Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

28/5/15

A executiva municipal do PSdeG avala a folla de ruta de Alberto Varela que contempla abrir o diálogo coas demais forzas políticas de Vilagarcía

A dirección socialista considera que os resultados obtidos lexitiman todas as posibilidades que Varela e o seu equipo estimen

Acordouse convocar unha asemblea extraordinaria para o martes 9 de xuño

Vilagarcía de Arousa, 28 de maio de 2015.- A comisión executiva municipal do PSdeG de Vilagarcía celebrou onte a súa primeira xuntanza despois das eleccións municipais, e fíxoo para facer unha valoración dos resultados obtidos así como dos vindeiros pasos a dar unha vez definido o vindeiro pleno municipal. A dirección dos socialistas en Vilagarcía valorou de maneira extraordinariamente positiva os resultados obtidos pola formación nas eleccións do pasado domingo, e incidiron na importancia que tivo neste resultado tanto o proxecto e a candidatura presentada como o traballo desenvolvido polo grupo municipal socialista nesta pasada lexislatura. Dende o PSdeG consideraron que se abre un tempo novo e que é preciso estar á altura do que os cidadáns decidiron, que segundo a interpretación dos membros da executiva local é un goberno municipal próximo, cercano, dialogante e que formule con firmeza os retos da Vilagarcía actual e de futuro.
  
Acerca das relación cos outros grupos municipais, á vista dos resultados obtidos o domingo, a dirección socialista avalou as intencións de Alberto Varela, que despois das eleccións manifestou en varias ocasións a súa intención de iniciar contactos cos demais grupos que obtiveron representación no pleno. Varela, que tomou parte na xuntanza, explicou a súa intención de coñecer de primeira man as opinións e ideas que os demais grupos teñen sobre o seu papel na vindeira corporación. A executiva municipal do PSdeG avalou esta iniciativa e acordou unanimemente que o grupo socialista electo, con Varela ao fronte, teñen todo o apoio para definir nos próximos días ata o pleno de investidura a liña de diálogo que consideren máis apropiada. Na xuntanza concordouse que os resultados lexitiman calquera das posibilidades abertas para a votación de investidura do Alcalde e a conformación do vindeiro grupo municipal, sempre que sexan nunha liña de acción de esquerdas e progresista para Vilagarcía.

A executiva socialista acordou tamén celebrar o vindeiro martes día 9 unha asemblea extraordinaria de valoración dos resultados, para a que convocarán a toda a militancia e na que calquera afiliado poderá abordar a situación resultante. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario