Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

16/5/12


ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
Data: 25 de maio de 2012
Hora: 20.00h en primeira convocatoria, e 20.30h en segunda convocatoria
Lugar: Casa do Pobo, sede do partido. Rúa Castelao 18, entrechán.
ORDE DO DÍA
1. Constitución da Asemblea e elección de Mesa
2. Debate e votación da xestión dos Órganos provinciais
3. Debate e votación das propostas de enmendas ao Documento marco*
4. Elección de Delegados/as ao 2º Congreso Provincial**
* Segundo indica a convocatoria do Congreso, establécese un prazo de presentación de candidaturas, que neste caso finaliza o xoves 24 ás 21.00h, para que sexan presentadas na sede do partido. A distribución de delegados para este Congreso atribúe á nosa agrupación 6 delegados.
** O Documento marco foi enviado por correo electrónico. Está a dispor, tamén, unha copia en papel na sede do partido.

10/5/12

Os grupos políticos da oposición de Vilagarcía denucian que o Alcalde non lles comunica os eventos e actividades para censurar a súa presenza.


Os grupos municipais da oposición non reciben avisos nin notificacións de inauguracións e actos, no que consideran unha burda estratexia por parte do Partido Popular, para que teñamos  polo menos a posibilidade de decidir sobre a súa participación ou non.

Vilagarcía de Arousa, 10 de maio de 2012.- Os portavoces dos grupos políticos da oposición do Pleno de Vilagarcía, Tania García (PSdeG), María Villaronga (BNG) e Juan Fajardo (EU), coincidiron hoxe en valorar como “insultante” o que consideran unha estratexia burda e infantil da Alcaldía, o non dar traslado aos concelleiros dos seus grupos, como representantes da cidadanía que son, dos anuncios de actos, inauguracións, exposicións, etc. que se celebran en Vilagarcía. Desta maneira, os representantes dos grupos de esquerda vense limitados para acudir a moitas destas actividades, pois entéranse a posteriori a través dos medios de comunicación ou incluso a través dos propios protagonistas dalgúns actos que constataron a súa ausencia.

Os portavoces da oposición queren lembrarlle ao Alcalde que a maior parte das asociacións, colectivos ou persoas que transmiten ao Concello invitacións a un acto, o está facendo a toda a Corporación, como representantes públicos. Esta situación é máis grave no caso daquelas actividades organizadas polo Concello, xa que resulta absurdo que unha institución que organiza un acto non o comunique a varios dos seus membros. Furtar esa representatividade e ocultar información parece unha conduta propia de actitudes de carácter máis ditatorial que democrático, tanto polas persoas representadas como por aquelas que desexan que os concelleiros e membros dos distintos grupos políticos ou participen nos actos.

En todo caso quizáis sería máis recomendable aínda , vendo certas actitudes de quen formalmente acoden a tales actos en representación do Goberno Municipal, chegando tarde, anunciando a presenza dalgúns membros que logo non asisten ou co total descoñecemento das actividades nas que inteveñen. Dende este punto de vista, podería estar tranquilo o Alcalde, xa que os membros dos grupos políticos de PSdeG, BNG e EU saben exercer a súa representación, non chegan tarde aos sitios, non se aglutinan nas beirarrúas sen deixar pasar e entran aos locais ordeadamente en fila de a un.