Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

17/9/12

O Partido Socialista comproba indefinición e falta de criterio no Alcalde Tomás Fole na defensa da ponte de Vista Alegre



Os socialistas ofrécense ao Goberno Municipal para realizar o procedemento para salvagardar a ponte e evitar a demolición que pretende a Xunta de Galicia
Fole xa evitou pronunciarse a favor de protexer a ponte en abril de 2011, e mantén agora unha indefinición inaceptable


Vilagarcía de Arousa, 16 de agosto de 2012.-  A ponte de Vista Alegre sobre o río do Con volve a estar de actualidade en Vilagarcía, a partir da xa coñecida intención da Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, de derruir esta ponte como posible solución para evitar as riadas en Vilagarcía producidas polo desborde do Con.

A posición da Xunta de Galicia conta cun rexeitamento frontal dunha gran maioría social cidadá dos veciños de Vilagarcía. Sen embargo, e como tristemente ven sendo habitual en calquera cuestión nos últimos tempos, o Goberno Local está a dar bandazos sen esclarecer unha opinión firme e concreta sobre o tema.

O Partido Socialista mantén unha firme posición sobre esta cuestión. A ponte de Vista Alegre de ningunha maneira pode ser derruída, xa que non é a causante principal dos problemas das riadas como é sinalado. Os socialistas apostan, como así fixeron xa na campaña electoral municipal de 2011, en que as principais accións necesarias no río do Con son a súa limpeza continua e constante, para evitar acumulación de lixo e terra, e a liberación da súa desembocadura ao mar. Para iso, os socialistas apostaban xa daquela pola apertura da desembocadura a ceo aberto, aproveitando a finalización en 2013 da concesión da nave comercial instalada nese punto. Co traslado a outras dependencias portuarias desa nave, permitiríase abrir totalmente a saída do río ao mar mantendo unha ponte axeitada para o paso de vehículos e peóns pero con moito maior marxe para o caudal do río, que hoxe en día atórase con gran facilidade. Esta situación, sumada aos momentos de marea chea, contribúe a producir perigos de inundación e aí se sitúa o gran problema do desborde do río do Con.

Xa durante o período de Goberno anterior os socialistas presentaron no pleno de abril de 2011 unha moción ao pleno municipal para incluír a ponte de Vista Alegre no conxunto histórico – arquitectónico de bens a conservar conformado polo pazo, a muralla e outros elementos do entorno. Esta moción permitiría garantir a protección da ponte para evitar a intervención que pretendía a Xunta do PP. Como era de esperar o PP local de Tomás Fole abstívose en tal votación, amosando que a súa postura sobre o tema xa era opaca naquel momento, como o segue a ser hoxe.

Actualmente o Alcalde Tomás Fole segue a pretender pasar de puntas polo tema, sen ter ningunha capacidade de decisión, e mentres ningún grupo político da oposición de Vilagarcía foi consultado ou informado de ningunha opinión do Goberno, o Alcalde tenta de resolver a situación a golpe de titular mediático, como sempre, pretendendo contentar ao primeiro que lle pase pola porta ou que lle reclame algunha cuestión nos medios de comunicación.

Os socialistas reclaman ao Alcalde Fole que tome unha postura sobre o tema, que aclare se o Goberno Local vai defender a ponte con todos os seus medios e impedindo a intervención da Xunta de Galicia, ou se vai limitar a referirse a obviedades sobre a responsabilidade da dirección xeral de Patrimonio pretendendo dicir todo e logo non dicir nada. Os antecedentes amosan que o Goberno Local non se caracteriza precisamente pola súa capacidade de decisión e a súa firmeza nas posicións, polo que o grupo municipal socialista volve a estar a disposición do Alcalde, e xa van moitas veces, para resolver este problema tomando as decisións necesarias para evitar unha inaceptable intervención que destruiría unha referencia histórica e cultural fundamental para Vilagarcía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario