Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

18/9/12

O bipartito de dereitas IVIL – PP que forma o Goberno Municipal de Vilagarcía convoca un Pleno sen introducir ningunha iniciativa no debate



O Partido Socialista presenta dúas iniciativas, e fortalece a súa condición de grupo político que máis mocións ten presentadas nesta lexislatura, e o que máis temas conseguiu aprobar por unanimidade
Tania García, portavoz socialista, plantexou na Xunta de Portavoces de onte que o pleno extraordinario para a composición das mesas electorais se celebrase adxunto ao ordinario, aforrando o custe dunha convocatoria

Vilagarcía de Arousa,  18 de setembro de 2012.- O grupo municipal socialista do Concello de Vilagarcía será, una vez máis, o grupo político que dotará de contido ao pleno municipal ordinario. O vindeiro luns 24 celebrarase o pleno do mes de setembro, ao que os socialistas presentan dúas mocións: una referida ao plan Prepara, na que solicitarán que o pleno se posicione a favor de modificar o sistema de axudas a parados de longa duración sen introducir as cláusulas inxustas e restritivas que inclúe a normativa aprobada polo Goberno de Rajoy. A outra moción refírese a un tema estritamente municipal, solicitando a eliminación de verquidos na Praia Concha - Compostela, a través da canalización do río Tripeira que baixa dende Xiabre ata desembocar na praia.

Fronte a estas iniciativas do Partido Socialista, o Goberno Municipal protagoniza un novo esperpento e non presenta ningunha iniciativa ao Pleno Municipal. O bipartito de dereitas que conforma o Goberno Local, con 11 membros (Alcalde e dúas concelleiras liberadas) prosigue na súa demostración da súa propia ineficacia. Se polo Goberno Municipal fora, non habería ningún tema que falar neste mes en Vilagarcía. Nin o PP nin IVIL son capaces de plantexar ningún tema de debate no pleno da corporación. Esta situación non é nova, e os socialistas veñen denunciando esta ineficacia dende hai moito tempo. Como apuntou esta mañá Tania García “os socialistas somos o grupo municipal que máis mocións presentou ao Pleno Municipal en toda a lexislatura”, e destacou o feito de que foron o grupo que  “máis mocións conseguiu que foran aprobadas por unanimidade, o que demostra que facemos unha política responsable, plantexando temas que son de sentido común e aos que todo o mundo se suma”. Pola contra, García confesou sentirse “decepcionada” pola que considera “unha deixadez de funcións do Goberno Municipal en toda regra. Nós somos 5 concelleiros, sen ningunha liberación. O Goberno Municipal confórmano dous partidos políticos, son 11 concelleiros, máis do dobre que nós, e viven nunha parálise permanente”.

Aínda que noutras ocasións os demais grupos da oposición contribuíron tamén a dotar de contido o Pleno Municipal, nesta ocasión tampouco foron especialmente prolíficos, xa que o BNG leva a debate 1 moción de corte xeneralista, mentres que EU-EI, ao igual que o PP e IVIL, non presenta tampouco ningunha iniciativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario