Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

11/5/15

Alberto Varela expón as súas propostas ante unha gran afluencia de público en Vilaxoán e Carril

O candidato socialista participou en sendos actos neste primeiro fin de semana de campaña, nos que avanzou o seu programa específico para cada unha das localidades

Varela respostou ás preguntas que formularon os veciños, como parte do formato aberto de actos




Vilagarcía de Arousa, 11 de maio de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, estivo no día de onte en sendos actos abertos en Vilaxoan e Carril, dentro das visitas de campaña electoral que os socialistas farán a todos os lugares de Vilagarcía.

No acto de Vilaxoán, presentado por Miro Serén e o vilaxoanés Gabriel González, ambos membros da candidatura socialista, Varela presentou o seu programa de acción centrado no “diálogo, a participación e a transparencia”, resaltando que na rolda de visitas ás parroquias feita antes da campaña electoral, os veciños e veciñas sinalaban que “o que mais rexeitaban dun goberno local é que non escoite. Esto, que que o actual alcalde o puxo en práctica, non será a nosa forma de actuar”. Varela apostou en Vilaxoán por atender á demanda veciñal de intervir sobre a praia do Preguntoiro, procurando dotala de mais area para aumentar o espazo da praia.

En Carril, Varela iniciou o acto precedido por Pilar Garrido, e apostou de inicio por un aproveitamento de Cortegada, “parte do único parque nacional que ten Galicia”, da que Varela destacou que “foi un feito de xustiza histórica recuperala para o pobo de Carril, unha decisión da que os socialistas nos sentimos orgullosos por ter sido tomada baixo o goberno de Touriño en Galicia e de Dolores García en Vilagarcía”.

Varela inicidiu en Carril na súa proposta para reconectar o pobo co mar, e centrouse no paseo marítimo do que destacou a aposta por eliminar o CIRA, ordenar os usos da praia para compatibilizar marisqueo e baño e tamén pola atención especial a Cortegada, “sen pasarelas e sen ocurrencias”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario