Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

13/10/12

TORRADO DEFENDE A NECESIDADE DE ACHEGARSE Á XENTE NESTES MOMENTOS DE DESCRÉDITO XERAL DA POLÍTICA


O candidato socialista vilagarcián di que o PSdeG é a única forza capaz de liderar o cambio de modelo en Galicia

Os socialistas apelan a convertir a indignación en voto para rematar coas inxusticias sociais fomentadas polo goberno do PP.



Vilagarcía de Arousa, 13 de outubro de 2012.- Os socialistas de Vilagarcía organizaron esta mañán un reparto de publicidade electoral polo mercado e a praza de Vilagarcía encabezados polo candidato, Julio Torrado, e tamén contaron coa presencia do Secretario de Organización do PSdeG, Pablo García.
Julio Torrado destacou a “necesidade de estar preto dos cidadáns nestes momentos de extrema dificultade”. “É fundamental o contacto directo coa cidadáns, explicando as nosas propostas fundamentais, que non son outras que a defensa ultranza de aqueles servicios públicos esenciais para garantir a igualdade de oportunidades de tódolos cidadáns”. O candidato socialista garantíu que “de acadar o goberno da Xunta, o PSdeG eliminará o copago dos medicamentos e volverá a instaurar a gratuidade dos libros de texto, xa que éstas son dúas medidas fundamentais para facer desta unha sociedade un poco máis xusta”.

Explicou que son medidas que xa tiña instauradas o goberno anterior ao do PP e que “agora son máis necesarias que nunca”. “É o momento en que máis medidas sociais fan falla”, dixo. “É o momento de que todos podemos estudar gratuitamente e que non teñamos que decidir cal dos nosos fillos vai estudar e cal emigra ao extranxeiro”. Torrado recordou que hai un descenso notable da partida para becas y que o goberno xa non quere financiar os libros de texto, polo que considera que estamos volvendo a unha sociedade de hai 40 anos, onde moi poucos podían ir a universidade. Segundo o socialista vilagarcián, é fundamental que a xente saiba que “nós estamos en contra deste modelo e que se poden quitar os cartos doutras partidas coma un imposto as clases máis altas”, de xeito que “toda a sociedade sexa un pouco máis igualitaria”, dixo.  Para explicar esta política, o socialista arousán metiuse entre a xente do mercado e difundiu a máxima de que as ideas socialistas deben estar máis vivas ca nunca.  

O Secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, incidíu na necesidade de deixar claro que “non tódolos políticos somos iguais, existen diferentes formas de facer política e nós o queremos demostrar”. O tamén candidato pola provincia de Pontevedra argumentou que “non é igual unha política baseada nos recortes que unha política baseada na defensa dos dereitos dos cidadáns, que é a política que defende o PSdeG”.

Asemade, Pablo García tamén quixo destacar a importancia de que “todos aqueles cidadáns descontentos coa situación actual acudan a votar, xa que o voto é o único medio polo que se pode acadar un cambio de goberno que significa un cambio de políticas”. Polo tanto, o Secretario de Organización do PSdeG fai un chamamento a “confiar no PSdeG, única formación capaz de liderar ese cambio de políticas tan necesario”.

Por último, Pablo García aproveitou a súa visita a Vilagarcía para preguntarlle ao candidato do Partido Popular polos 400 millóns de euros que o Consello de Contas afirma que Feijóo ocultou do déficit de 2010. O candidato socialista pregúntase se “Feijóo vai a continuar mentíndolle aos cidadáns e presumindo dun déficit “niquelado” que agora se demostra que é unha mentira máis”. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario