Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

1/9/12

O GOBERNO MUNICIPAL SÉGUESE LAVANDO AS MANS ANTE O PROBLEMA DOS CABALOS EN LIBERDADE QUE DESTROZAN PROPIEDADES EN CASTROGUDÍN


Un decreto autonómico aprobado en xuño atribúe a responsabilidade do problema aos Concellos, sen que ninguén en Vilagarcía traballe nunha solución

O pasado mes de outubro os socialistas presentaron unha moción ante o pleno sobre este tema que foi aprobada, pero non houbo acción municipal


Vilagarcía de Arousa, 31 de agosto de 2012.- A aparición de cabalos libres de control nestes últimos días en Castrogudín, situación que tamén ocorreu en Bamio recentemente aínda que con menos consecuencias negativas, vén a mostrar unha vez máis a existencia dun problema por mor dos incontrolables danos que producen nas fincas e propiedades dos veciños. O descontrol co que estes animais campan polas leiras dos veciños de Castrogudín xa vén sendo motivo de queixa dende hai tempo, e tamén o é o desamparo ao que se ven abocados polo desentendemento manifesto que o Concello de Vilagarcía ven amosando.

Xa no pasado mes de outubro, o grupo municipal socialista no Concello de Vilagarcía levou a pleno unha moción referida ao gando mostrenco en liberdade e a necesidade de controlar e identificar a estes animais, destacando xa naquel momento os graves danos que preocupan aos veciños. Esta moción foi aprobada por unanimidade, pero semella que o Concello non tivo a ben traballar no senso de resolver o problema: determinar a propiedade dos cabalos, obrigar aos propietarios a identificar aos animais a través dun microchip e xestionar que estes propietarios se fagan cargo da reparación de propiedades e perdas económicas derivadas da irrupción do gando nas leiras privadas.

O decreto 142/2012 do 14 de xuño polo que se establecen as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos animais equinos en Galicia indica (adxúntase), no seu artigo 25 e 26 (páx. 26980), que no caso de darse unha situación como a que se ven dando en Castrogudín ou a sinalada en Bamio, “a autoridade municipal competente (…) ordeará a captura, traslado, mantemento e custodia dos équidos nunca área habilitada para tal fin”.

Por tales cuestións plantexadas, os socialistas manifestan toda a súa comprensión cos veciños de Castrogudín e queren esixir ao Alcalde de Vilagarcía Tomás Fole que non faga mais oidos xordos a un problema grave, que preocupa moito e que vai seguir causando graves danos se os responsables seguen impunes e o Goberno Municipal non fai nada para arranxalo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario