Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

19/5/15

Alberto Varela propone crear un novo parque infantil no xardín do Centenario

Varela lembra que trasladar para o Centenario o parque infantil do Cavadelo foi “unha de tantas propostas do grupo socialista no Pleno que, aínda aprobada, non foi executada”

O candidato socialista enmarcou esta idea dentro da proposta de revisión dos xardíns para nenos, “que necesitan ser atendidos independentemente de onde se ubiquen”

Vilagarcía de Arousa, 19 de maio de 2015.- Alberto Varela, candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, plantexou hoxe unha revisión dos parques infantís de Vilagarcía, con especial atención a aqueles que se atopan nas parroquias fora do casco urbano. Varela apuntou que “a política de parques chupi-guays semella ser que os tres ou catro lugares do centro máis visibles sexan remodelados todas as veces que faga falta, pero se abandonen os parques infantís do rural”. “Non é a nosa concepción”, indicou Varela, quen plantexou a necesidade de atender todas as demandas e necesidades por igual.


Alberto Varela utilizou varios exemplos para evidenciar o que considera un comportamento “estándar” do goberno local, diferenciando as veciños en dúas velocidades, en función de se saen máis ou menos na prensa. “Este goberno actuou toda a lexislatura a golpe de foto. O que sae na foto se intenta arreglar e o que non, esquécese”, criticou mentres mencionou a ubicación de columpios no Piñeiriño provintes doutros xardíns; o estado de abandono do parque de Trabanca Sardiñeira, “onde a herba estase a converter nun bosque”; o entorno do xardín da Lomba que está absolutamente descoidado e sen coidar dende hai tempo ou o ubicado en Trabanca Badiña que está “totalmente descuidado”.

Dentro desta avaliación dos parques infantís Varela apuntou ao xardín do Centenario. “Queda moi alonxado do centro para Fole”, ironizou, e sinalou que leva moito tempo sen unha utilización concreta. Varela considera que houbo unha proposta de interese durante a lexislatura, que foi trasladar para o Centenario os xogos infantís do Cavadelo. “Non hai comparación, pois poderían estar nun entorno máis amplo, moito máis natural e ata máis seguro, rodeados de árbore e non cunha carretera diante” apuntou. O candidato do PSdeG lembrou que esta proposta, feita polo grupo socialista no Pleno hai xa tempo, “foi unha máis das nosas ideas que aportamos para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Vilagarcía, e debeu de parecer boa cando foi aprobada por unanimidade”. Ao final, “Fole aprobou pero non actuou, unha vez máis”, afirmou resignado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario