Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

14/11/11

O PSOE de Vilagarcía solicita ao PP local que aclare a utilización de medios municipais para o seu acto

De maneira particular, os socialistas pregúntanse cal foi a función que xustificou a presenza dunha unidade do Servizo Municipal de Emerxencias
 
Vilagarcía de Arousa, 14 de novembro de 2011.- O PSOE de Vilagarcía, ao fio do acto electoral celebrado polo PP onte domingo pola mañá na Praza da Peixeria, considera necesario esclarecer algunhas dúbidas que se suscitaron entre os viandantes con respecto á presenza esaxerada de efectivos de corpos de seguridade e emerxencias. Tendo en conta ademais que dos mítines celebrados este fin de semana por todos os partidos políticos, só no celebrado polo Partido Popular houbo unha presenza continua da Policía local e da unidade municipal de Emerxencias.
Os socialistas comprenden perfectamente que a presenza do presidente da Xunta de Galicia merece un dispositivo de seguridade, e supoñen que toda presenza de membros de corpos e forzas de seguridade especiais estará abalada por decisións de carácter técnico ante a visita de Nuñez Feijoo. Sen embargo, e dado que non existiu, aparentemente, ningún factor que motivara outra necesidade especial, os socialistas fanse eco da dúbida de moitos cidadáns respecto á presenza dunha unidade de Emerxencia municipal no exercicio das súas funcións, debidamente uniformados, utilizando medios públicos e cobrando horas extras. Para esclarecer estas dúbidas, os socialistas valorarían de maneira moi positiva que o PP dese un resposta aos cidadans rápida e eficazmente, e para elo instan aos populares a que fagan público o escrito que presentaron no rexistro do Concello previamente ao acto solicitando a presenza destes medios e así explicar esta situación. Entenden os socialistas que nada terá que ver esta situación co debate interno suscitado nas filas do goberno local entre Manuel Tarrío e o seu futuro compañeiro de goberno Cholo Dorgambide por demostrar quen ten máis poder no dispositivo de seguridade cidadán, co que actual responsable quixo anotarse un tanto neste combate.
É posible tamén pensar que o PP tirou de medios públicos ante a convocatoria dos traballadores de Alfageme que querían falar con Núñez Feijoo. Non sería de recibo que as lexítimas reivindicacións de traballadores nunha  situación difícil e comprometida supuxera para o PP tanto temor como para rodearse de forzas de seguridade, ainda que xa deixaron mostras de este tipo de actuacións no último pleno munipal, cando o concelleiro Manuel Tarrio exixiu a presencia da Policia Local ante o que soamente foron reclamacións veciñais que ocorren habitualmente sen ningún tipo de problema.
En todo caso, os socialistas desexan ao PP unha campaña tranquila esperando que non se sintan tan incómodos como para precisar de Policia e Protección Civil e así poidan empezar, dunha vez, a facer algunha proposta e aportar algunha idea, que é o fin último da campaña electoral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario