Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

22/9/12

O PSdeG-PSOE DE VILAGARCÍA CONSIDERA UNHA BURLA A CONTINUADA PRESENZA DO CONSELLEIRO AGUSTÍN HERNÁNDEZ EN VILAGARCÍA


Vilagarcía de Arousa, 22 de setembro de 2012.- Os socialistas de Vilagarcía, a través do candidato ás vindeiras eleccións autonómicas Julio Torrado, valoraron hoxe como unha “broma de mal gusto” a presencia onte de Agustín Hernández na capital arousana para facer un balance da súa xestión, que para os socialistas é “unha mistura entre as promesas incumpridas e os delirios de grandeza”.

Ante tal balance do conselleiro, que citou entre as actuacións importantes da súa consellería o nudo de Curro e o deseño da autovía de Vilagarcía – Pontevedra, Torrado apuntou que o nudo de Curro “sendo unha obra doutra bisbarra, supoñemos que a ven presentar no seu balance en Arousa porque dada a desfeita e a confusión montadas nese scalestric absolutamente innecesario, seguro que é imposible que vaia a Curro a contar o bo que é”. Para Torrado, que Hernández fale de Curro ao lado de Tomás Fole é paradóxico. “O necesario non é o laberinto de viais que montaron en Curro, senón que o polígono industrial Barro – Meis tivese algún éxito. Seguro que Fole, que o xestionou durante 4 anos cobrando da Deputación de Pontevedra para, ao final, que o declarasen ilegal, pódelle contar como vai o polígono. Cos cartos públicos fixemos unha obra faraónica e innecesaria para un polígono industrial ilegal. Unha gran xestión”.

O deseño da autovía Vilagarcía – Pontevedra foi obxeto tamén da crítica por parte do socialista, que sucintamente explicou que “os cidadáns están fartos de escoitar falar de promesas baleiras, deseños, plans, estratexias… O que queremos todos son realidades, e realidades na autovía a Pontevedra non hai ningunha. Como non houbo da circunvalación a Vilagarcía ata que os socialistas gobernaron na Xunta e no Estado e aí están agora feitas as obras e funcionando os viais”.

O candidato socialista recorda que son tres as veces que o Conselleiro veu a Vilagarcía a prometer melloras no saneamento coa fin de erradicar os vertidos ao mar, dentro do Plan de Saneamento intergral das rías, “xa vale de visitas, fotos co Alcalde e falsas promesas, esixímoslle ao Conselleiro, solucións xa”, sinalou o socialista,.g

Ante a euforia coa que os conselleiros van visitar Vilagarcía, segundo apunta o Alcalde Fole, os socialistas demandan que pasen canto antes a conselleira de Mar, “e visite Carril para falar coas mariscadoras ás que está a perjudicar. E que a acompañe Juan Maneiro, que terá moito que decir”. Tamén foi sinalada como esixencia que veña a conselleira de sanidade a dar as súas explicacións por un novo anuncio de investimento no Hospital, “que vai camiño de ser unha excusa máis no xa longo historial do PP anunciando cousas para o Hospital. E así seguimos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario