Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

14/7/11

COMUNICADO SOBRE AS SUBVENCIÓNS DA FUNDACIÓN PÚBLICA DE SERVIZOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS

O PSdeG de Vilagarcía reafirma que o seu compromiso foi manter as axudas a clubes deportivos, que é absolutamente posible agora mesmo
Lembra que o PP, na campaña electoral, non dubidou en prometer un aumento das subvencións, o que demostra que coñecían que é posible facelo
Os socialistas confían en que Garrigós non utilice o falso argumento da ausencia de cartos para xustificar unha nula actividade e pretender botar a culpa a outros

Vilagarcía de Arousa, 14 de julio de 2011.- Ante as diversas informacións e opinións que se están a publicar nestes días referentes ás subvencións e axudas públicas municipais aos clubes deportivos de Vilagarcía, e a evidente e natural reacción xerada no sector, o Partido Socialista de Vilagarcía considera oportuno ofrecer a súa postura ao respecto.

O PSdeG de Vilagarcía, tanto na súa labor como partido como nas súas responsabilidades de goberno, leva moito tempo apostando polo deporte como un elemento fundamental no desenvolvemento dos veciños de Vilagarcía, asi coma téndoo en conta dende un punto de vista estratéxico para o avance da cidade. No Partido Socialista de Vilagarcía participan moitas persoas cunha vinculación intensa co eido deportivo, en labores de todo tipo nos clubes arousáns, que contribúen a consolidar esta perspectiva.

A finais da pasada lexislatura, e coincidente cunha situación institucional eventual, produciuse un recorte de fondos inicialmente destiñados á FPSDM que se derivaron para outras necesidades coxunturales. Dende o grupo municipal socialista acatouse esta situación xa que, dada a circunstancia económica actual, resulta necesario optimizar os recursos e aproveitando as posibilidades de xestión que se ofrecen en cada momento.

O compromiso dos membros do PSdeG, como así foi transmitido aos clubes deportivos durante a pasada campaña electoral, foi revertir esa situación asegurando, sen lugar a ningún tipo de dúbidas, o mantemento das subvencións públicas municipais aos clubes deportivos. Do mesmo xeito, e sen tentar de tirar proveito de promesas infundadas, o PSdeG non prometeu aumentar as subvencións, como así fixo o partido político que hoxe ten a responsabilidade de gobernar. Do mesmo xeito que esa partida foi circunstancialmente modificada para outro fin, pode ser igualmente revisada para reintegrar ao orzamento da FPSDM. O PSdeG manifestou ese compromiso político, e así tiña intención firme de realizar.

As informacións publicadas ao respecto coinciden, de xeito claro, coa liña que o concelleiro de deportes Luis Garrigós ven marcando nas súas declaracións públicas e en xuntanzas cos clubes, nas que ve a vontade de xustificar unha posible nula acción municipal en termos deportivos. Os socialistas de Vilagarcía asumimos, como non podía ser de outra maneira, que os vilagarciáns outorgaron ao PP a responsabilidade de gobernar en Vilagarcía, tanto sería pola xestión deportiva coma noutros ámbitos. É por iso que consideramos que o actual concelleiro de deportes, que non dubidou en facer público o cambio do céspede artifical do campo Manuel Jiménez sendo esta unha xestión do anterior Goberno municipal, ofreza tamén a súa visión a este respecto sabendo que o seu compromiso foi aumentar as axudas a clubes. Esperamos que non acuda ao slogan fácil da ausencia de fondos utilizado de forma reiterada e indiscriminada por todo o actual goberno municipal estes días, e que comprobe agora o que en 4 anos de membro da xunta rectora da FPSDM non fixo, por non asistir a ninguna xuntanza convocada de cumprir con esa obriga, tanto el como os demais representantes do PP nas xuntanzas da FPSDM terían o coñecemento suficiente da cal era a situación. Para desmantelar Fexdega e crear un pavillón deportivo pode non haber fondos, ou para un complexo lúdico-deportivo en Castrogudín quizáis tampouco, pero para as axudas aos clubes so é preciso vontade política.






12/7/11

DEBATE SOBRE O MOVEMENTO 15-M

O vindeiro venres 15 de xullo no auditorio municipal de Vilagarcía ás 19:00 terá lugar un debate aberto a toda a cidadanía sobre o movemento 15-M.

Contaremos coa participación de catro convidados que farán unha breve exposición aportando o seu punto de vista sobre o tema para posteriormente pasar a unha quenda de intervencións abertas a todos os asistentes.

Intervintes:
NICANOR ACOSTA ALONSO  Participante no 15M en A Coruña

MILLÁN FERNÁNDEZ LÓPEZ Participante no 15M en Santiago de Compostela

LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO Catedrático de Historia Contemporánea da USC

ANTÓN LOSADA TRABADA Profesor Titular de Ciencias Políticas da USC


Esperamos contar coa presencia de todos vos.


Saúdos
Comisión Executiva Municipal