Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

10/9/12

Fole deixa a FEXDEGA sumida no caos sen sequera iniciar o seu proxecto deportivo


Ao cumplirse un ano do despido dos traballadores o abandono das  instalacións é absoluto e  a ocupación do recinto é nula. 

Vilagarcía quedou sen inversión da Xunta en promoción económica, mentras Ferrol recibiu este ano para o Recinto Feiral 90.000 euros.

Vilagarcía de Arousa, luns 10 de setembro de 2012 . A herba medra coma se dun monte se tratara, a concesionaria eléctrica corta a luz por falta de pago e o concelleiro responsable  abandona o barco por incompetencia para asumir un proxecto que, xa desde o principio, se adiviñaba nefasto para las arcas municipais e para o propio desenvolvemento de Vilagarcía… Esta é a situación do Recinto Feiral FEXDEGA xusto un ano despois de que a Xunta se retirase da Fundación e se entregasen as cartas de despido aos traballadores feirais.  Por se fora pouco, hai que dicir que o aparcamento de FEXDEGA segue sen sinalizar e, polo tanto,  permanece en desuso pese aos problemas de estacionamento que seguen a existir no principal núcleo de poboación da comarca de Arousa.  

O proxecto do alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, para co que no seu día foi o pulmón económico da cidade está un ano despois sumido no caos. A idea xa sempre foi denostada polo grupo municipal socialista  porque supoñía retirar o apoio á promoción económica e, por tanto, ao crecemento da cidade arousana. Y é que, ¿cómo se vai a conseguir que veña poboación foránea a Vilagarcía e se realice un consumo na cidade se non se promoven eventos?

A feira Multisectorial deixaba decenas de miles de euros de beneficios directos a la fundación cada ano, por iso incluso despois de deixar no aire as vendas de espazos realizadas polos traballadores de FEXDEGA e a pesar da mala imaxe que se difundiu para todo Galicia co desmantelamento da Fundación, houbo empresas privadas interesadas en organizala. Conclusión: Era rendible.

Fole destruíu o emprego dos traballadores da Fundación. Foi o abandeirado das políticas económicas de Rajoy e Feijoo. Vilagarcía púxose á cabeza de Galicia dos recortes sociais. E ¿qué produciu ao cabo dun ano? ¿Rexistrouse o crecemento que está prometendo Feijoo como resultado das súas medidas? O que se rexistrou foi o CAOS. Os xardíns quedaron abandoados, o suministro eléctrico cortouse, seguimos sen unha bolsa de estacionamento na cidade, pese a o espazo baleiro que existe en FEXDEGA, e o concelleiro delegado, que, dito sexa de paso, é tamén o concelleiro estrela do goberno, dimite  por non poder seguir adiante co seu propio proxecto de converter o recinto nun pavillón polideportivo versus recinto feiral.

Un ano despois de que se iniciase aquel proxecto aínda descoñecemos cómo pretende o grupo de goberno compatibilizar o uso do recinto como polideportivo coa celebración de feiras. Seguramente o descoñecemos porque é imposible a compatibilización. Porque se os nenos fan deporte de luns a venres, ¿cándo se farán as feiras? ¿Cándo se van a quitar las canchas e o graderío para sacar o cableado de luz, auga, voz e datos para os stands? ¿Cándo se instalaría a moqueta feiral? ¿Cándo poderían los expositores colocar as súas casetas?

Fexdega celebraba feiras que deixaban un beneficio á propia Fundación, coma a Feira Multisectorial e a feira Expoferta Zonaberta y ademais, xeraba beneficios indirectos para moitas das empresas asentadas en Vilagarcía.

Pero, ademais, Vilagarcía tivo durante décadas o apoio da Xunta para manter este balón de oxíxeno para a cidade ata que o actual alcalde, Tomás Fole, serviulle en bandexa a Feijoo o abandono das instalacións feirais. Fole vendeu a súa cidade e nos vendeu con elo a todos os vilagarciáns. Curiosamente, case un año despois de que a Xunta se retirase de FEXEGA gratuitamente,  o consello da Xunta aprobaba unha inversión de 90.000 euros para converter en fundación feiral el recinto de Ferrol. Ou sexa, que la xestión de Fole convertía á cidade de Vilagarcía nun pobo de segunda categoría. Ademais, ata onde coñecemos, a Xunta segue mantendo o recinto feiral de A Estrada  con unha subvención  que o pasado ano bordeou os 150.000 euros.

Y mentres… Vilagarcía renunciou ao apoio da Xunta as súas instalacións feirais, préstase a despedir a os seus traballadores, inviste máis de 70.000 euros nun proxecto sen futuro, que non xerará novos recursos e que case cadruplica a inversión que realizaba a corporación vilagarciá nas instalacións de A Maroma, unha inversión que, por certo, é superior á inversión do comedor de Cáritas e de Cruz Vermella xuntos, o que da idea da prioridade que outorga o goberno municipal ás políticas sociais e de emprego e, por ende, aos máis desfavorecidos.

En definitiva, é outro dos despropósitos aos que nos somete o Partido Popular que despreza a inversión en asuntos sociais e de traballo fronte á realización de macroproxectos que, neste caso, so logran duplicar las instalacións deportivas que xa existían no Concello.

Con este proxecto bandeira do PP, Tomás Fole, xunto co seu concelleiro de deportes, Luis Garrigós,  se converten en Vilagarcía, nos abandeirados dos recortes do Partido Popular.


No hay comentarios:

Publicar un comentario