Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

16/11/11

HOSPITAL DO SALNÉS. CONTESTACIÓN DE MODESTO POSE AO PRESIDENTE DA XUNTA

Modesto Pose contesta ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, que dispón de 77 millóns de euros en Fondos de Continxencia dos que pode dispoñer para a obra do Hospital do Salnés
“Non busque o diñeiro debaixo das pedras, sáqueo do banco e amplíe o Hospital”
Pose pídelle a Marta Rodríguez que vote a favor a enmenda do PSdeG-PSOE no Parlamento para o investimento de 2 millóns de euros no Hospital

Vilagarcía de Arousa, a 16 de novembro de 2011.- O Deputado socialista e Portavoz de Sanidade no Parlamento de Galicia, Modesto Pose, ao fío das afirmacións feitas polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, no mitin do Partido Popular do pasado domingo en Vilagarcía, nas que decía que sacaría os cartos debaixo das pedras para ampliar o Hospital do Salnés, Pose recórdalle que nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2012, onde non figura nin un céntimo para o Hospital, si se dispoñen 77 millóns de euros para Fondos de Continxencia, sen ningunha finalidade específica, dos que se poden dispoñer fondos para facer a tan necesaria obra de ampliación. Ao respecto, Pose pedíulles ao Presidente da Xunta e á deputada de Vilagarcía, Marta Rodríguez, “que voten a favor da enmenda presentada polo Grupo Socialsta no Parlamento de Galicia, na que se solicita destinar dous millóns de euros dos Fondos de contixencia para o Hospital do Salnés”.


O deputado socialista, pedíulle tamén á deputada que defenda os intereses de Vilagarcía e que fagan as obras canto antes e se deixen de enganar á cidadanía con promesas que incumpren sistematicamente, “aínda non sabemos que foi do millón de euros que prometeron a Sra. Rodríguez e o Sr. Feijoó en 2009”.

Outros investimentos da Xunta de Galicia en Vilagarcía

Con respectos aos outros investimentos referidos polo Presidente da Xunta de Galicia no mitin de Vilagarcía, a construción do Centro de Día e as vivendas interxeneracionais no Bosque dos Desamparados, o cambio da fachada do Auditorio e a terceira pranta do Hospital, Pose declarou “que non veñan vendendo a moto de obras feitas polo Goberno de Touriño. Os socialistas entendemos que debido ao nulo investimento da Xunta do Partido Popular en Vilagarcía, o Sr. Feijoó pretenda facer crer que fixo algo, pera a cidadanía ten memoria e sabe que esas obras, ademais doutras vitais para a nosa vila, como a circunvalación norte, o novo colexio da Lomba, a Escola Oficial de Idiomas, as beirarrúas de Bamio e Solobeira, entre outras, son logros dos socialistas, froito da xestión do Goberno de Touriño e do alcalde e da alcaldesa socialistas, Javier Gago e Dolores García”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario