Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

22/5/15

Alberto Varela agradece o apoio demostrado polos veciños de Vilagarcía durante a súa campaña electoral

O candidato socialista afirma que “os veciños deben escoller entre dous modelos: o da desatención e a crispación permanente ou o representado polo meu equipo, o da participación e diálogo constante”

Varela indica que “a rolda de xuntanzas abertas por todos os territorios de Vilagarcía amosou o desexo de cambio dos veciños de Vilagarcía. Os cidadáns queren volver ter un goberno que os escoite”



Vilagarcía de Arousa, 22 de mayo de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, puxo fin onte en Rubiáns á rolda de xuntanzas abertas por todas as parroquias de Vilagarcía. “Quero agradecer ao meu equipo a súa dedicación durante estes quince días de campaña. Pero sobre todo quero agradecer aos veciños de Vilagarcía o apoio amosado á miña candidatura e ao meu proxecto de cambio para Vilagarcía”. Neste senso, Varela recordou que  “superamos todas as expectativas en afluencia de público. Ao tratarse de actos pensados para que os veciños interviñesen e establecesen un diálogo con nós, puidemos comprobar o profundo descontento co Goberno actual e a necesidade de abrir unha nova etapa na que os cidadáns volvan ser os protagonistas da vida política de Vilagarcía”.

“O domingo trátase de escoller entre dous modelos: o representado por Tomás Fole, baseado no oscurantismo, no desprezo e desatención aos cidadáns, aderezados pola permanente crispación na vida política, social e cultural de Vilagarcía; ou o representado por nós, consistente en recuperar a concordia, o diálogo e o respecto mutuo entre os veciños e o goberno municipal”, sinalou Alberto Varela, quen se mostrou convencido de ser quen de representar o cambio de rumbo que Vilagarcía precisa.

 Alberto Varela afirmou que “o resultado do PSOE nas eleccións do vindeiro domingo será mellor do esperado, tal como indica a tendencia esbozada polas enquisas, pero sobre todo pola sensación que diariamente me transmiten os veciños na rúa”. Nesta liña, o candidato socialista afirmou que “estamos en condicións de obter o respaldo maioritario dos veciños de Vilagarcía. Pido ese respaldo para desenvolver un proxecto de reactivación de Vilagarcía, pero sobre todo para que os veciños volvan ter un Alcalde permanentemente na rúa, non parapetado nun despacho como sucedeu estes últimos catro anos”.  Alberto Varela concluíu afirmando que “Vilagarcía non merece esperar más. É o momento de devolverlle aos veciños o tempo perdido”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario