Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

15/5/15

Alberto Varela aposta por promover o Parque Nacional Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade

Varela apunta que esta idea elevará a importancia e a relevancia da Illa, o que será positivo para Vilagarcía



Vilagarcía de Arousa, 15 de maio de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía de Arousa propuxo esta mañá promover a inclusión do Parque Nacional das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade, o que conlevaría que Cortegada acadaría tamén esa distinción como parte do Parque Nacional.

Varela continuou así coa súa aposta por revitalizar a illa, na conciencia de que “é un elemento dun valor natural incalculable que pode aportar moito á nosa cidade”. Varela incidiu nos elementos que poden contribuir a que esta iniciativa teña éxito, “polo valor das illas en conxunto e tamén polos valores individuais de cada unha delas, como pode ter o bosque de loureiros de Cortegada”.

O candidato socialista aposta por promover esta iniciativa, en colaboración cos Concellos dos que forman parte as outras illas do Parque Nacional, e considera que “un esforzo común pode ubicar Vilagarcía no mapa da UNESCO”. Varela convidou ao resto de forzas políticas, axentes sociais e económicos e ao pobo de Vilagarcía e especialmente o de Carril, a que se sumen a esta proposta para que teña toda a forza necesaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario