Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

25/9/12

Os socialistas recriminan ao Goberno local a instalación dun circo na explanada de FEXDEGA restando un bo número de prazas de aparcamento



Propoñen a utilización da explanada posterior do recinto feiral para este tipo de eventos
Unha vez máis, como xa o fixeron na última xuntanza do Padroado de FEXDEGA e onte no Pleno, solicítanlle ao Goberno local a sinalización do parking posterior do recinto

Vilagarcía de Arousa a 15 de setembro de 2012.-O candidato do PSdeG por Arousa, Julio Torrado critica unha vez máis “o desentendemento da Xunta e a nefasta xestión do Goberno local en FEXDEGA, e estas son as consecuencias: a infrautilización do recinto, o elevando custe que lle supón ao Concello a xestión directa das instalacións e a ausencia de actividade feiral” salientou Torrado.
O candidato recorda que o Grupo municipal socialista plantexou onte no pleno da Corporación o “tremendo erro que supón a instalación dun circo anulando un bo número de prazas de aparcamento na parte dianteira do recinto, instando ao Goberno á utilización da parte traseira de FEXDEGA para este tipo de eventos”. Os socialistas, sinalou Torrado, tamén levan plantexado nas xuntanzas do Padroado de FEXDEGA e no Pleno municipal, a apertura e correcta sinalización do parking da parte posterior do recinto e a día de hoxe segue sen estar sinalizado.
Torrado recordou que “a esta situación chegamos pola deixadez da Xunta, que pechou todos os posibles canles de financiamento, amparados na complicidade de Tomás Fole, que lonxe de defender os intereses de Vilagarcía, buscoulle unha saída á Xunta de Galicia, sen un proxecto claro para FEXDEGA”.

Julio Torrado: A Xunta do PP e Tomás Fole pasarán a historia de Vilagarcía por acabar coa organización de feiras en Vilagarcía

O Candidato socialista quixo recriminar unha vez máis a decisión da Xunta e a nefasta xestión do Alcalde, que supuxeron a morte de FEXDEGA, “non hai, nin se lle espera, ningún evento feiral nos vindeiros meses. A multisectorial, prevista para novembro, non entra nos plans do Goberno local, que decidiu acabar coa organización de feiras e así converter as instalacións no pavillón de deportes máis caro de Galicia”. Tamén critica a infrautilización do recinto, “o parking traseiro de FEXDEGA xa tiña que ser convenientemente sinalizado e explotado como parking disuasorio este pasado verán, pero o Sr. Alcalde estaba máis ocupado en conseguir unhas canastas que en pór a disposición dos veciños de Vilagarcía estas instalacións, que, cómpre recordar, supoñen un elevado custe ás arcas municipais, máis que o albergue da Cruz Vermella e o comedor social de Cáritas xuntos”, concluíu Torrado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario