Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

3/8/11

O Partido Socialista exíselle a Tomás Fole o informe escrito da suposta auditoría económica do Concello de Vilagarcía


Consideramos inadmisible a irresponsabilidade de Tomás Fole na xestión da información sobre a situación económica do Concello.
A información difundida responde á estratexia política e non á realidade do Concello.

Vilagarcía de Arousa, 2 de agosto de 2011.- As recentes informacións publicadas sobre a situación económica do Concello de Vilagarcía, froito das valoracións do Alcalde Tomás Fole acerca dunha suposta auditoría interna realizada, supoñen para os socialistas de Vilagarcía unha frivolidade alarmista de grande irresponsabilidade.

O Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, ven de indicar que a débeda do Concello estaría en torno aos 6 millóns€, aínda que ten declarado que podería ser incluso máis. A información publicada tamén indica datos aproximados sobre cuestións como o orzamento xa executado ou os pagos a proveedores.

De xeito claro, o Partido Socialista reclama ao Alcalde Tomás Fole que faga público o informe desa auditoría, que inclúa quen foron os responsables dela, e solicitan unha copia por escrito. Sendo esta interna, segundo declaracións do sr. Fole, solicitamos que se expoña qué traballador ou traballadores do Concello foron os encargados de facela, baixo que directrices e en qué prazos de tempo. A Secretaria Xeral do PsdeG de Vilagarcía, e portavoz do Grupo Socialista no Concello , declarou esta mañá que “é necesario que información deste tipo sexa clara, tanto no que son as propias contas como na xestión da propia información”. Segundo engadiu Tania García, “despois desta suposta auditoría, resulta que ningunha información pode precisar ningún dato como verídico, senón que semella haber únicamente suposicións. Non queda claro nada”.

Dende o Partido Socialista apúntase tamén que esta información non responde á situación real do Concello, pero sí entra perigosamente no xogo político que está a facer o PP, de tentar de ofrecer a mensaxe de que a situación económica é peor do que realmente é naquelas administracións nas que entran a gobernar. Con eso tentan de xustificar calquera decisión posterior en termos económicos, aínda que no caso de Vilagarcía esto supoña incoherencias tan enormes como pagar máis de 40.000€ por un grupo musical en San Roque pero pretender non pagarlle aos grupos locais nin montarlle o escenario, ou pretender asumir o gasto de 218.000€ anuais que costa o mantemento de Fexdega, pero decir que non hai maneira de dotar á Fundación de Deportes de 166.000€ para as subvencións a clubes.

O alarmismo que estas declaracións poden crear no tecido económico e social de Vilagarcía é un peso grande que o sr. Fole pode non ter valorado, pero os socialistas esixímoslle rigor e escrupulosidade cos temas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario