Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

8/5/15

Alberto Varela considera necesario potenciar Cortegada e promover o ‘turismo verde’

O candidato socialista a Alcaldía de Vilagarcía propón incentivar a actividade turística na illa carrilexa pola súa importancia e singularidade histórica

Vilagarcía de Arousa, 7 de maio de 2015.- Alberto Varela, na liña de seu Plan de Recuperación da Fachada Marítima, presentou hoxe o segundo punto clave para a reconexión co mar, sinal de identidade da nosa vila. O alcaldable socialista considera necesario poñer en valor a Illa de Cortegada, pola súa importancia e singularidade histórica. “Cortegada é un valor para Vilagarcía, especialmente para os veciños de Carril, que puideron recuperala gracias aos socialistas, sendo Emilio Pérez Touriño presidente da Xunta de Galicia e Dolores García alcaldesa no Concello”, sinala o candidato do PSdeG-PSOE.

Varela fixo fincapé no “doble valor que ten a illa. Por unha parte, pola súa significación histórica, xa que foi un dos primeiros poboados dos habitantes de Carril, e por outra banda, pola súa riqueza medioambiental, xa que contén unhas das maiores plantacións de laurel más importantes do mundo”. Ademais, continúa, “é un lugar paradisíaco, polo seu estado practicamente virxe”.

Cabe resaltar que España ten cerca de 3.000 praias pero só ten 15 parques nacionais, é un deles é o de As Illas Atlánticas, do que a illa carrilexa forma parte xunto con Cíes, Ons e Sálvora.

Por todas esas razóns, o candidato da formación do puño e da rosa propón “darlle a este parque nacional o trato que se merece. Vilagarcía ten que estar a altura da súa riqueza e potenciala promovendo o ‘turismo verde’, que conectaría a illa cos nosos monte, as rutas de senderismo e os espazos de desfrute e ocio da natureza”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario