendientes corresponden as grandes inversións feitas nos últimos anos en Vilagarcía (coma as do Plan E ou as que contan con financiación europea) figuran como parte da suposta débeda da que Fole fala, pero son actuacións financiadas por outras administracións e que se reintegrarán ao Concello íntegramente. É por todo esto que resulta necesario que as contas públicas sexan cuestión de trato obxectivo e non partidista, como lamentablemente está a ocorrer en todas as administracións que o PP accedeu a gobernar dende as pasadas eleccións, coma o lamentable espectáculo que está a dar María Dolores de Cospedal coa subida de salarios para seus asesores a costa de non pagar ás farmacias.

En todo caso, os socialistas insistimos na nosa vontade de contribuir a que o Concello de Vilagarcía camiñe na senda da recuperación económica, incidindo en que a situación é difícil tanto aquí coma para calquera administración dentro do contexto económico global que estamos a vivir. Neste sentido xa comezamos a nosa actual labor de oposición aprobando cambios de partidas e mostrando a nosa vontade de favorecer a gobernabilidade, evitando as posturas obstruccionistas que tanto dano fixeron á economía municipal coma as que o PP desenvolveu no último tramo da lexislatura pasada, non facilitando nin aprobando cuestións de pura xestión económica que dificultaron enormemente a labor. En todo caso, e para evitar o alarmismo inxustificado que tanto dano pode facer, e para que o sr. Fole non utilice esta situación como arma para futuras decisións de recortes sociais, cabe sinalar que a situación de Vilagarcía é equiparable á de moitos outros Concellos de Galicia e de España, e que incluso nesta mesma comarca pódense comprobar algúns deles, gobernados in hilo tempore polo PP, que xa quixeran para si a situación que Vilagarcía ten agora mesmo.

10/8/11

El PSOE baraja llevar al juzgado la integración del área sanitaria de O Salnés

Presentó en el Parlamento una batería de iniciativas sobre este tema

Después de que se hubiese confirmado, «en pleno verán», la integración de hecho del Hospital do Salnés en el área sanitaria de Pontevedra, el Partido Socialista ha puesto el grito en el cielo contra una medida que deja a la comarca de O Salnés «sen competencias para planificar». Así lo explicaba ayer el diputado Modesto Pose, que anunció en Vilagarcía la presentación de varias iniciativas parlamentarias encaminadas a intentar frenar esta medida.
Para Pose, el hospital de Rubiáns tiene méritos suficientes para tener autonomía, pero el PSOE ni siquiera quiere discutir eso: «Se a conselleira e Núñez Feijoo consideran que debe estar integrado, que o digan, pero non poden dicir que se mantén a área sanitaria e despois sacar ese decreto», opina el parlamentario arousano, que considera que los políticos populares «son bastante tramposos». Incluso -dice- en el propio decreto parece como si se tratase de dos áreas sanitarias diferentes que se asocian, pero cuando detalla el modo de funcionamiento remite al decreto del año 2010 por el que se integraban los hospitales de Cee y Barbanza en A Coruña y Santiago respectivamente. Esa normativa «non lle dá ningunha competencia ao xerente executivo, que ademais é nomeado polo xerente de Pontevedra», explica Pose. Y no solo eso, sino que el gerente del Hospital do Salnés no podrá concertar ni tendrá capacidad de contratación.

El PSOE entiende que esto convertirá al Hospital do Salnés en un ambulatorio del de Pontevedra, una medida que no tiene nada que ver, según Pose, con la austeridad: «Este -el de Vilagarcía- é un hospital que ten enimigos en algún xefe de servicio de Pontevedra e ao final acabou convencendo aos dirixentes do PP», afirma Pose. «Se queren austeridade, que deixen de facer o hospital de Monte Carrasco», añade.

En consecuencia, el PSOE anuncia la presentación de una serie de iniciativas en el Parlamento: se trata de una proposición no de ley y de sendas preguntas para su respuesta en pleno y en comisión. Además, tampoco descarta medidas jurídicas, puesto que a través de un decreto se está corrigiendo una ley. En este aspecto, Pose recuerda que en el año 1992 se aprobó, por iniciativa popular, una ley en la que se determinaba la creación del área sanitaria de O Salnés. Esta es la norma que ahora dice el PSOE que se pretende obviar.

Fuente: La Voz de Galicia

3/8/11

ACTOS DE ELECCIÓN E PRESENTACION DA NOVA EXECUTIVA DE XUVENTUDES SOCIALISTAS DE VILAGARCIA

Asamblea e elección de nova executiva das Xuventudes Socialistas de Vilagarcía: venres día 5 de agosto ás 17:00 horas na sede do PSdeG-PSOE de Vilagarcía.

Acto de presentación da nova executiva: venres día 5 de agosto ás 19:00 horas na sede do PSdeG-PSOE de Vilagarcía.

Intervencións:

- Tania García (Secretaria Xeral PSdeG-PSOE Vilagarcia).
- Modesto Pose (Secretario Xeral do PSdeG-PSOE Provincia Pontevedra).
- María Torres (Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia).
- Secretario/a Xeral electo/a das Xuventudes Socialistas de Vilagarcía.
- José Blanco (Vicesecretario Xeral do PSOE, Ministro de Fomento e Portavoz do Goberno).

Esperamos contar coa vosa presencia e agradecemos a máxima divulgación.

Saúdos,
Xuventudes Socialistas de Vilagarcía.

O Partido Socialista exíselle a Tomás Fole o informe escrito da suposta auditoría económica do Concello de Vilagarcía


Consideramos inadmisible a irresponsabilidade de Tomás Fole na xestión da información sobre a situación económica do Concello.
A información difundida responde á estratexia política e non á realidade do Concello.

Vilagarcía de Arousa, 2 de agosto de 2011.- As recentes informacións publicadas sobre a situación económica do Concello de Vilagarcía, froito das valoracións do Alcalde Tomás Fole acerca dunha suposta auditoría interna realizada, supoñen para os socialistas de Vilagarcía unha frivolidade alarmista de grande irresponsabilidade.

O Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, ven de indicar que a débeda do Concello estaría en torno aos 6 millóns€, aínda que ten declarado que podería ser incluso máis. A información publicada tamén indica datos aproximados sobre cuestións como o orzamento xa executado ou os pagos a proveedores.

De xeito claro, o Partido Socialista reclama ao Alcalde Tomás Fole que faga público o informe desa auditoría, que inclúa quen foron os responsables dela, e solicitan unha copia por escrito. Sendo esta interna, segundo declaracións do sr. Fole, solicitamos que se expoña qué traballador ou traballadores do Concello foron os encargados de facela, baixo que directrices e en qué prazos de tempo. A Secretaria Xeral do PsdeG de Vilagarcía, e portavoz do Grupo Socialista no Concello , declarou esta mañá que “é necesario que información deste tipo sexa clara, tanto no que son as propias contas como na xestión da propia información”. Segundo engadiu Tania García, “despois desta suposta auditoría, resulta que ningunha información pode precisar ningún dato como verídico, senón que semella haber únicamente suposicións. Non queda claro nada”.

Dende o Partido Socialista apúntase tamén que esta información non responde á situación real do Concello, pero sí entra perigosamente no xogo político que está a facer o PP, de tentar de ofrecer a mensaxe de que a situación económica é peor do que realmente é naquelas administracións nas que entran a gobernar. Con eso tentan de xustificar calquera decisión posterior en termos económicos, aínda que no caso de Vilagarcía esto supoña incoherencias tan enormes como pagar máis de 40.000€ por un grupo musical en San Roque pero pretender non pagarlle aos grupos locais nin montarlle o escenario, ou pretender asumir o gasto de 218.000€ anuais que costa o mantemento de Fexdega, pero decir que non hai maneira de dotar á Fundación de Deportes de 166.000€ para as subvencións a clubes.

O alarmismo que estas declaracións poden crear no tecido económico e social de Vilagarcía é un peso grande que o sr. Fole pode non ter valorado, pero os socialistas esixímoslle rigor e escrupulosidade cos temas.