Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

11/8/11

SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO E O ALARMISMO DO PP

O PSdeG reclama claridade e criterio non partidista para a valoración da situación económica municipal, ofrecendo a nosa colaboración
Os socialistas seguimos mantendo a nosa proposta de facilitar a gobernabilidade para contribuir todos á pronta recuperación
A situación económica do Concello é equiparable á de calquera outra administración, marcada pola crise económica pero ser alarmismo inxustificado

Vilagarcía de Arousa, 10 de agosto de 2011.- O Partido Socialista de Vilagarcía valora de xeito positivo que, ante as diversas, variables e erráticas valoracións e estimacións que o Alcalde Tomás Fole fixo sobre a situación económica do Concello, e que ofreceron moitas e diferentes cifras e datos nas últimas semanas, sexa agora o informe de intervención o que ofreza luz sobre este caso. Do mesmo xeito os socialistas lembramos a Tomás Fole que sabe e sabía, ou debería saber, a situación do Concello xa que foi a súa labor durante 8 anos. E aínda así, cabe apuntar a cantidade de promesas inrrealizables feitas na campaña electoral do PP coma o complexo lúdico-deportivo en Castrogudín ou o carril servicio. Nesta liña ten mención especial o tratamento que Fole está a dar á situación de Fexdega, na que está a dar pasos para eliminar catro postos de traballo e convertir un recinto construído para a promoción económica no pavillón de deportes máis caro da historia e que vai gastar máis de 200.000€ ao ano. Para isto, ou para gastarse máis de 40.000€ nun grupo de música pero non pagarlle aos grupos locais, para eso si existen fondos e non hai problemas de débeda.

Sobre a situación específica actual do Concello de Vilagarcía, é imprescindible que o Alcalde Tomás Fole se absteña de facer utilización demagóxica e oportunista da situación económica, e clarifique tamén as cuestións que non lle interesa decir, como que moitos dos pagos pendientes corresponden as grandes inversións feitas nos últimos anos en Vilagarcía (coma as do Plan E ou as que contan con financiación europea) figuran como parte da suposta débeda da que Fole fala, pero son actuacións financiadas por outras administracións e que se reintegrarán ao Concello íntegramente. É por todo esto que resulta necesario que as contas públicas sexan cuestión de trato obxectivo e non partidista, como lamentablemente está a ocorrer en todas as administracións que o PP accedeu a gobernar dende as pasadas eleccións, coma o lamentable espectáculo que está a dar María Dolores de Cospedal coa subida de salarios para seus asesores a costa de non pagar ás farmacias.

En todo caso, os socialistas insistimos na nosa vontade de contribuir a que o Concello de Vilagarcía camiñe na senda da recuperación económica, incidindo en que a situación é difícil tanto aquí coma para calquera administración dentro do contexto económico global que estamos a vivir. Neste sentido xa comezamos a nosa actual labor de oposición aprobando cambios de partidas e mostrando a nosa vontade de favorecer a gobernabilidade, evitando as posturas obstruccionistas que tanto dano fixeron á economía municipal coma as que o PP desenvolveu no último tramo da lexislatura pasada, non facilitando nin aprobando cuestións de pura xestión económica que dificultaron enormemente a labor. En todo caso, e para evitar o alarmismo inxustificado que tanto dano pode facer, e para que o sr. Fole non utilice esta situación como arma para futuras decisións de recortes sociais, cabe sinalar que a situación de Vilagarcía é equiparable á de moitos outros Concellos de Galicia e de España, e que incluso nesta mesma comarca pódense comprobar algúns deles, gobernados in hilo tempore polo PP, que xa quixeran para si a situación que Vilagarcía ten agora mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario