Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

28/5/15

A executiva municipal do PSdeG avala a folla de ruta de Alberto Varela que contempla abrir o diálogo coas demais forzas políticas de Vilagarcía

A dirección socialista considera que os resultados obtidos lexitiman todas as posibilidades que Varela e o seu equipo estimen

Acordouse convocar unha asemblea extraordinaria para o martes 9 de xuño

Vilagarcía de Arousa, 28 de maio de 2015.- A comisión executiva municipal do PSdeG de Vilagarcía celebrou onte a súa primeira xuntanza despois das eleccións municipais, e fíxoo para facer unha valoración dos resultados obtidos así como dos vindeiros pasos a dar unha vez definido o vindeiro pleno municipal. A dirección dos socialistas en Vilagarcía valorou de maneira extraordinariamente positiva os resultados obtidos pola formación nas eleccións do pasado domingo, e incidiron na importancia que tivo neste resultado tanto o proxecto e a candidatura presentada como o traballo desenvolvido polo grupo municipal socialista nesta pasada lexislatura. Dende o PSdeG consideraron que se abre un tempo novo e que é preciso estar á altura do que os cidadáns decidiron, que segundo a interpretación dos membros da executiva local é un goberno municipal próximo, cercano, dialogante e que formule con firmeza os retos da Vilagarcía actual e de futuro.
  
Acerca das relación cos outros grupos municipais, á vista dos resultados obtidos o domingo, a dirección socialista avalou as intencións de Alberto Varela, que despois das eleccións manifestou en varias ocasións a súa intención de iniciar contactos cos demais grupos que obtiveron representación no pleno. Varela, que tomou parte na xuntanza, explicou a súa intención de coñecer de primeira man as opinións e ideas que os demais grupos teñen sobre o seu papel na vindeira corporación. A executiva municipal do PSdeG avalou esta iniciativa e acordou unanimemente que o grupo socialista electo, con Varela ao fronte, teñen todo o apoio para definir nos próximos días ata o pleno de investidura a liña de diálogo que consideren máis apropiada. Na xuntanza concordouse que os resultados lexitiman calquera das posibilidades abertas para a votación de investidura do Alcalde e a conformación do vindeiro grupo municipal, sempre que sexan nunha liña de acción de esquerdas e progresista para Vilagarcía.

A executiva socialista acordou tamén celebrar o vindeiro martes día 9 unha asemblea extraordinaria de valoración dos resultados, para a que convocarán a toda a militancia e na que calquera afiliado poderá abordar a situación resultante. 

22/5/15

Alberto Varela agradece o apoio demostrado polos veciños de Vilagarcía durante a súa campaña electoral

O candidato socialista afirma que “os veciños deben escoller entre dous modelos: o da desatención e a crispación permanente ou o representado polo meu equipo, o da participación e diálogo constante”

Varela indica que “a rolda de xuntanzas abertas por todos os territorios de Vilagarcía amosou o desexo de cambio dos veciños de Vilagarcía. Os cidadáns queren volver ter un goberno que os escoite”



Vilagarcía de Arousa, 22 de mayo de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, puxo fin onte en Rubiáns á rolda de xuntanzas abertas por todas as parroquias de Vilagarcía. “Quero agradecer ao meu equipo a súa dedicación durante estes quince días de campaña. Pero sobre todo quero agradecer aos veciños de Vilagarcía o apoio amosado á miña candidatura e ao meu proxecto de cambio para Vilagarcía”. Neste senso, Varela recordou que  “superamos todas as expectativas en afluencia de público. Ao tratarse de actos pensados para que os veciños interviñesen e establecesen un diálogo con nós, puidemos comprobar o profundo descontento co Goberno actual e a necesidade de abrir unha nova etapa na que os cidadáns volvan ser os protagonistas da vida política de Vilagarcía”.

“O domingo trátase de escoller entre dous modelos: o representado por Tomás Fole, baseado no oscurantismo, no desprezo e desatención aos cidadáns, aderezados pola permanente crispación na vida política, social e cultural de Vilagarcía; ou o representado por nós, consistente en recuperar a concordia, o diálogo e o respecto mutuo entre os veciños e o goberno municipal”, sinalou Alberto Varela, quen se mostrou convencido de ser quen de representar o cambio de rumbo que Vilagarcía precisa.

 Alberto Varela afirmou que “o resultado do PSOE nas eleccións do vindeiro domingo será mellor do esperado, tal como indica a tendencia esbozada polas enquisas, pero sobre todo pola sensación que diariamente me transmiten os veciños na rúa”. Nesta liña, o candidato socialista afirmou que “estamos en condicións de obter o respaldo maioritario dos veciños de Vilagarcía. Pido ese respaldo para desenvolver un proxecto de reactivación de Vilagarcía, pero sobre todo para que os veciños volvan ter un Alcalde permanentemente na rúa, non parapetado nun despacho como sucedeu estes últimos catro anos”.  Alberto Varela concluíu afirmando que “Vilagarcía non merece esperar más. É o momento de devolverlle aos veciños o tempo perdido”.

20/5/15

AXENDA DE ALBERTO VARELA PARA O 20 E 21 DE MAIO

Axenda do noso candidato á Alcaldía, Alberto Varela, para o 20 e 21 de maio:

Mércores  20 de Maio de 2015
12:30
Rolda de Prensa  
Lugar: Sede

20:30
Xuntanza Aberta no Piñeiriño
Lugar: Parque do Piñeiriño
Xoves 21 de Maio de 2015
10:00
Almorzo informativo coa prensa (coa presenza de  Pilar Cancela-Secretaria de Organización do Psdeg e Oscar López- Portavoz do PSOE no Senado)
Lugar: Por confirmar

16:45
Debate no Canal Rías Baixas (Alberto Varela, Tomás Fole, María Villaronga e Jesús López)

19:00
Debate na Cadena SER (Alberto Varela, Tomás Fole, María Villaronga e Jesús López)

20:30
Xuntanza Aberta en Rubiáns
Lugar: Centro Cultural de Rubiáns

19/5/15

Alberto Varela propone crear un novo parque infantil no xardín do Centenario

Varela lembra que trasladar para o Centenario o parque infantil do Cavadelo foi “unha de tantas propostas do grupo socialista no Pleno que, aínda aprobada, non foi executada”

O candidato socialista enmarcou esta idea dentro da proposta de revisión dos xardíns para nenos, “que necesitan ser atendidos independentemente de onde se ubiquen”

Vilagarcía de Arousa, 19 de maio de 2015.- Alberto Varela, candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, plantexou hoxe unha revisión dos parques infantís de Vilagarcía, con especial atención a aqueles que se atopan nas parroquias fora do casco urbano. Varela apuntou que “a política de parques chupi-guays semella ser que os tres ou catro lugares do centro máis visibles sexan remodelados todas as veces que faga falta, pero se abandonen os parques infantís do rural”. “Non é a nosa concepción”, indicou Varela, quen plantexou a necesidade de atender todas as demandas e necesidades por igual.


Alberto Varela utilizou varios exemplos para evidenciar o que considera un comportamento “estándar” do goberno local, diferenciando as veciños en dúas velocidades, en función de se saen máis ou menos na prensa. “Este goberno actuou toda a lexislatura a golpe de foto. O que sae na foto se intenta arreglar e o que non, esquécese”, criticou mentres mencionou a ubicación de columpios no Piñeiriño provintes doutros xardíns; o estado de abandono do parque de Trabanca Sardiñeira, “onde a herba estase a converter nun bosque”; o entorno do xardín da Lomba que está absolutamente descoidado e sen coidar dende hai tempo ou o ubicado en Trabanca Badiña que está “totalmente descuidado”.

Dentro desta avaliación dos parques infantís Varela apuntou ao xardín do Centenario. “Queda moi alonxado do centro para Fole”, ironizou, e sinalou que leva moito tempo sen unha utilización concreta. Varela considera que houbo unha proposta de interese durante a lexislatura, que foi trasladar para o Centenario os xogos infantís do Cavadelo. “Non hai comparación, pois poderían estar nun entorno máis amplo, moito máis natural e ata máis seguro, rodeados de árbore e non cunha carretera diante” apuntou. O candidato do PSdeG lembrou que esta proposta, feita polo grupo socialista no Pleno hai xa tempo, “foi unha máis das nosas ideas que aportamos para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Vilagarcía, e debeu de parecer boa cando foi aprobada por unanimidade”. Ao final, “Fole aprobou pero non actuou, unha vez máis”, afirmou resignado.

18/5/15

AXENDA DE ALBERTO VARELA PARA O 18 E 19 DE MAIO

Axenda do candidato á Alcaldía, Alberto Varela, para o 18 e 19 de maio:

Luns 18 de Maio de 2015
19:15
Entrevista na Cadena Ser

20:30
Xuntanza Aberta en Galáns/Renza/Aralde/Eiviño/O Rial
Lugar: Casa da Cultura de Galáns (Presenta o acto Tania García)
 
Martes 19 de Maio de 2015
10:30
Atención a medios de comunicación

18:30
Visita a Guillán coa candidatura

20:30
Xuntanza Aberta en Guillán
Lugar:  Casa da Cultura de Guillán (Presenta o acto Javier Gago)

15/5/15

AXENDA DE ALBERTO VARELA PARA A FIN DE SEMANA

Venres 15 de Maio de 2015
17:00
Moving Vilagarcía  
Lugar: Pavillón de Fexdega

20:30
Xuntanza Aberta en A Torre
Lugar: Praza de San Miguel de A Torre 
 

Sábado 16 de Maio de 2015
10:30
Reparto polo mercado
Lugar: Praza de abastos e arredores

12:00
Preguntalle ao teu Candidato
Lugar: Praza de Galicia

18:00
Acto central de campaña coa intervención de Tania García, José Ramón Gómez Besteiro Alberto Varela
Lugar: Salón García da Casa da Cultura 
 

Domingo 17 de Maio de 2015
12:00
Conmemoración do Día das Letras Galegas  
Lugar: C.A.D. Gato Negro de Carril

13:30
Xuntanza Aberta en Trabanca Badiña
Lugar: Centro Cultural de Trabanca Badiña

17:00
Torneo Arousa Fútbol 7
Lugar: Campo de fútbol de A Lomba

19:30
Xuntanza Aberta en Bamio
Lugar: Centro Sociocultural de Bamio

Alberto Varela aposta por promover o Parque Nacional Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade

Varela apunta que esta idea elevará a importancia e a relevancia da Illa, o que será positivo para Vilagarcía



Vilagarcía de Arousa, 15 de maio de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía de Arousa propuxo esta mañá promover a inclusión do Parque Nacional das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade, o que conlevaría que Cortegada acadaría tamén esa distinción como parte do Parque Nacional.

Varela continuou así coa súa aposta por revitalizar a illa, na conciencia de que “é un elemento dun valor natural incalculable que pode aportar moito á nosa cidade”. Varela incidiu nos elementos que poden contribuir a que esta iniciativa teña éxito, “polo valor das illas en conxunto e tamén polos valores individuais de cada unha delas, como pode ter o bosque de loureiros de Cortegada”.

O candidato socialista aposta por promover esta iniciativa, en colaboración cos Concellos dos que forman parte as outras illas do Parque Nacional, e considera que “un esforzo común pode ubicar Vilagarcía no mapa da UNESCO”. Varela convidou ao resto de forzas políticas, axentes sociais e económicos e ao pobo de Vilagarcía e especialmente o de Carril, a que se sumen a esta proposta para que teña toda a forza necesaria.

14/5/15

Alberto Varela apunta ao cumplimento estricto e riguroso da legalidade fronte aos edificios ruinosos

O candidato socialista afirma que “non é aceptable a imaxe que se traslada con estes edificios, que xeneran suciedade, son un foco de infección e olor insoportable e son perigosos

Varela indica que “a legalidade da ferramentas, incluso o embargo, ante a deixadez dos propietarios”





Vilagarcía de Arousa, 14 de mayo de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, valorou hoxe un problema que considera “de moito impacto” no referente tanto ao modelo de cidade como, incluso, “de saúde pública”. “Existen en todo o término municipal de Vilagarcía certas casas abandonadas, que amosan unha imaxe esperpéntica e que supoñen un foco de insalubridade perigoso”. Varela apuntou que algunhas destas edificacións están no centro de Vilagarcía, aínda que hai outros en lugares como o a primeira liña do mar en Carril, e que provocan un impacto visual horrible. Para Varela “esta imaxe é incompatible coa Vilagarcía agradable para vivir e pasear que desexamos, e tamén con negocios de comercio e hostelería que ven afectadas as súas zonas por estas casas neste estado”. 

Varela considera que o Concello pode poñer máis empeño en resolver esta problemática. “É certo que existen maniobras legáis que dificultan a acción da administración, pero non debemos resignarnos a eso. O Concello pode ser estricto coa legalidade, esixindo o seu cumprimento e a través desta pódese chegar incluso ao embargo se os propietarios non actúan”. Varela apuntou que “non é de recibo é que poidan existir intereses especulativos, como é o caso en numerosas ocasións, e iso provoque que os edificios se deterioren de maneira brutal, perxudicando ao contorno”.           


Varela aproveitou para incidir no modelo de cidade que os socialistas defenden, i é que “unha cidade humanizada, pensada para os peóns e bicis, que aposte polo comercio de proximidade e a hostelería local, debe ter en conta que a única acción non é peonalizar as rúas, senón tamén coidar todos os elementos, como os edificios”.

13/5/15

Alberto Varela aposta por implementar a reciclaxe e por impulsar un Plan de aforro enerxético

O alcaldable socialista retomará o programa de compostaxe doméstica que o goberno do PP paralizou durante o seu mandato


"Ademais do beneficio medioambiental, estas medidas tamén supoñen unha medida de aforro para as arcas municipais" Sinalou Varela

Vilagarcía de Arousa, 13 de maio de 2015.- O candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, anunciou hoxe algunha das súas propostas en materia de Medio Ambiente. Para o socialista é fundamental implementar a reciclaxe e poñer en marcha un Plan de aforro enerxético.

"É necesario seguir apostando pola recollida selectiva e impulsar novas formas de reciclaxe" sinalou Varela, quen recordou que o goberno socialista de Dolores García puxo en marcha o primeiro Programa de compostaxe doméstica mediante o reparto de 180 composteiros. "O goberno bipartito deixou morrer, coma outros tantos asuntos, a compostaxe no caixón", indicou o candidato socialista. Pero ademais Varela salientou que o goberno de Tomás Fole non incrementou ningún dos sistemas de recollida selectiva, non puxo máis puntos de recollida de aceite e non impulsou ningún otro sistema de reciclaxe. “A aposta por unha convivencia sostible non se fundamenta en decir senón en facer, e este goberno a verdad é que non fixo moito” ironizou Varela. O alcaldable do PSdeG anunciou que impulsará, ademais da compostaxe doméstica, outros sistemas de reciclaxe e recollida selectiva. 

Alberto Varela tamén anunciou o seu empeño en poñer en práctica "un verdadeiro Plan de aforro enerxético, non como o que fixo o bipartito conservador, que non foi máis que pagarlle dezaoito mil euros a unha empresa para cambiar as luminarias de dúas rúas". O aforro enerxético tamén será unha prioridade para o goberno de Varela, apostando por novos sistemas que consuman menos enerxía e produzan unha menor contaminación lumínica. O socialista incidíu na súa proposta de que esta liña de acción dunha eficiente xestión enerxética leve a incluir a Vilagarcía na Rede Española de Cidades Intelixentes, as coñecidas como Smart Cities, que en Galicia xa inclúe a Santiago, A Coruña e Lugo. "Ademais dos beneficios medioambientais, estas medidas tamén supoñen un aforro para as arcas municipais, polo que serán unha prioridade na nosa acción de goberno". 

AXENDA DE ALBERTO VARELA PARA O 13 E 14 DE MAIO

Axenda de Alberto Varela para os días 13 e 14 de maio:

Mércores 13 de Maio de 2015
20:00
Xuntanza Aberta en Cea
Lugar: Centro Cultural de Cea
 
Xoves 14 de Maio de 2015
10:30
Reunión co Comité de Empresa Concello
Lugar: Seminario 1 do Auditorio

20:00
Xuntanza Aberta Trabanca Sardiñeira
Lugar:  Centro Sociocultural Trabanca Sardiñeira

11/5/15

Alberto Varela expón as súas propostas ante unha gran afluencia de público en Vilaxoán e Carril

O candidato socialista participou en sendos actos neste primeiro fin de semana de campaña, nos que avanzou o seu programa específico para cada unha das localidades

Varela respostou ás preguntas que formularon os veciños, como parte do formato aberto de actos




Vilagarcía de Arousa, 11 de maio de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, estivo no día de onte en sendos actos abertos en Vilaxoan e Carril, dentro das visitas de campaña electoral que os socialistas farán a todos os lugares de Vilagarcía.

No acto de Vilaxoán, presentado por Miro Serén e o vilaxoanés Gabriel González, ambos membros da candidatura socialista, Varela presentou o seu programa de acción centrado no “diálogo, a participación e a transparencia”, resaltando que na rolda de visitas ás parroquias feita antes da campaña electoral, os veciños e veciñas sinalaban que “o que mais rexeitaban dun goberno local é que non escoite. Esto, que que o actual alcalde o puxo en práctica, non será a nosa forma de actuar”. Varela apostou en Vilaxoán por atender á demanda veciñal de intervir sobre a praia do Preguntoiro, procurando dotala de mais area para aumentar o espazo da praia.

En Carril, Varela iniciou o acto precedido por Pilar Garrido, e apostou de inicio por un aproveitamento de Cortegada, “parte do único parque nacional que ten Galicia”, da que Varela destacou que “foi un feito de xustiza histórica recuperala para o pobo de Carril, unha decisión da que os socialistas nos sentimos orgullosos por ter sido tomada baixo o goberno de Touriño en Galicia e de Dolores García en Vilagarcía”.

Varela inicidiu en Carril na súa proposta para reconectar o pobo co mar, e centrouse no paseo marítimo do que destacou a aposta por eliminar o CIRA, ordenar os usos da praia para compatibilizar marisqueo e baño e tamén pola atención especial a Cortegada, “sen pasarelas e sen ocurrencias”.


AXENDA DE ALBERTO VARELA PARA O 11 E 12 DE MAIO

Axenda do candidato á Alcaldía, Alberto Varela, para o 11 e o 12 de maio:

Luns 11 de Maio de 2015
12:00
Reunión con UGT Pontevedra e Arousa 
Lugar: Sede comarcal de UGT

20:30
Xuntanza Aberta para a zona de Solobeira e Cornazo
Lugar: Casa da Cultura de Os Borrizos


Martes 12 de Maio de 2015
20:00
Xuntanza Aberta para a zona da Xunqueria, As Bocas e A Laxe.
Lugar: Parque de A Lomba

8/5/15

AXENDA SEMANAL - ALBERTO VARELA

Axenda semanal do candidato á Alcaldía, Alberto Varela, do 7 ao 10 de maio.

Xoves 7 de Maio de 2015
21:30
Presentación da Candidatura do Psdeg en Meaño
Lugar: Dena

23:30 - 00:30
Pegada inicio Campaña Electoral Municipais 2015
Lugar: Parque Miguel Hernández
 
 
Venres 8 de Maio de 2015
17:00
Encontro sobre Igualdade
Lugar: Seminario 1 do Auditorio Municipal

20:30
Xuntanza Aberta en Castrogudín 
Lugar: Centro Sociocultural de Castrogudín
 
 
Sábado 9 de Maio de 2015
10:00
Reparto do programa electoral polo Mercado
Lugar: Praza da abastos e arredores

20:00
Xuntanza Aberta en Carril 
Lugar: Carril
 
Domingo 10 de Maio de 2015
13:00
Xuntanza Aberta en Vilaxoán
Lugar: Vilaxoán

Alberto Varela propón unha reformulación da praia Concha-Compostela para activar a súa función como elemento dinamizador do turismo

O candidato socialista aposta por eliminar o CIRA, considerando que “non funcionou como se esperaba, e agora  produce unha ruptura na imaxe da praia e o paseo, acumulando suciedade nos baixos”.

Varela cree necesario definir correctamente os espacios de marisqueo e o baño, para permitir “convivir os usos sen que uns afecten a outros”



Vilagarcía de Arousa, 8 de maio de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, visitou co seu equipo esta mañá o paseo da praia Concha-Compostela, para continuar presentando o plan de recuperación da fachada marítima. Varela apuntou as cuestión que considera prioritarias para mellorar a imaxe e utilidade da Praia, sobre a que afirmou que “ten algunhas deficiencias estruturais, pola súa ubicación na ría, pero hai moitas cuestións moi mellorables que poden contribuír a facer unha mellor praia”.

Varela apuntou que para intervir sobre a praia hai que ter en conta mar, area e paseo. Sobre o mar, Varela Paz aposta por “definir claramente os espazos para marisqueo e para o baño, permitindo ambos usos pero non en conflito, e procurando a utilización de mellores elementos de balizamento que eviten perigos innecesarios”. “Non entando, de nada serve unha intervención sobre o mar se non se resolve o problema dos verquidos. E para esto comprométome á insistir e pesistir ante a Xunta de Galicia para que destine os fondos necesarios para elo”. Varela apuntou que, “o que non pode ocorrer é que veña Agustín Hernández varias veces como Conselleiro a prometer unha e outra vez unha partida orzamentaria para elo e logo quedemos esperando sen resultados”. 

No referido ao areal, Varela apunta que “hai que diferenciar entre a zona próxima ao mar que é a de baño e a zona superior, que debe destinarse a comprementar os servizos da praia”. O candidato socialista apunta á necesidade de elevar a calidade da zona de baño, intensificando os análises da auga e traballando na súa mellora e coidado. Na parte superior, Varela aposta por aumentar a dotación de material para uso deportivo e habilitar novas zonas de arboredas así como espazos para esparcemento dos animais”.

En canto ao paseo marítimo, o candidato socialista incidíu na necesidade de mellorar o estado, “é un lugar polo que pasan centenares de persoas cada día, un lugar fantástico que está mal coidado. Hai que mellorar o seu estado”. Varela Paz adicou unha especial atención sobre o edificio CIRA, que para o socialista “amosouse ineficaz nos seus obxectivos, e hoxe contribúe a xenerar suciedade nos baixos. Supón ademáis unha ruptura visual na praia, tanto dende a ría como para o propio paseo”. Alberto Varela defendeu que “non podemos manter unha pantalla entre o paseo e Carril” e abogou pola supresión do edificio nos próximos anos. O socialista apuntou que “este é o momento de plantexar este tipo de decisións porque o Ministerio comunicou xa hai tempo ao Concello que rematou o periodo de ocupación do dominio público marítimo-terrestre”. “Son decisións necesarias, que teñen que contribuír a abrir Vilagarcía ao mar e dar un sentido máis continuado á nosa fachada marítima para reconectarnos coa ría”, concluíu.