Vilagarcía de Arousa, 4 de novembro de 2011.- Os socialistas Manel Vázquez, alcalde de A Illa e candidato número 3 pola provincia de Pontevedra, e Fernando Quintela, suplente da candidatura, percorreron hoxe pola mañá o centro de Vilagarcía entregando aos cidadáns o programa electoral do PSOE para as vindeiras eleccións xerais, e foron acompañados por varios membros do Partido Socialista de Vilagarcía. Os candidatos expuxeron as ideas básicas do seu programa aos veciños e veciñas de Vilagarcía cos que falaron da importancia das vindeiras eleccións. Aproveitaron tamén os representantes socialistas para visitar diversos comercios do centro da localidade, nos que intercambiaron impresións con comerciantes e clientes.
Varios veciños de Vilagarcía interesáronse por coñecer en persoa ao candidato a deputado, e comentar con él as súas impresións tanto sobre a situación política xeral coma da xestión levada a cabo no Concello de A Illa polos gobernos que Manel Vázquez ven presidindo nas últimas lexislaturas.
Os socialistas teñen previsto desenvolver moita actividade na rúa nesta campaña, aproveitando xa o día de mañá para realizar a tradicional visita ao mercado e continuar co reparto de seu programa electoral. Os socialistas consideran importante este plantexamento xa que “nestas eleccións estamos a falar de cuestións básicas e fundamentais para a vida das persoas, e por iso é máis necesario que nunca estar onde temos que estar
No hay comentarios:
Publicar un comentario