Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

28/9/12

O PSdeG-PSOE DE VILAGARCÍA CONVIDA Á CIDADANÍA Á PRESENTACIÓN DO SEU PROGRAMA ELECTORAL ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS DO 21 DE OUTUBRO


A presentación terá lugar hoxe venres 28 de setembro ás 20:00 horas na sede do PSdeG-PSOE de Vilagarcía e contará coa presencia do candidato á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, acompañado por integrantes da candidatura pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galicia

Vilagarcía de Arousa, 27 de setembro de 2012.- O PSdeG-PSOE de Vilagarcía quere convidar a toda a cidadanía e texido asociativo da Comarca de Arousa á presentación do programa do PSdeG-PSOE ás eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro. A presentación contará coa presencia do candidato a Presidente da Xunta polo PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, que estará acompañado polo candidato por Arousa, Julio Torrado, así como por diversos membros da candidatura pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galicia.
“Gustaríanos contar coa máxima implicación da sociedade civil na presentación dun programa electoral de progreso que recolle as medidas necesarias para comezar a albiscar a saída da crise no noso país”, afirma Julio Torrado, quen ademáis apunta que “é necesario que Galicia sexa a avanzadilla no cambio de políticas que o conxunto do Estado necesita. Unha nova victoria do PP en Galicia suporía darlle luz verde aos profundos recortes económicos, recortes en dereitos e recortes en liberdades, que o Presidente do Goberno ten na cabeza e non se atreve a anunciar antes do 21 de outubro por medo a unha hecatombe electoral”.
Do que se trata o día 21 e de, afirma Julio Torrado, “elexir entre o modelo económico culpable da crise, que é o modelo da dereita que converteu a economía mundial nun casino sen regras e que aumetou as desigualdades entre personas, ou optar por un modelo neta e nítidamente socialdemócrata, como o recollido no programa do PSdeG-PSOE, no que o criterio que prima é o da xustiza social, contribuindo máis quen máis ten, e que, recoñecendo as dificultades do momento actual, aposte por una decidida defensa de aqueles aspectos que garantizan a cohesión e futuro da nosa sociedade, como son a educación, a sanidade e os servicios sociais”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario