Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

17/12/11

O PSdeG de Vilagarcía considera que a problemática que está a xurdir en torno á ordenanza de terrazas é froito da inoperancia e inacción do Goberno Local


A indefinición e ausencia de directrices produce unha incertidume que causa moitos problemas aos hosteleiros
“O PP cansouse de falar e criticar cando era oposición, e agora cando é Goberno está sumido nunha parálise absoluta”, sinalou Tania García, secretaria xeral dos socialistas


Vilagarcía de Arousa, 16 de decembro de 2011.- O Partido Socialista de Vilagarcía valora as recentes problemáticas surxidas sobre a ordenanza de terrazas do municipio como unha mostra máis da ausencia de dirección que está a sufrir o Concello dende que tomou posesión o actual equipo de goberno.

Despois de proclamar aos catro ventos a súa disconformidade coa ordenanza de terrazas elaborada polo anterior Goberno Local, froito de gran cantidade de reclamacións veciñais e tras debatila co sector, o actual Goberno Municipal leva sen tomar unha decisión acerca deste mesmo tema dende que comezou a súa andadura hai xa seis meses. O Alcalde Tomás Fole está a adoptar un estilo “deixar-facer” neste tema, ao igual que noutros moitos, que está a levar a confusións e incertidumes nos hosteleiros de Vilagarcía. Primeiro foi unha moratoria por mor da chegada de verán, e agora levan máis de catro meses “estudiando a modificación da ordenanza” (segundo declarou o Goberno Local) pero o feito é que os responsables dos negocios todavía están á espera de que se adopten medidas concretas que definan, dunha vez por todas, cal é a postura do PP e de Tomás Fole neste tema.

Pola contra, esta ausencia de dirección e de capacidade de decisión provoca que os empresarios hosteleiros non saiban que postura deben adoptar, se deben de realizar algunha modificación ou que tipo de elementos se poden instalar nas terrazas. Esta situación provoca problemas incluso entre propios hosteleiros, xa que teñen que buscarse as súas propias solucións ante a ausencia de decisión do Goberno Municipal.

Os socialistas de Vilagarcía instan ao Goberno Local a que se poña a traballar dunha vez na modificación da ordenanza da que tanto levan falado, considerando que ao PP escoitóuselle moito máis cando era oposición que agora cando é Goberno e ten que actuar e decidir. Ademáis lembran ao goberno popular que a instalación de mamparas ancladas ao chan e ás fachadas está expresamente prohibido na vixente ordenanza o no PXOM, polo que  calquera cambio implicará tamén unha modificación do PXOM trámite que demora aínda máis tempo a busca dunha solución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario