Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

13/5/15

Alberto Varela aposta por implementar a reciclaxe e por impulsar un Plan de aforro enerxético

O alcaldable socialista retomará o programa de compostaxe doméstica que o goberno do PP paralizou durante o seu mandato


"Ademais do beneficio medioambiental, estas medidas tamén supoñen unha medida de aforro para as arcas municipais" Sinalou Varela

Vilagarcía de Arousa, 13 de maio de 2015.- O candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, anunciou hoxe algunha das súas propostas en materia de Medio Ambiente. Para o socialista é fundamental implementar a reciclaxe e poñer en marcha un Plan de aforro enerxético.

"É necesario seguir apostando pola recollida selectiva e impulsar novas formas de reciclaxe" sinalou Varela, quen recordou que o goberno socialista de Dolores García puxo en marcha o primeiro Programa de compostaxe doméstica mediante o reparto de 180 composteiros. "O goberno bipartito deixou morrer, coma outros tantos asuntos, a compostaxe no caixón", indicou o candidato socialista. Pero ademais Varela salientou que o goberno de Tomás Fole non incrementou ningún dos sistemas de recollida selectiva, non puxo máis puntos de recollida de aceite e non impulsou ningún otro sistema de reciclaxe. “A aposta por unha convivencia sostible non se fundamenta en decir senón en facer, e este goberno a verdad é que non fixo moito” ironizou Varela. O alcaldable do PSdeG anunciou que impulsará, ademais da compostaxe doméstica, outros sistemas de reciclaxe e recollida selectiva. 

Alberto Varela tamén anunciou o seu empeño en poñer en práctica "un verdadeiro Plan de aforro enerxético, non como o que fixo o bipartito conservador, que non foi máis que pagarlle dezaoito mil euros a unha empresa para cambiar as luminarias de dúas rúas". O aforro enerxético tamén será unha prioridade para o goberno de Varela, apostando por novos sistemas que consuman menos enerxía e produzan unha menor contaminación lumínica. O socialista incidíu na súa proposta de que esta liña de acción dunha eficiente xestión enerxética leve a incluir a Vilagarcía na Rede Española de Cidades Intelixentes, as coñecidas como Smart Cities, que en Galicia xa inclúe a Santiago, A Coruña e Lugo. "Ademais dos beneficios medioambientais, estas medidas tamén supoñen un aforro para as arcas municipais, polo que serán unha prioridade na nosa acción de goberno". 

No hay comentarios:

Publicar un comentario