Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

28/12/11

BO NADAL A TODOS E TODAS


Dende a Comisión Executiva Municipal de Vilgarcía queremos adicarlle esta felicitación a todos os militantes e simpatizantes que nos brindan o seu apoio día a día.

Moitas gracias por estar ahí!

Un saúdo Socialista

21/12/11

O PSOE DE VILAGARCIA CONVIDAVOS A UN PINCHO DE NADAL

Como xa é tradición nestas datas a Comisión Executiva da Agrupación socialista de Vilagarcía de Arousa convida a tódolos militantes e simpatizantes a un pincho de nadal.

Terá lugar o vindeiro venres 23 de decembro na sede do partido na rúa Castelao ás 20:00.

Aproveitamos a ocasión para felicitarlle as festas a todos e todas e desexarvos un prospero 2012!




Jamás desesperes, aún estando en las mas sombrías aflicciones, pues de las nubes negras cae agua limpia y fecundante. - Miguel de Unamuno
Saudos Cordiais

Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía do PSdeG-PSOE
Rúa Castelao, 18 Entrechán
36600 Vilagarcia de Arousa
Tlf/Fax: 986 502 948

17/12/11

O PSdeG de Vilagarcía considera que a problemática que está a xurdir en torno á ordenanza de terrazas é froito da inoperancia e inacción do Goberno Local


A indefinición e ausencia de directrices produce unha incertidume que causa moitos problemas aos hosteleiros
“O PP cansouse de falar e criticar cando era oposición, e agora cando é Goberno está sumido nunha parálise absoluta”, sinalou Tania García, secretaria xeral dos socialistas


Vilagarcía de Arousa, 16 de decembro de 2011.- O Partido Socialista de Vilagarcía valora as recentes problemáticas surxidas sobre a ordenanza de terrazas do municipio como unha mostra máis da ausencia de dirección que está a sufrir o Concello dende que tomou posesión o actual equipo de goberno.

Despois de proclamar aos catro ventos a súa disconformidade coa ordenanza de terrazas elaborada polo anterior Goberno Local, froito de gran cantidade de reclamacións veciñais e tras debatila co sector, o actual Goberno Municipal leva sen tomar unha decisión acerca deste mesmo tema dende que comezou a súa andadura hai xa seis meses. O Alcalde Tomás Fole está a adoptar un estilo “deixar-facer” neste tema, ao igual que noutros moitos, que está a levar a confusións e incertidumes nos hosteleiros de Vilagarcía. Primeiro foi unha moratoria por mor da chegada de verán, e agora levan máis de catro meses “estudiando a modificación da ordenanza” (segundo declarou o Goberno Local) pero o feito é que os responsables dos negocios todavía están á espera de que se adopten medidas concretas que definan, dunha vez por todas, cal é a postura do PP e de Tomás Fole neste tema.

Pola contra, esta ausencia de dirección e de capacidade de decisión provoca que os empresarios hosteleiros non saiban que postura deben adoptar, se deben de realizar algunha modificación ou que tipo de elementos se poden instalar nas terrazas. Esta situación provoca problemas incluso entre propios hosteleiros, xa que teñen que buscarse as súas propias solucións ante a ausencia de decisión do Goberno Municipal.

Os socialistas de Vilagarcía instan ao Goberno Local a que se poña a traballar dunha vez na modificación da ordenanza da que tanto levan falado, considerando que ao PP escoitóuselle moito máis cando era oposición que agora cando é Goberno e ten que actuar e decidir. Ademáis lembran ao goberno popular que a instalación de mamparas ancladas ao chan e ás fachadas está expresamente prohibido na vixente ordenanza o no PXOM, polo que  calquera cambio implicará tamén unha modificación do PXOM trámite que demora aínda máis tempo a busca dunha solución.

5/12/11

ACLARACIÓNS SOBRE A SUPOSTA LICENZA PARA A CONSTRUCIÓN DUN HOTEL

O Partido Socialista de Vilagarcía manifesta dúbidas moi serias sobre o suposto proxecto para a construción dun hotel na cidade en Rosalía de Castro
Durante a lexislatura pasada non se presentou no Concello ningunha solicitude de licenza para a construción dun hotel
O área de Patrimonio da Xunta informou negativamente da demolición do inmoble xa derruído, tal e como defendeu no seu día o Concello de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2011.- O PSdeG de Vilagarcía considera necesario aportar certas informacións sobre o tema da suposta solicitude de construción dun hotel de alta gama en Vilagarcía durante a pasada lexislatura, a tenor da información e os datos que se están a facer públicos nestes últimos días.

En primeiro lugar, e cuestión que é considerada fundamental polos socialistas, é necesario sinalar que durante a anterior lexislatura non consta que houbera ningunha solicitude de licenza para a construción dun hotel en Rosalía de Castro. A partires de aquí, calquera información que deixe entrever que esta solicitude de licenza existíu formalmente non é certa.

O único feito real desta situación foi a demora na licenza de demolición dun inmoble na devandita zona porque o Goberno Municipal anterior estaba en trámites de incorporar tal inmoble ao Catálogo municipal de bens a conservar que acompaña ao PXOM. A vontade do Goberno Local foi evitar a demolición e protexer o inmoble da súa desaparición. Tal demolición, ademáis, contou cunha resolución da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra que informa desfavorablemente sobre a demolición, sinalando o “interese” do inmoble en cuestión, tendo en conta factores como o “contorno histórico e arquitectónico da zona” e que a “desaparición dun elemento (…) contribuiría a empobrecer o conxunto”.

Finalmente e tristemente o Tribunal de Xustiza de Galicia, a pesares da resolución desfavorable de Patrimonio, doulles a razón aos propetarios e autorizoulles a demolición do inmoble que procederon de inmediato a derribar. É convinte matizar tamén, que calquera indemnización que lle poidera corresponder aos propietarios, deberá ser outorgada por unha senteza xudicial, que tamén dictará, se procede a mesma, a contía correspondente. Motivo polo cos socialistas queren deixar moi claro que non hai a día de hoxe ningunha senteza que condene ao Concello a indemnizar con seis millóns de euros aos promotores deste proxecto.

Por último os socialistas tamén queren plantexar as súas grandes dúbidas sobre o suposto proxecto e a posible construción dun hotel na parcela sinalada do inmoble xa derruído, tendo en conta as reducidas dimensións da parcela na que semella complicado construir un proxecto de tal envergadura. Resulta de interese apuntar que a parcela colindante conta cun inmoble protexido e catalogado por Patrimonio, do que casualmente xa foi presentada no Concello, polos mesmos propietarios que no primeiro dos casos, a solicitude de retirada do Catálogo de bens e inmobles a conservar para poder ser derruído.

Estamos entón ante unha situación na que non existe solicitude de licenza para a construción dun hotel, derribouse un inmoble contra un informe de Patrimonio e contra a vontade política do anterior Goberno Local, que pretenderon protexer o existente, e todo apunta á intención de facer o mesmo na parcela colindante para instalar unha nova construción dentro dun contexto sinalado por Patrimonio histórico-arquitectónico merecedor de ser protexido.

3/12/11

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA EXTRAORDINARIA


Compañeir@, pola presente convocámoste á

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

DATA:  Luns, 12 de decembro.
HORA:  20.00 en primeira convocatoria, 20.30 en segunda convocatoria.
LUGAR: Casa do Pobo. Sede do partido. (Castelao, 18-Entrechán).

ORDE DO DIA

1.    Constitución da Asamblea e elección da Mesa.
2.    Análise resultados Eleccións Xerais – 20N

Aproveitamos esta carta para convocarche tamén, a ti e aos teus, ao xa tradicional pincho de Nadal que celebraremos no día venres 23 de decembro, as 20.30 na sede, esperando contar coa túa presencia.
Tamén lembramos a todos que está disponible a lotería de Nadal do partido, que este ano xoga o número 97.109, e que estará á venda na asemblea.

Tania García Sanmartín                                 Álvaro Carou García
    Secretaria Xeral                                    Secretario de Organización

           

Vilagarcía, 2 de decembro de 2011