Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

10/11/11

DECLARACIONS DE MANEL VAZQUEZ SOBRE O SECTOR MARISQUEIRO

Manel Vázquez apunta que o mellor investimento que a Xunta pode facer no sector marisqueiro é retomar as pensións que eliminaron ao entrar o PP no Goberno da Xunta
O candidato socialista ao Congreso fixo estas declaracións con respecto á presentación feita onte pola Consellería de Traballo e Benestar en A Illa dun estudo epidemiolóxico
Recriminou á Conselleira que “gaste cartos públicos en facer estudos sobre as mariscadoras despois de retirarlles as pensións e os dereitos despois dunha dura vida adicada ao traballo no mar”
Vilagarcía de Arousa, 10 de novembro de 2011.- O candidato socialista ao Congreso dos Deputados, e Alcalde de A Illa, Manel Vázquez adica o día de hoxe a visitar aos veciños de A Illa, aos que está a exponer o programa socialista para estas eleccións xerais.
 
Neste percorrido, Manel Vázquez quixo referirse ao estudo presentado onte en A Illa pola Consellería de Traballo e Benestar, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) sobre as enfermidades profesionais que afectan ás mariscadoras. Neste sentido, Vázquez apuntou que “sendo A Illa un pobo con tanta vinculación co mar, é especialmente duro escoitar e comprobar como a actual Xunta pretende agora dar a sensación de interesarse por un sector cando unha das primeiras decisión que tomou o PP ao chegar ao Goberno da Xunta foi suprimir as pensións para as mariscadoras, que foi un dos grandes avances sociais conqueridos para o sector do mar polo anterior Goberno”. Vázquez quixo defender que o estudo e coñecemento do sector e as cuestións que lles afectan é importante e necesario, pero “preocuparse de facer estudos epidemiolóxicos tendo retirado as pensións é unha burla”.
 
O actual Alcalde de A Illa defendeu a medida tomada polo anterior Goberno da Xunta, apoiándose en que as mariscadoras son un sector que precisa de regulación para contribuír a que desenvolvan o seu traballo cos dereitos que lle correspondan. “A Xunta de Núñez Feijóo recorta dereitos, pero encarga estudos que conclúen que os dereitos que recortou eran necesarios”, apuntou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario