Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

18/9/12

Moción sobre os vertidos que afectan a Praia da Concha- Compostela presentada polo PSOE de Vilagarcía para o seu debate no pleno do mes de Setembro



MOCIÓN: ELIMINACIÓN DE VERTIDOS PRAIA CONCHA-COMPOSTELA

O Grupo Municipal Socialista, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta esta MOCIÓN, en base á seguinte



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A praia da Concha-Compostela leva anos sufrindo un grave problema de vertidos que afectan directamente á calidade das augas, co impacto que isto ten nos importantes recursos marisqueiros que ten esta praia e tamén no aspecto turístico no que a praia repercute.
Neste último verán as analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade califican a calidade das augas como insuficiente.
Esta circunstancia impide ademais a obtención do distintivo da Bandeira azul, que supón unha garantía de boa calidade das augas e un bo reclamo turístico.
Os principais puntos de vertido están localizados, nos últimos meses a Xunta de Galicia a través do proxecto “Saneamento integral das rías” realizou unha auditoría do saneamento en Vilagarcía, concretando ademais as medidas a tomar. Este proxecto dispón de capacidade económica para executar as obras necesarias para mellorar a calidade das augas e a eliminación dos vertidos.

Un puntos negros do areal é na desembocadura do coñecido como “río da Tripeira” que desemboca, a través dun emisario, paralelo ao peirao do Ramal.
Para eliminar as conexións ilegais de alcantarillado a este río, o anterior Goberno presidido por Dolores García asinou un convenio co Ministerio de Fomento, dentro das obras de compensación polo novo trazado do ferrocarril, que consistía unha nova canalización deste río e eliminar así as conexións ilegais que contaminan o río.

Rematado o verán, é o momento de iniciar as obras e actuacións necesarias para eliminar estes puntos de vertidos co fin de garantir un bo nivel de calidade das augas o vindeiro verán, motivo polo cal o Grupo Municipal  Socialista presenta a seguinte moción

O Concello de Vilagarcía:

  • Insta á Xunta de Galicia a realizar as obras necesarias para eliminar os puntos de vertido nos areais Concha-Compostela antes do verán de 2013
  • Insta ao Ministerio de Fomento a realizar as obras da nova canalización do coñecido como Río da Tripeira antes do verán de 2013



Asdo: Tania García Sanmartín

Portavoz del Grupo Municipal Socialista
Vilagarcía de Arousa, 17 de setembro de 2012



SR. ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILAGARCÍA          

No hay comentarios:

Publicar un comentario