Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

6/5/15

Alberto Varela propón un Plan de Recuperación da Fachada Marítima co fin de reconectar a Vilagarcia co mar

O candidato socialista considera imprescindible abrir a desembocadura do río Con, una medida que evitaría grandes problemas como as temidas inundacións



Vilagarcía de Arousa, 6 de maio de 2015.- Alberto Varela presentou hoxe o primeiro punto do Plan de Recuperación da Fachada Marítima que pretende levar a cabo durante os próximos anos. O candidato socialista considera que “Vilagarcía leva moito tempo vivindo de espaldas ao mar, seño de indentidade da nosa vila e elemento clave para a promoción turística, económica e deportiva, polo que é imprescindible reconectar aos cidadáns coa ría”. Para levar acabo esta iniciativa o PSdeG-PSOE propón reformular espazos e zonas de contacto coa costa que actualmente están desaproveitados ou mal formulados e infrautilizados, como son a desembocadura do río do Con, a Illa de Cortegada, as praia da Concha e da Compostela e o Ramal.

Cabe recordar que o grupo municipal da formación do puño e da rosa leva moito tempo reinvindicando unha modificación na zona da desembocadura do Con, tanto nas anteriores eleccións municipais como autonómicas. De feito, o concelleiro Lino Mouriño, que foi membro do consello de administración da Autoridade Portuaria, nesta liña conseguiu que a ampliación da concesión na nave que está construída encima da desembocadura pasase a ser en precario. “Esa infraestrutura está ‘taponando’ a saída do río polo que queremos rescatar ese espazo ofrecéndolle outro lugar na zona do Porto, e así deixar ‘a ceo aberto’ ao Con”, explica Varela.

O candidato socialista argumenta que esta medida “axudaría a resolver, entre outros, o problema das inundacións, que xa sufrimos na vila en máis dunha ocasión e que non queremos volver a repetir”.  A proposta tamén serviría para marcar o límite entre o porto industrial e o deportivo. Ademais, aproveitaríase para facer un espazo verde de lecer na desembocadura.  Varela lembra que a proposta que Fole plantexou durante esta lexislatura como posible solución das inundacións foi derruir a Ponte de Vista Alegra, sobre o que o candidato considera que “mentres que o Partido Popular prefire preservar unha nave industrial que bloquea unha desembocadura, nos preferimos preservar unha ponte histórica”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario