Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

5/11/11

Manel Vázquez sinala que “quen debe un millón e medio de euros polo abastecemento de auga non é quen de dar leccións a ninguén”.


O Alcalde de A Illa, de visita ao mercado e praza de abastos de Vilagarcía, respostou así as declaracións de Gonzalo Durán.

Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2011.- Manel Vázquez, alcalde de A Illa, saiu hoxe a respostar ante as declaracións de Gonzalo Durán, presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova, sobre a polémica xurdida polo servizo de abastecemento de auga. Vázquez apuntou que as palabras de Durán “son unha bufonada máis do PP de Arousa na boca de Gonzalo Durán. Este señor, que debe polo servizo de auga máis de millón e medio de euros non é quen de dar leccións a ninguén. Agora, o mal chamado Libro Branco, é unha estratexia do PP de Arousa para tapar unha deixadez na xestión. Onde antes “mamá” Deputación e “papá” Xunta lles quitaban as castañas do lume cos cartos de todos, agora ca mala situación económica destes entes é lamentable coa xestión de Louzán e Feijóo suben exponencialmente as tasas en todos os Concellos, precisamente cando a administración local é a que se ten que apretar o cinto e non trasladar os problemas aos veciños.”

O Alcalde de A Illa e candidato a deputado no Congreso nas vindeiras eleccións municipais polo Partido Socialista, Manel Vázquez, aproveitou a mañá de hoxe sábado para facer o tradicional percorrido pola praza de abastos e o mercado de Vilagarcía. Vázquez estivo acompañado por un gran número de militantes socialistas entre os que estaban Fernando Quintela, suplente na mesma candidatura, a secretaria xeral de Vilagarcía Tania García, o secretario provincial do PSdeG Modesto Pose e o exalcalde e actualmente alto cargo do Ministerio de Fomento, Javier Gago.

No percorrido, Manel Vázquez quixo destacar a reforma da praza de abastos de Vilagarcía levada a cabo con fondos do Plan E, “un investimento plantexado por un Goberno central socialista que permitiu, neste caso, a mellora dunha infraestructura fundamental na actividade diaria tanto de Vilagarcía coma de toda a comarca”, como sinalou o propio Vázquez. Os representantes socialistas aproveitaron a visita tanto para o reparto de dípticos co resumo dos principais puntos do programa socialista, como para explicar éste cara a cara cos veciños e veciñas que realizaban as súas compras e os prazeiros e comerciantes do mercado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario