Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

5/12/11

ACLARACIÓNS SOBRE A SUPOSTA LICENZA PARA A CONSTRUCIÓN DUN HOTEL

O Partido Socialista de Vilagarcía manifesta dúbidas moi serias sobre o suposto proxecto para a construción dun hotel na cidade en Rosalía de Castro
Durante a lexislatura pasada non se presentou no Concello ningunha solicitude de licenza para a construción dun hotel
O área de Patrimonio da Xunta informou negativamente da demolición do inmoble xa derruído, tal e como defendeu no seu día o Concello de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2011.- O PSdeG de Vilagarcía considera necesario aportar certas informacións sobre o tema da suposta solicitude de construción dun hotel de alta gama en Vilagarcía durante a pasada lexislatura, a tenor da información e os datos que se están a facer públicos nestes últimos días.

En primeiro lugar, e cuestión que é considerada fundamental polos socialistas, é necesario sinalar que durante a anterior lexislatura non consta que houbera ningunha solicitude de licenza para a construción dun hotel en Rosalía de Castro. A partires de aquí, calquera información que deixe entrever que esta solicitude de licenza existíu formalmente non é certa.

O único feito real desta situación foi a demora na licenza de demolición dun inmoble na devandita zona porque o Goberno Municipal anterior estaba en trámites de incorporar tal inmoble ao Catálogo municipal de bens a conservar que acompaña ao PXOM. A vontade do Goberno Local foi evitar a demolición e protexer o inmoble da súa desaparición. Tal demolición, ademáis, contou cunha resolución da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra que informa desfavorablemente sobre a demolición, sinalando o “interese” do inmoble en cuestión, tendo en conta factores como o “contorno histórico e arquitectónico da zona” e que a “desaparición dun elemento (…) contribuiría a empobrecer o conxunto”.

Finalmente e tristemente o Tribunal de Xustiza de Galicia, a pesares da resolución desfavorable de Patrimonio, doulles a razón aos propetarios e autorizoulles a demolición do inmoble que procederon de inmediato a derribar. É convinte matizar tamén, que calquera indemnización que lle poidera corresponder aos propietarios, deberá ser outorgada por unha senteza xudicial, que tamén dictará, se procede a mesma, a contía correspondente. Motivo polo cos socialistas queren deixar moi claro que non hai a día de hoxe ningunha senteza que condene ao Concello a indemnizar con seis millóns de euros aos promotores deste proxecto.

Por último os socialistas tamén queren plantexar as súas grandes dúbidas sobre o suposto proxecto e a posible construción dun hotel na parcela sinalada do inmoble xa derruído, tendo en conta as reducidas dimensións da parcela na que semella complicado construir un proxecto de tal envergadura. Resulta de interese apuntar que a parcela colindante conta cun inmoble protexido e catalogado por Patrimonio, do que casualmente xa foi presentada no Concello, polos mesmos propietarios que no primeiro dos casos, a solicitude de retirada do Catálogo de bens e inmobles a conservar para poder ser derruído.

Estamos entón ante unha situación na que non existe solicitude de licenza para a construción dun hotel, derribouse un inmoble contra un informe de Patrimonio e contra a vontade política do anterior Goberno Local, que pretenderon protexer o existente, e todo apunta á intención de facer o mesmo na parcela colindante para instalar unha nova construción dentro dun contexto sinalado por Patrimonio histórico-arquitectónico merecedor de ser protexido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario