Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

24/9/12

O PSdeG DE VILAGARCÍA CONSIDERA QUE O PP REPITE O ESPERPENTO AO VOLVER A TRAER A VILAGARCÍA A UN CONSELLEIRO QUE IGNOROU OS PROBLEMAS DE AROUSA DURANTE OS ÚLTIMOS CATRO ANOS


Alfonso Rueda non foi quen de destacar nin unha soa medida da Consellería de Xustiza encamiñada a resolver a saturación xudicial da comarca

Vilagarcía de Arousa, 24 de setembro de 2012.- Se a semana pasada era o conselleiro Agustín Hernández o que facía o ridículo citando obras doutra comarca no balance da xestión da súa Consellería en Arousa, agora é o propio coordinador de campaña do PPdeG  o encargado de rirse dos cidadáns de Vilagarcía, “sobre todo dos que, en moitos casos por situacións dramáticas, tiveron a necesidade de acudir a xustiza e están a ver como os seus procesos alónganse eternamente”, afirma o candidato do PsdeG por Arousa, Julio Torrado.
É unha realidade que os xulgados de Vilagarcía atópanse sobrecargados de traballo, como o ten recoñecido o propio Tribunal de Xustiza de Galicia. Ante esta situación, a Consellería de Xustiza que dirixe Alfonso Rueda ten bloqueada a “imprescindible creación do cuarto xulgado de Vilagarcía”. O Plan de Infraestruturas Xudiciais da Xunta de Galicia recolle a creación dese cuarto xulgado antes de 2014 e agora que se acercan as eleccións o Sr. Rueda escúdase na reordenación do mapa xudicial para non crear o xulgado nin este ano nin en 2013, cando a reordenación do mapa xudicial nin tan sequera é iniciativa do Goberno, senon unha proposta do Consejo General del Poder Judicial. “A creación do cuarto xulgado é perfectamente compatible coa reordenación do mapa xudicial”, argumenta Torrado, “o que demostra que Sr. Rueda non so vén a Vilagarcía a vender fume e a volver a prometer o xa prometido e non cumprido, senón que directamente está a mentirlle a tódolos vilagarcianos”. O candidato do PSdeG por Arousa insta a Alfonso Rueda a que “recoñeza o fracaso da súa xestión ao fronte da Consellería de Xustiza, ao igual que terá que recoñecer o fracaso da súa xestión ao fronte do Comité de Campaña do PPdeG cando o 21 de outubro os socialistas de Galicia gañemos as eleccións á Xunta de Galicia”.
Torrado tamén recórdalle a Alfonso Rueda a incoherencia que está a demostrar o seu partido neste asunto: “O Conselleiro bótalle a culpa ao Ministerio de Justicia, recordemos, en mans do PP. A o mesmo tempo, o Alcalde de Vilagarcía e o Alcalde de Cambados, ambos do PP, peléxanse por ver quen se queda co único partido xudicial que lle correspondería á comarca despois da prevista fusión das xurisdicións de Cambados e Vilagarcía”. “O un polo outro e a casa sen barrer, mentras que os que sofren as consecuencias desta actitude infantil son os milleiros de cidadáns que ven que a xustiza non lle resolve o seus problemas”, denuncia Julio Torrado, que aproveita para sinalar que “o PP está a xogar cun dos pilares do sistema democrático que tanto traballo costou conseguir. Se a xustiza non funciona a democracia pasa a ser fiticia”.
Asemade, Julio Torrado tamén se pregunta “cal é a excusa para non reforzar, ao menos, o persoal dos tres xulgados existentes”. O candidato agradece que polo menos o Sr. Rueda non tivera entrado neste asunto, xa que se non “a burla aos cidadáns xa rozaría o intolerable”.
Polo tanto o candidato socialista censura este tipo de visitas, xa que considera moi pouco ético que “se volva a prometer o que se leva tres anos incumprindo” e esíxelle ao Alcalde de Vilagarcía que “en vez de posar cun soriso co home que está a ignorar os intereses dos Vilagarciáns en materia xudicial, intente facer efectivas as resolucións plenarias que instan á Xunta á construción do cuarto xulgado”.
O PSdeG, a través do seu candidato Julio Torrado, de acadar a Xunta de Galicia, comprométese a construír o tan necesario cuarto xulgado en oponse á proposta do Consejo General del Poder Judicial para a modificación das plantas xudiciais, xa que considera dita modificación “claramente perxudicial para os intereses de Galicia, ao supoñer o alonxamento da xustiza respecto dos xusticiables”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario